KATIWOMAN (heroína de Loureiro):
Katiwoman é miña heroína, ten superpoderes: vista
extraordinaria, olfacto boísimo e ultravelocidade (velocidade da luz).
Katiwoman a simple vista parece unha gata normal, é
dicir: ten catro patas de gata normais, bigotes longos (para cazar ratos), o
corpo está cuberto de pelo suave de cor branca, non é nin moi grande nin moi
pequena, como xa dixen, un gato normal (aínda que a min paréceme a máis bonita).
De cara pequena, nela chaman a atención os seus ollos porque
un é de cor verde e outro azul. Da cabeza sobresaen as orellas de punta (non
valen de moito porque está xorda). No medio e medio da cara destaca o nariz
rosa.
Ten patas finas e fortes para poder correr é escalar,
axudadas dun rabo longo para o equilibrio.
Como é unha gata superheroína, todas as mañás viste cun
lazo rosa atado na cabeza para ser a gata máis guapa de Moeche e así pasar
desapercibida (nadie debe saber que é unha super heroína, non necesita un traxe
especial).
Ela ten un bo carácter, usa os seus poderes para facer o
ben, defendendo a súa familia e tamén aos seus amigos.
Vouvos contar unha boa anécdota de Katiwoman para que
vexades a boa heroína que é.
O ano pasado coñeceu a o Capitán Laski (que é outro
superheroe). El atopou un neno disfrazado de ladrón e avisou por error á
policía, meteuse nun bo lío porque se fiou das aparencias, entón Katiwoman
axudoulle a aclarar o lío usando os poderes do olfacto e de supervelocidade. Está
gatiña que sempre vixía a Capitán Laski, grazas ao seu olfacto deuse conta de
que era un neno e foi correndo xunto aos policías, que estaban de camiño, para
explicarlle o malentendido, (que era un neno, non un ladrón ).
Menos mal que Katiwoman é unha boa compañeira e desfixo o
lío. Por iso creo que todos debemos aprender dela.
Aquí está Katiwoman atenta ante os
perigos co seu lazo (o lazo nótase que é debuxado a PC).
SUPERCANS (heroe de Lucía):
O meu superheroe chámase Supercans. O poder que ten é convertir os cans en persoas.
È
tan alto tan alto que que o seu brazo esquerdo se o estira pode chegar
ao espazo; é débil, delgado e feo. A cara tena chupada, dura e longa,
destácanlle as meixelas. Os seus ollos son azulados, despertos e
rasgados, cunhas longas e negras pestanas. Ten las orellas pequenas que
parecen as dun rato. A boca é fresca, grande e redonda, cando ri ladra
coma un can e vénselle uns colmillos moi brancos. Aínda que todos
pensaredes que é moi peludo, en realidade é barbilampiño e na cabeza ten
o pelo curto e negro.
Os seus brazos son
longos e delgados para chegar ata o espazo e poder ver se hai algún can
en perigo e rescatalo para convertilo en persoa. As pernas son máis
fortes que os brazos porque así se algún día está en perigo, pode brincar e
correr a gran velocidade, pasando por enriba dos máis altos edificios. O
corpo non é moi forte pero moi elástico e pódese dobrar e estirar coma
un chicle porque de pequeno caeu nunha máquina que tiña os ingredientes
de facer chicle.
Leva unha camiseta de manga
curta para o verán de cor lila e outra para o inverno de manga longa de
cor negra, porque así os policías saben que non é un ladrón senón que é
Supercans. As dúas levan no peito a foto da súa mellor amiga "Lucía" e o
seu mellor amigo, o can "Flecha".
Supercans
vai a loitar para que a lei non saque a norma de que hai que rescatar os
cans e coidalos. Ademais se un can queda atrapado el irá a axudalo
convertíndoo en persoa se quere o can. Por exemplo, se hai un can
abandonado e non ten que comer, así pode atopar traballo e sobrevivir.
Así
que xa sabedes, tedes que coidar ben á vosa mascota, sexa un can, un
gato, unha tartaruga, etc. Senón vai a pillarvos Supercans e para o día
seguinte veredes unha persoa en vez de a vosa mascota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.