venres, 10 de outubro de 2014

OS SELFIES DE MODESTINA



"Os selfies de Modestina" é o novo concurso da nosa tartaruga. Un reto apaixoante no cal podemos participar TODO O ALUMNADO coas SÚAS FAMILIAS. Consiste no seguinte:

- Unha vez ao mes (máis ou menos) Modestina subirá ao blogue 2-3 imaxes dalgún lugar de Moeche ou dos arredores cercanos. O obxectivo é que cada familia atope o lugar da imaxe, realice un "selfie" no mesmo e resolva un par de preguntas relacionadas con el. Desta maneira poderemos coñecer algo mellor a nosa contorna (en relación co proxecto anual de centro) e pasar un tempo divertido en familia. (Vale tamén realizar calquera tipo de fotografía onde se vexa aos participantes no lugar solicitado).

BASES DO CONCURSO:

1.- O prazo de inscrición queda aberto ata o vindeiro luns 20 de outubro, podendo efectuar a inscrición enviando un correo electrónico a ampineiro25@gmail.com ou ben enviando unha nota informativa ao titor dos vosos fill@s onde quede reflexada que familia quere participar.

2.- As fotografías poderán ser tomadas con calquer dispositivo electrónico, sempre e cando aparezan tanto os participantes coma o lugar en cuestión. Aínda que Modestina indica que se realice "selfie" (foto con modo cámara frontal), tamén se aceptan fotografía dende lonxe, distancia media...

3.- Os equipos estarán formados polo neno/a e, polo menos, un membro da súa familia adulto/a. Asemade poderán ser incluídos no equipo os demais membros da unidade familiar: irmáns, avós/as, tías/os...

4.- Os formatos de entrega das resolucións ás propostas de Modestina poderán enviarse ao correo electrónico arriba indicado ou ben, presentalas nun Pen Drive ao responsable da biblioteca escolar.

5.- Haberá unha ceremonia de despedida ao final de curso, onde se repartirá un pequeno agasallo aos participantes, cun detalle especial para a familia que mellor realice o concurso.

6.- A duración da actividade é dende o mes de novembro ata finais de curso.

7.- Os/as irmáns poden participar nun mesmo equipo.

8.- Aceptaranse as respostas e fotos desde que se publique o reto no blogue ata unha data en concreto, nunca despois desa data en cuestión.

9.- Recordamos que se trata de unha actividade educativa, para que os nenos/as aprendan a coñecer o que lles rodea. Calquera incumprimento de normas pode supoñer a expulsión do concurso do equipo.



Familias, Modestina precisa da vosa axuda... ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! Consigamos que "Os selfies de Modestina" se convirta no concurso de moda na comarca, CONTAMOS CON TOD@S VÓS!"

4 comentarios:

  1. Xa temos á primeira familia anotada para o concurso dos selfies!!!

    E ti, a que estás esperando???

    ResponderEliminar
  2. Nerea, para anotarte, segue os pasos arriba descritos.

    Isto vai medrando, xa temos máis familias anotadas. E ti??? A que estás esperando???

    ResponderEliminar
  3. XA TEMOS CINCO FAMILIAS ANOTADAS E ISTO SEGUE MEDRANDO!!!

    ANÍMATE!!!

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.