martes, 1 de abril de 2014

RASTRO SEGUNDA MAN

De novo este ano volvemos a facer un mercado de libros de segunda man, aínda que desta vez ampliamos a diferentes obxectos como son produtos de bisutería, xoguetes, material audiovisual...

A partires do día de hoxe poderedes efectuar as compras (a moi bo prezo) dos diferentes materiais expostos nos corredores do centro ata o día 25 de abril. Os horarios de venta son nas horas dos recreos e os luns e martes en horario de 15:00 a 17:00.

Tamén queremos agradecer desde aquí a todas aquelas persoas que aportástedes material para a súa venta, así como animarvos a que compredes durante os prazos asginados, xa que os cartos recaudados serán destinados á realización dunha excursión a final de curso de todo o alumnado do centro.










2 comentarios:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.