Hai unhas semanas saimos de Moeche para facerlle unha visita ao hipermercado ALCAMPO. Alí os de infantil percorrimos o establecemento coa inestimable axuda dunha empleada e aprendimos unha morea de cousas (nomes de alimentos pouco comúns, etiquetados, almacenaxe, envasados da carne e pan, ... entre outras cousas). Tamén enchimos as nosas barrigas cunha gran merendola e voltamos a Moeche cargadiños de agasallos, unha foto de grupo de recordo e agradecidos por todo o que nos amosaron.
Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas cantas fotos.
XENIAL!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.