mércores, 10 de maio de 2017

O APARATO CIRCULATORIO by "Os Históricos"

Novo vídeo dos Youtubers máis famosos da vila. Hoxe explícannos como é o aparato circulatorio. Non perdades a oportunidade de aprender un pouco máis cada día cos HISTÓRICOS!!!


xoves, 27 de abril de 2017

mércores, 26 de abril de 2017

GALERÍAS DE FOTOS

Neste enlace podedes ver unha serie de galerías de fotografías das últimas actividades do 2º trimestre:

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cunha serie de actividades sobre Gloria Fuertes. Aprendemos poesías sobre ela, fixemos uns marcapáxinas personalizados e aprendemos moito sobre figura da autora.

DÍA DA POESÍA

No últimos días do segundo trimestre fomos de excursión a Ferrol para realizar unha pequena andaina pola cidade departamental para concienciar aos nenos/as sobre a trastorno do espectro autista. Aproveitando que nos atopábamos en Ferrol, fixemos unha pequena visita ao teatro Jofre, o cal puidemos ver por dentro.

EXCURSIÓN 7 DE ABRIL

Outra das actividades realizadas foi recibir un espectáculo teatral "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo", grazas ao concello vimos esta obra, despois da cal realizamos un divertido obradoiro.

TEATRO MESTRA TOMASA

Tamén recibimos no centro unha actividade científica consistente nun planetario móbil con actividades posteriores sobre o universo. Pasámolo moi ben!

PLANETARIO

venres, 21 de abril de 2017

LISTENING:    FIRST DAY AT SCHOOL  ( 4rd Grade)

Listen to the conversation and do the exercises.

GOOD LUCK!☺

SOURCE ( Learn English Teens- British Council)

NOVO AVISO NO COMEDOR

 Como sabedes, tivemos un par de días con ventos moi fortes, o que provocou que non tiveramos electricidade. Por ese motivo, eliminamos o postre do día de hoxe(tarta) por temor a non poder dispoñer da neveira.
A tarta será elaborada pola cociñeira na vindeira semana.