domingo, 22 de decembro de 2019

FESTIVAL DE NADAL



O CEIP San Ramón agradece a tod@s a vosa asistencia ao festival de nadal do pasado 20 de decembro. Sempre é un pracer ver a comunidade educativa unida con fin común como é noso colexio.
Dous agradecementos especiais: un para o ANPA que un ano máis axudou moito tanto na montaxe como na recollida do escenario que como moi ben sabemos non é unha tarefa doada. O segundo agradecemento vai paraAlicia Cabrera, nai do exalumno Dani Moreno que nos agasallou con dúas árbores de nadal para rifar no festival( é especialmente fermoso ver que aínda que os alumn@s marchan, seguen lembrándose de nós e colaborando co colexio)

Por último informar que seguimos a superarnos coas rifas do nadal. Este ano, despois de descontar gastos, recaudamos a cantidade de 460€ que irán destinados á excursión de fin de curso de todo o colexio.

GRACIAS POLA COLABORACIÓN E


                                                              FELICES FESTAS!!!!

ENTREGA DE PREMIOS "PONTE NAS ONDAS"


Neste enlace podedes visualizar a entrega de premios do concurso "Ponte nas Ondas", no que como todas e todos sabedes conseguimos unha estupenda cámara fotográfica



martes, 17 de decembro de 2019

MONICREQUES

A biblioteca de Modestina volveu acoller unha sesión de teatro. Esta vez acompañounos Trécola, que co seu espectáculo "Xogo revolto"  ensináronnos sobre igualdade, empatía e amizade. Unha viaxe a través de catro personaxes dirixidos por dous titiriteir@s que narraron unha fermosa historia chea de valores.






luns, 16 de decembro de 2019

GUÍA NADAL 2019


SE UN BO AGASALLO QUERES TER, NON ESQUEZAS INCLUIR NA TÚA CARTA A...
UN LIBRO!!

Se non sabedes que libro pedir, aquí van unhas recomendacións que poden ser do voso agrado!!




sábado, 14 de decembro de 2019

TRÁILER OBRA DE NADAL DE 5º e 6º 2019

Uno ano máis, Históric@s 4.0 presenta un pequeno avance a modo de tráiler do que vai suceder o próximo día 20...


mércores, 11 de decembro de 2019

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DAS DESCRICIÓNS!!!

En primeiro lugar queremos agradecer publicamente a tod@s @s que participastedes no concurso elaborado pol@s Históric@s 4.0. Pero, como xa dixemos, só tiñan premio aqueles que acertaran todas as respostas.
PREMIADAS:

Julitagld08
Yolanda G.Esparís
Carmen Rodríguez

PARABÉNS ÁS TRES!!!

Podedes pasar polo centro ou poñervos en contacto con nós para recoller o premio.

MIL GRAZAS!!!


martes, 10 de decembro de 2019

SEGUIMOS ADIANTE CO PROXECTO DE COMPOSTAXE

Estamos dando xa os primeiros pasiños na elaboración do compost. Por quendas, cada aula será a encargada semanal de recoller os residuos e facer a mestura no composteiro. Ademais levarán un rexistro no cal tomarán temperaturas e reflexarán os diferentes datos que vaian obtendo no proceso de elaboración do compost.
Os primeiros en facelo foron o grupo de 5º e 6º:




domingo, 8 de decembro de 2019

SESIÓN DE EXPERIMENTOS

O pasado mércores na biblioteca do cole tivo lugar unha sesión de experimentos na cal o alumnado de 4º, 5º e 6º explicaron aos demais unha morea de cousas interesantes sobre as construcións de Theo Jansen, o Efecto Venturi ou o  Principio de Arquímedes entre outros.

Fixeron unhas grandes exposicións e ademais deixaron que os máis pequenos probaran os seus experimentos, realizados coa profe Almudena nas clases de Plástica e Ciencias da Natureza.

Deixamos algunhas fotos do acontecemento:







xoves, 5 de decembro de 2019

ACTUALIDADE MODESTINA Nº8

Temos aquí o último número do 2019. Coma sempre, tedes a edición en mural dentro do cole e en revista dixital neste enlace. Esperemos que vos guste!

Traballo completamente realizado por alumnado de 5º e 6º




CONCURSO!!! PARTICIPA!

@S Históricos atópanse estes días traballando as descricións de persoa e ocorréuselles facer un concurso para practicar e, de paso, a xente pase un bo rato.

Tedes que entrar no vídeo e escoitar as descricións segredas dos nenos/as, fíxate que hai un número ao lado de cada un deles. Só tes que escribir nos comentarios do vídeo (Youtube) os nomes d@s famos@s xunto con cada número.

A persoa que teña máis acertos gañará un premio. Prazo ata o vindeiro 10 de decembro!