mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019

Como xa é tradicional no centro retrasámonos un día na celebración do Día do libro xa que o 23 é festivo local. Así que hoxe tivemos unha xornada especial para conmemorar esta data.
Comezamos cunha edición máis do noso "Apadriñamento lector", no cal os nenos e nenas máis maiores tiñan que compartir uns minutos de lectura cos máis peques da casa, contándolles un conto e intercambiando uns fermosos regalos. Despois do recreo continuamos cunha gran actuación de maxia a cargo de "Leo Leíño" que ademais de realizar impresionantes trucos fíxonos ver a importancia da lectura nas nosas vidas.

Temos vídeo e fotos!!!




venres, 19 de abril de 2019

Día do libro



   Ata o 24 de abril non voltamos ao cole... pois o día anterior celébrase a feira do 23 de abril...

   Pero... deixamos os deberes feitos...

   Os libros para o apadriñamento lector están esperando!!

  Mirade, mirade!!


BÚSQUEDA DO TESOURO


           Para concluír o 2º trimestre, todo o alumnado fixeron xogos... Búsqueda do Tesouro...


                                         Aquí deixamos un pequeno vídeo dese día!!

BIBLIO ESCOLAR SOLIDARIA


O pasado mércores 10 de abril acudimos á biblioteca do concello de Moeche a compartir un conto e unhas poesías  coa xente da nosa localidade.

Deixamos uns vídeos para compartir estes momentos!!

 


 


venres, 5 de abril de 2019

VISITA MARÍA CANOSA



Dende o Equipo de Bibliotecas e de Normalización Lingüística, coa aquel do mes adicado ao libro e a poesía (lema de Bibliotecas Escolares) que mellor maneira de conmemoralo que con María Canosa.
O día 3 de abril visitou o noso cole falando e contando as historias que escribe e que dende o cole estivemos a traballar:

"O dia que choveu do revés"
"Rubicundo"
"Muriel"

GRAZAS POLA TÚA VISITA MARÍA!!!

Podedes ver fotografías na seguinte galería de imaxes:


xoves, 4 de abril de 2019

ACTUALIDADE MODESTINA Nº3, ABRIL 2019



Non podedes perder o novo número de "Actualidade modestina"!!!

Coma sempre, podedes velo no corredor do centro, pero se non tes oportunidade de poder acudir alí aquí tes unha edición en dixital!


mércores, 3 de abril de 2019

martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO

No CEIP SAN RAMÓN mostramos o máis serio compromiso cunha sociedade máis acolledora coas persoas con autismo. Para iso lanzamos a nosa mensaxe a través da construción do símbolo do infinito, unindo as nosas mans para destacar os conceptos de DIVERSIDADE, FORTALEZA E UNIDADE.


Outra actividade promovida desde o equipo de Biblioteca dentro do programa de Bibliotecas Inclusivas, co cal pretendemos facer visible o noso compromiso anteriormente citado.

#DiaMundialAutismo