Nos seguintes enlaces podedes descargar o impreso de solicitude de admisión do alumnado así como a documentación a presentar.
IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN
PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN ALUMNADO
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 22 de febreiro de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Neste enlace convidamos a todos a participar co colexio na celebración do día de Rosalía de Castro.
Celebración do día de Rosalía de Castro
Celebración do día de Rosalía de Castro
luns, 18 de febreiro de 2019
TRAXE ENTROIDO
Nesta fotografía podedes ver como é o material solicitado:
Como podedes ver, Modestina ten unha prancha de cartón que lle cubre desde o pescozo ata un pouco máis abaixo da cintura. A idea sería que trouxerades catro pranchas do mesmo tamaño (sendo o tamaño o adecuado para os vosos/as fillos/as). O resto de materiais estarán xa no centro e serán os titores os que acorden coas familias como se realizará o pago dos mesmos.

ADMITIDOS NO CPI SAN SADURNIÑO
No enlace podedes comprobar o listado de admitidos no CPI San Sadurniño tras a tramitación da reserva de praza.
LISTA DE ADIMITIDOS
CAMBIO MENÚ MARTES DÍA 19 DE FEBREIRO
Por ausencia da cociñeira, mañá martes día 19 de febreiro, o menú será o seguinte:
1º Plato: Ensalada de pasta
2º Plato: Xamonciños de polo con patacas asadas
Postre: Pera
1º Plato: Ensalada de pasta
2º Plato: Xamonciños de polo con patacas asadas
Postre: Pera
PARTICIPACIÓN NO CONCURSO IN SABROSO
Este curso en colaboración co comedor escolar, a biblioteca participou no concurso In Sabroso.
Obtivemos un total de 20 pelotas Kiwi coas que xa están a xogar os nen@s do colexio.
domingo, 17 de febreiro de 2019
martes, 12 de febreiro de 2019
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Estimadas familias:
O vindeiro venres 22 de febrero a partir das 10:30 horas, teremos no colexio unha xornada de portas abertas para o alumnado de novo ingreso do curso 2019-2020. Queremos convidarvos a que veñadas a coñecernos e participedes cos vosos fillos e fillas dunha xornada no centro.
Pretendemos con isto que vexades desde dentro como funcionamos e tamén que os nenos e nenas teñan a oportunidade de xogar xuntos e compartir novas experiencias.
Esperamos a vosa asistencia. De non poder vir por algunha razón, podedes poñervos en contacto co colexio e intentaremos buscar outra posible data.
Un saúdo
martes, 5 de febreiro de 2019
NOVOS VÍDEOS DOS NOS@S YOUTUBERS
@s Históric@s 3.0 teñen á vosa disposición novas producións para que poidades disfrutar delas. Nesta ocasión tocaba celebrar a PAZ:
FOTOS ANDAINA SOLIDARIA
Por fin, na xornada de hoxe puidemos saír a realizar a nosa camiñada solidaria. Tódolos participantes tiñan que aportar un kg de alimentos non perecedoiros que serán doados á Cociña Económica de Ferrol.
Saímos do cole en dirección ao concello, acompañados/as das familias que quixeron vir con nós e, unha vez alí, procedemos a entregar as nosas achegas.
Para finalizar fixemos un símbolo da paz humano e cantamos unhas cancións da temática desta semana: a paz.
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou na actividade e ao Concello de Moeche pola súa colaboración.
Fai clic aquí para acceder ás fotografías...

luns, 4 de febreiro de 2019
ANDAINA MARTES 5 FEBREIRO
Mañá, 5 de febreiro, realizaremos a andaina solidaria ata o concello. Para participar non tes máis que acudir ás 12:15 horas á porta do centro para camiñar con nós por unha boa causa.
ANÍMATE E CORRE A VOZ!
ANÍMATE E CORRE A VOZ!
venres, 1 de febreiro de 2019
VÍDEOS FESTIVAL DE NADAL
Non foi sen tempo...
Pero por fin temos os vídeos do festival de Nadal!!!
Actuación de Nadal CEIP San Ramón de Moeche 2018
1ª Actuación Pequerrechos "Turrón e Mazapán"
2ª Actuación "Hoxe na Escola"
3ª "O Canón"
4ª "O raposo e a cegoña"
5ª "Lourenzo e Catalina"
6ª "O Peixe Brillante"
7ª Actuación "Amigos do corazón"
8ª "Peques English"
9ª "Aquí Moeche"
10ª "Happy strings"

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)