mércores, 19 de decembro de 2018



  AGASALLOS,  AGASALLOS... que podemos pedir nas cartas a:
    
         PAPÁ NOEL,   O  APALPADOR   OU   OS REIS MAGOS??


Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinaminzación da Lingua Galega achegamos unha idea:

     UN  LIBRO!!   ou  DOUS!!   ou...  bueno  cadaquén que pida a ver que pasa, pero...

estamos moi seguros que diversión, aventuras, ilusións, fantasías... viviredes!!

Aquí vos deixamos a guía de Nadal con libros variados para todas as idades!!

A  DISFRUTAR!!





martes, 18 de decembro de 2018

FESTIVAL DE NADAL

Un ano maís xa estamos no nadal e, como non podía ser doutro xeito,  celebraremos o noso tradicional festival ao que estades todos e todas convidados.
Haberá coma sempre un pouco de todo: cancións, bailes, obras de teatro, sorteos, ....


ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA PARA DISFRUTAR TODOS XUNTOS.

sábado, 15 de decembro de 2018

TRÁILER "HOXE NA CLASE"


Como xa é tradicional nestas datas, o grupo de 5º e 6º quere darvos un pequeno adianto do que relizará no festival de Nadal. Trátase dunha obra de teatro titulada "Hoxe na clase", que estamos seguros que non deixará títere con cabeza!!!

Entrade na nosa canle Youtube e mirade o vídeo!!!


xoves, 13 de decembro de 2018

ACTIVIDADE CO ESCORNABOT


Aquí podedes ver un vídeo cunha actividade empregando os escornabots. Nesta ocacións son os alumn@s de 3º curso de educación primaria, pero, en breve, subiremos con máis cursos.


mércores, 12 de decembro de 2018

PROGRAMACIÓN CON ROBOMAKER

A través da clase de Plástica e sendo parte tamén do noso programa de Bibliotecas Creativas, o alumnado de 5º e 6º iniciouse na construción e programación dun robot con Robomaker Explorer. Primeiro tiveron que montalo peza a peza, ensinarlle os movementos básicos e despois aprender un pouco de programación con bloques para facer que o robot obedeza ordes. Pero mellor que contalo, velo nun vídeo:

VÍDEO ROBOMAKER

martes, 11 de decembro de 2018

CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA

Achegámonos a unhas datas de compartir tempo coa familia na casa, así que, ademais de disfrutar en familia é bo ter en conta unha serie de consellos para aforrar enerxía. Os nosos compis de 5º curso fixeron un documento para explicalos. Podes descargarlo no seguinte enlace:

CONSELLOS

mércores, 5 de decembro de 2018

SIMULACRO DE INCENDIO

O pasado martes foi un día un tanto especial, xa que despois do recreo soou a sirena en tres ocasións. Os nosos peques, conscientes da situación, comezaron a realizar a evacuación de emerxencia para a cal están xa preparados. Nun tempo récord estábamos no punto de seguridade, establecido na pista polideportiva.

Os bombeiros e a Garda Civil chegaron para rescatarnos e realizaron as manobras necesarias para apagar o lume...

TRANQUILIDADE... foi todo un simulacro, pero estamos contentos da actuación dos nenos/as, xa que seguiron as normas ao pé da letra.

Para festexar dita actuación temos que agradecer moito ao GES Ortigueira e á Garda Civil que nos deixaron subir aos seus vehículos, tocar as sirenas, falar polos megáfonos e incluso usar a mangueira!!!

Pincha abaixo para ver as fotografías:

FOTOS SIMULACRO