AVESPA VELUTINA
Non hai mellor maneira de aprender que ver as cousas "in situ". Nesta ocasión, grazas á nosa compañeira Bea (4º curso de primaria), puidemos observar como era un niño de avespa velutina por dentro. En primeiro lugar conxelou o niño na súa casa, posteriormente xa na escola cortámolo ao medio para observar a evolución de larva a avespa, os ovos, paneis...
CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR
Tema de moita importancia hoxe en día, sen lugar a dúbidas. Dentro do Plan Director no cal participamos, recibimos a visita de Jose, un traballador da Garda Civil que ofreceunos unha interesante charla sobre os perigos e comportamentos que debemos ter ante situacións de acoso escolar.
Foi unha actividade dirixida a 5º, 6º e profesorado.
25 -N. DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Parabéns a Nuria, Dani e Saray polo premio acadado.
Asemade, Pilar e Bea, do concello, viñeron ata o centro para agasallar a todo o alumnado cunha camiseta de "Moeche en negro", facendo partícipe aos máis pequenos desta campaña de rexeitamento da violencia de xénero.
CONTACONTOS DE CRISTIAN E JOEL
Dous dos nosos compañeiros, Cristian e Joel, fixeron disfrutar ao alumnado de Infantil e 1º dun fermoso contacontos da obra "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Vilán. Os máis peques gozaron moito e Cristian e Joel debérono facer moi ben xa que a primeira frase que se escoitou ao rematar foi "para cando o próximo?"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.