venres, 15 de decembro de 2017

TRÁILER DE "O GHALIÑEIRO"

Como xa sabedes, o vindeiro xoves é o festival de Nadal da escola. Os nenos/as de 5º e 6º, queren deixarvos un pequeno avance do que veredes sobre o escenario...


Esperemos que vos guste e... non faltedes!!!

xoves, 7 de decembro de 2017

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DA ESCOLA

Nas últimas semana seguimos a ter novas experiencias que seguro serán moi útiles para o alumnado do centro.

AVESPA VELUTINA

Non hai mellor maneira de aprender que ver as cousas "in situ". Nesta ocasión, grazas á nosa compañeira Bea (4º curso de primaria), puidemos observar como era un niño de avespa velutina por dentro. En primeiro lugar conxelou o niño na súa casa, posteriormente xa na escola cortámolo ao medio para observar a evolución de larva a avespa, os ovos, paneis...









CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Tema de moita importancia hoxe en día, sen lugar a dúbidas. Dentro do Plan Director no cal participamos, recibimos a visita de Jose, un traballador da Garda Civil que ofreceunos unha interesante charla sobre os perigos e comportamentos que debemos ter ante situacións de acoso escolar.
Foi unha actividade dirixida a 5º, 6º e profesorado.



25 -N. DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data fixemos o xa tradicional concurso de lemas proposto polo Concello de Moeche. Participaron o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º e, aínda que todos/as o fixeron moi ben, houbo tres que destacaron por enriba do resto...
Parabéns a Nuria, Dani e Saray polo premio acadado.
Asemade, Pilar e Bea, do concello, viñeron ata o centro para agasallar a todo o alumnado cunha camiseta de "Moeche en negro", facendo partícipe aos máis pequenos desta campaña de rexeitamento da violencia de xénero.


CONTACONTOS DE CRISTIAN E JOEL

Dous dos nosos compañeiros, Cristian e Joel, fixeron disfrutar ao alumnado de Infantil e 1º dun fermoso contacontos da obra "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Vilán. Os máis peques gozaron moito e Cristian e Joel debérono facer moi ben xa que a primeira frase que se escoitou ao rematar foi "para cando o próximo?"








xoves, 23 de novembro de 2017

DESCRIPCIÓN DE SHEN

Daniel, alumno de 5º de primaria, nos cuenta como es Shen, un superhéore que él mismo ha creado...

SHEN, EL MONJE DE LOS ESPÍRITUS

Shen es un superhéroe delgado, fuerte y de alta estatura.
Él tiene el pelo negro y largo. Debajo tiene unos preciosos ojos de color verde. Tiene una nariz chata y unas orejas diminutas como una hormiga, sin olvidarnos de su boca común con unos dientes resplandecientes.
Más abajo tiene unos brazos y piernas musculados y fuertes, que se debe a que era rey de los espíritus.
Va vestido con una hombrera de metal en el brazo izquierdo, unos pantalones de cuero igual que sus brazaletes, zapatos de tela verde y una cinta en la cintura de color amarillo.
Su personalidad es amable y risueña.
Con respecto al origen podemos decir que llegó a la Tierra en una especie de vaina alienígena y un científico lo capturó cuando estaba dormido. Después, en su laboratorio, le hizo un montón de pruebas y un experimento le salió mal, volviendo a Shen humano. Desde aquel día Shen juró proteger  a todas las personas que estuvieran en peligro.
Sus poderes son: poder parar el tiempo cinco segundos y cuantos más golpes le da a su oponente. más débil lo hace.

¿Te atreves a dibujarlo?

mércores, 22 de novembro de 2017

NOVO VÍDEO D@S HISTÓRIC@S!

@s Históric@s practican a descrición de persoas co exercicio "Invento mi propio superhéroe" en Lingua Castelá



Esperemos que vos guste e para repasar un pouco as descricións!


sábado, 18 de novembro de 2017

NOVAS FOTOS DE ACTIVIDADES

Nos pasados días tivemos dúas interesantes actividades no colexio:

A primeira delas foi unha excursión de todo o centro a Ferrol, onde puidemos visitar a zona do Cantón de Molins, Mercado da Magdalena, Aula de ecoloxía urbana e Museo Naval. Aprendemos moitas cousas, e ademais pasámolo en grande, proba diso son as seguintes fotos...

EXCURSIÓN A FERROL


Da mesma maneira, fixemos unha actividade no centro en relación ao Día da Infancia. Grazas ao concello de Moeche tivemos a oportunidade de coñecer a Fredo Fox, un pequeno raposo que nos contou a labor de Unicef e tamén ensinounos moito sobre a importancia desta data.

FREDO FOX


xoves, 2 de novembro de 2017

DESCRICIÓNS

Nestes días estamos a traballar as descricións de personaxes. Podedes consultar estas fotografías para practicar na casa...




mércores, 1 de novembro de 2017

GALERÍAS DE FOTOGRAFÍAS ACTIVIDADES OUTUBRO

O pasado mes de outubro foi un mes movidiño con respecto a actividades. Neste enlace podemos ver as fotografías das mesmas:

SAMAÍN/MAGOSTO

Como tódolos anos, celebramos esta festa conxunta. O día prometía, xa que de mañá, todos ataviados/as coas nosas mellores galas (ou máis ben coas peores) comezamos cun xogos e obradoiros que deron moito de si. Acto seguido pasamos ás aulas para degustar unhas deliciosas castañas. Despois dun merecido recreo, chegaron as nosas familias para decorar as tradicionais cabazas de Samaín. Todas foron espectaculares pero queremos facer especial mención a Laura, Xaquín, Anxo e Uxía por seren os gañadores desta edición.

Moitísimas grazas a tódalas familias por participar!

FOTOS DO SAMAÍN

SIMULACRO DE INCENDIO

É algo importante, polo que debemos saber como actuar. Un ano máis, o GES de Ortigueira colaborou nun simulacro sorpresa onde tanto nenos/as como mestres procederon correctamente e conseguiron chegar ao punto de encontro nun tempo reducido.
Temos que dar as grazas aos profesionais que asistiron a esta cita xa que ao rematar o simulacro deixaron que todo o alumnado subise aos camións, coches, probasen mangueiras...

FOTOS DO SIMULACRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebramos un día moi importante, xa que era o Día das Bibliotecas. Os máis peques da casa tiveron a sorte de contar cun contacontos elaborado por David, Marta e Saray. Por outra banda os grupos de 3º, 4º 5º e 6º asistiron á biblioteca municipal convidados polo concello para disfrutar dunha actividade onde os nenos/as tiveron que investigar a fondo para descubrir quen matara ao pobre Xaquín...

FOTOS DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

venres, 20 de outubro de 2017

VOLVEMOS COA NOSA CANLE YOUTUBE

Un ano máis volvemos a traballar coa canle de Youtube. Nesta ocasión, "Os Históricos 2.0" volvemos á carga con máis ganas de aprender e tamén de ensinar.
Na nosa canle iremos subindo vídeos con contido educativo que seguro que axudarán a máis de un/unha (e tamén a nós).

Facede clic no vídeo para ver a nosa presentación. E tamén podedes compartilo e subscribirte á nosa canle para ver máis vídeos...




sábado, 14 de outubro de 2017

XOGAMOS AO RUGBY

Esta semana tivemos a oportunidad de probar un deporte menos popular pero moi interesante, trátase do rugby. O clube Fendetestas de As Pontes acudiu á escola para ensinarlles aos nosos/as rapaces/zas aspectos básicos do rugby.
Aprendemos moito xogando con Xose e Asier, aos que lles queremos agradecer a dedicación nesta semana. Quedamos moi contentos e pretendemos repetir!!!

Deixamos un vídeo resumo da actividade, esperemos que vos guste:


HIP-HOP NA ESCOLA

A semana pasada acudiron ao centro dúas bailarinas do centro de danza "Fushion Dance" de Fene para promocionar a actividade de Hip-hop ofertada pola ANPA do noso centro para o presente curso escolar.

Ensináronnos uns pasos básicos e incluso bailamos unha coreografía. Pasámolo moi ben!

Moitas grazas tanto a Fushion Dance como a ANPA do CEIP San Ramón por deixarnos disfrutar desta actividade.

Deixamos un vídeo resumo da actividade:


mércores, 11 de outubro de 2017

Videos Queen para 6º

Aquí os dejo un par de vídeos muy interesantes del grupo Queen y de su vocalista Mercury.


mércores, 4 de outubro de 2017

ZARZUELA PARA 4º- LA TEMPRANICA

Aquí os dejo un fragmento de la zarzuela "La Tempranica" de Gerónimo Jiménez. Es el fragmento que trabajamos en clase para que podáis escucharlo nuevamente.

LA TARÁNTULA

martes, 3 de outubro de 2017

CAMBIO MENÚ COMEDOR

Comunicamos que o vindeiro día 6 de outubro, haberá un cambio no menú do comedor por ausencia da cociñeira. No lugar do indicado para ese día, darase o segunte menú aos comensais:

1º PLATO: ENSALDA DE PASTA
2º PLATO: PIZZA DE XAMÓN E QUEIXO
POSTRE: IOGUR

sábado, 30 de setembro de 2017

XERADOR DE FICHAS MATEMÁTICAS

Resultado de imagen de MATEMATICAS NIÑOS

No enlace de abaixo podedes crear as vosas propias fichas de matemáticas e así poder practicar un pouco máis...

GENERADOR FICHAS

mércores, 20 de setembro de 2017

MAPAS INTERACTIVOS

Resultado de imagen de mapas interactivos

Deixo o link da páxina coa que estamos a traballar mapas na aula...

A practicar!!!

MAPAS

mércores, 13 de setembro de 2017

venres, 14 de xullo de 2017

LISTAXE DEFINITIVA - FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CORRECCIÓN ERRO NO FONDO SOLIDARIO LIBROS EN 6º PRIMARIA









Aquí tedes o listado definitivo de libros que lle corresponden a cada alumno/a do centro. Tamén o podedes ver no taboleiro do colexio.




venres, 7 de xullo de 2017

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Aqueles pais/nasi/titores legais que desexen presentar algunha reclamación ou enmenda con respecto aos datos entregados nas solicitude de fondo solidario de libros de texto, poderán facelo ata o día 12 de xullo.
Nas listaxes definitivas publicaranse os libros das materias que se entregarán dende o fondo solidario.



mércores, 5 de xullo de 2017

VÍDEOS EDITADOS

Aquí podedes ver vídeos editados da acampada en Pedroso dos maiores e a visita de Álvaro Illobre:




martes, 4 de xullo de 2017

MÁIS FOTOS DE XUÑO

Nos enlaces de abaixo podedes ver máis actividades realizadas no mes de xuño:

STORY TELLING SHARK IN THE PARK

SHARK IN THE PARK

ENTREGA DE PREMIOS BIBLIOTECA E DESPEDIDA DE MILA

PREMIOS BIBLIOTECA + DESPEDIDA

A QUE SABE A LÚA? A TASTE OF THE MOON

Nova entrega de teatro de sombras por parte do alumnado de 3º e 4º. Tamén bilingüe galego - inglés.
Moi bo traballo dos nosos pequenos/as!!! Espectacular...


luns, 3 de xullo de 2017

AXUDAS LIBROS

Podedes pasar polo colexio a recoller os vales de axudas de libros e material para os nenos/as de 1º e 2º de primaria e os vales de material para nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

O fondo solidario todavía non está validado. Comunicarase cando esté dispoñible.

HORARIO: 10:00 A 12:00 HORAS. DÍAS 4 E 5 DE XULLO 

PACO PAPÁN/HALFWIT HARRY

Vídeo da representación en galego e inglés dunha adaptación do conto Paco Papán...
Moi bo traballo do alumnado de 5º e 6º, coa colaboración do grupo infantil!!! Parabéns!!!






venres, 30 de xuño de 2017

GALERÍAS DE FOTOS XUÑO

Neste enlace podedes ver as fotografías das últimas actividades que realizamos en xuño no centro. Tivemos varias que detallaremos a continuación:

VISITA DE ÁLVARO ILLOBRE


O Concello de Moeche ofreceunos a oportunidade de coñecer a Álvaro Illobre, deportista paralímpico cun palmarés envexable para calquera deportista. Un exemplo de esforzo e superación que, como el mesmo nos dixo: "Nunca deixes que che digan que non podes facer algo, esfórzate para conseguilo e chegará".

FOTOS ÁLVARO ILLOBRE



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Celebrado no centro coa colaboración do Concello, que regalou a cada alumno/a unha planta e os nenos leron un manifesto sobre o día.

GALERÍA DE FOTOS


EDUCACIÓN VIARIA

Dous membros de corporación municipais do Concello de Narón viñeron ao colexio, grazas a colaboración do noso concello, para explicar aos nenos e nenas a importancia de respetar a normas viarias, tanto desde o punto de vista dos peóns coma dos condutores.

FOTOS EDUCACIÓN VIARIA

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Comunícase a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2017-2018.
Os que desexen anotarse poderán pasar polo centro na vindeira semana de 11:00 a 12:00 horas ou a partir do día 1 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

mércores, 21 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE VERÁN





" SE QUEREDES AVENTURAS


 LANZÁDEVOS Á LECTURA" .




DISFRUTADE DO VERÁN,

SEN ESQUENCER

 QUE UN LIBRO

 É A MELLOR NAVE PARA VIAXAR.

BOAS  VACACIÓNS !!!



martes, 13 de xuño de 2017

CAMBIO MENÚ COMEDOR

Como xa sabedes, a excursión a Lugo estaba programada para o día 20 de xuño pero debido á folga autonómica do transporte, vímonos na obriga de adiantala ao día 13 deste mesmo mes. Polo tanto, o día 13 non haberá comedor e o menú que ía indicado para este día, servirase o día 20.

venres, 9 de xuño de 2017

AUTODECLARACIÓN COMEDORES ESCOLARES

Saiu publicada a Instrucción 4/2017 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de educación, do 30 de maio sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso 2017-2018.
As familias que desexen que os seus fillos sexan usuarios de comedor para o vindeiro curso, deberán entregar no centro educativo o modelo- impreso de autodeclaración de prezos públicos recollidos no anexo II desta instrucción, debidamente cumprimentado..
Este impreso fai referencia ao exercicio fiscal 2016.
MODELO ANEXO II

luns, 5 de xuño de 2017

IMOS Á FEIRA!!!



O vindeiro día 11 de xuño estaremos na feira de Moeche cos nenos/as vendendo materiais elaborados por eles mesmos/as para a recadación de fondos da excursión de fin de curso de todo o colexio.

Teremos diversas manualidades feitas polo alumnado e unhas camisetas (tódalas tallas) co debuxo e eslogan gañador do concurso para tal fin.

ANIMÁDEVOS A VIR E COMPARTIDE A NOTICIA PARA QUE TODO O MUNDO ASISTA!!!


xoves, 25 de maio de 2017

VIDEO do alumnado de quinto e sexto de primaria tocando a frauta 
Día das Letras Galegas 2017

Son verdadeir@s  ARTISTAS!!!

NORABOA!!!



⇨ Aquí vos deixo, unha montaxe con todo o que fixemos para celebrar o Día das Letras Galegas 2017

Espero que o disfrutedes moito!!!

 Grazas a tod@s @s que colaboraron dalgún xeito na celebración deste día.

MÚSICA: A MUIÑEIRA DE CHANTADA- SUSANA SEIVANE en directo.

domingo, 21 de maio de 2017

Modestina déixavos un vídeo da lectura compartida 
 " Os tres osiños" ,
 onde Marta e o seu pai preséntannos este coñecido libro na nosa biblioteca do colexio.

Moita grazas, ao papá de Marta por colaborar nesta viaxe dos contos.


martes, 16 de maio de 2017

FOTOS E VÍDEOS DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Pulsando nos enlaces que se mostran poderedes acceder aos vídeos e galerías de fotografías...

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Todo o alumnado do centro realizou unha excursión á cidade herculina para coñecer dita cidade máis de cerca e visitar o MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía), onde aprendimos un montón!!!

FOTOS EXCURSIÓN

Tamén fixemos un pequeno vídeo-resumo.




ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
Para celebrar tan importante data, Modestina seleccionou varias actividades moi interesantes, entre as que destacamos o apadriñamento lector dos alumnos/as máis maiores aos non tan maiores, lectura do conto "Os tres osiños" por parte de Marta e o seu papi, contacontos "Un becho estraño" elaborado por Paula e Leticia e o Story Telling "Golgilocks and the three bears" feito por Cristian, Daniel Moreno e Asier.


Un becho estraño (Paula e Leti)



Goldilocks and the three bears (Asier, Cristian e Daniel Moreno)




Vídeo - resumo de todas as acitividades:









Listen to the five airport announcements and do the exercises to practise and improve your listening skills.

                                          6th GRADE



        TRAVELLING ABROAD

venres, 12 de maio de 2017

GAÑADOR DA 3ª CATEGORÍA DE "TODOS A RIR CON CHISTÍN"

O chiste gañador da 3ª categoría de chistes: CHISTES DE VELLOS E VELLAS" é o seguinte

Levanteime da cama, movín os xeonllos, xirei o pescozo e todo fixo: CRACK!!
Conclusión:
Non estou VELLA, estou CRUXIENTE!!



E, por tanto a gañadora é                                                       CLARA Mª SANCHEZ  FRANCO

 1º primaria

NORABOA CLARA!!!