mércores, 1 de novembro de 2017

GALERÍAS DE FOTOGRAFÍAS ACTIVIDADES OUTUBRO

O pasado mes de outubro foi un mes movidiño con respecto a actividades. Neste enlace podemos ver as fotografías das mesmas:

SAMAÍN/MAGOSTO

Como tódolos anos, celebramos esta festa conxunta. O día prometía, xa que de mañá, todos ataviados/as coas nosas mellores galas (ou máis ben coas peores) comezamos cun xogos e obradoiros que deron moito de si. Acto seguido pasamos ás aulas para degustar unhas deliciosas castañas. Despois dun merecido recreo, chegaron as nosas familias para decorar as tradicionais cabazas de Samaín. Todas foron espectaculares pero queremos facer especial mención a Laura, Xaquín, Anxo e Uxía por seren os gañadores desta edición.

Moitísimas grazas a tódalas familias por participar!

FOTOS DO SAMAÍN

SIMULACRO DE INCENDIO

É algo importante, polo que debemos saber como actuar. Un ano máis, o GES de Ortigueira colaborou nun simulacro sorpresa onde tanto nenos/as como mestres procederon correctamente e conseguiron chegar ao punto de encontro nun tempo reducido.
Temos que dar as grazas aos profesionais que asistiron a esta cita xa que ao rematar o simulacro deixaron que todo o alumnado subise aos camións, coches, probasen mangueiras...

FOTOS DO SIMULACRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebramos un día moi importante, xa que era o Día das Bibliotecas. Os máis peques da casa tiveron a sorte de contar cun contacontos elaborado por David, Marta e Saray. Por outra banda os grupos de 3º, 4º 5º e 6º asistiron á biblioteca municipal convidados polo concello para disfrutar dunha actividade onde os nenos/as tiveron que investigar a fondo para descubrir quen matara ao pobre Xaquín...

FOTOS DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.