mércores, 20 de xaneiro de 2016

ROLDA 3 DE MODESTINA QUERE SABER...

Modestina está aquí de novo para plantexarvos novas dúbidas...

Agora quere que lle axudedes con datos curiosos sobre os xogos olímpicos que seguro que non sabiades:

1.- Por que a distancia dunha maratón é, exactamente 42,195 Km?

2.- En 1960 produciuse a primeira medalla de ouro dun atleta africano. Esa medalla tivo algo de especial, algo inusual... que foi?

3.- Os xogos de 1908 ían celebrarse en Roma, pero ao final non foron alí. Onde foron? Cal foi a razón?

4.- A quen se lle coñece como o "Dream Team" do 92? A profe Mila seguro que vos axuda para saber o que significa...

5.- E falando do Dream Team, poderíades decir 3 nomes de xogadores que formasen parte del?

6.- Algunha vez a antorcha olímpica viaxou sumerxida no mar? Cando?

7.- É o mesmo "Olimpiada" que "Xogos Olímpicos"?

8.- Quen posúe o récord de medallas de ouro (persoa, non país)?


DATA DE ENTREGA: 22 DE FEBREIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.