mércores, 27 de xaneiro de 2016

ANDAINA SOLIDARIA

Para celebrar o Día da Paz e a non violencia escolar este venres 29 de xaneiro realizaremos unha andaina solidaria, na cal para participar debemos aportar un kg de alimentos non perecedoiros, e onde os nenos/as percorrerán a contorna do centro, facendo unha parada no concello para deixar as nosas donazóns. As mesmas irán destinadas á cociña económica de Ferrol.
Animádevos a camiñar con nós, soamente terás que presentarte na porta do centro ás 12:15 cun kg de alimentos para entregar.

NOTICIA NA PRENSA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.