xoves, 29 de xaneiro de 2015

RESPOTAS FOLLA 3 MODESTINA QUERE SABER...

1.- O libro chamábase “Os Megatoxos e o dragón de Xadé” e Modestina recomenda a lectura da colección Megatoxos que está moi ben!
2.- A fotografía foi tomada na porta da vosa biblioteca!!! Á nosa tartaruga parécelle incrible que algún non o soubese!!!
3.- O nome do pequeno Nicolás vén dunha serie de libros de René Gosciny a cal narraba as falcatruadas dun neno que se chamaba así.
4.- Se consultaramos o libro que nos dicía Modestina, e que había na biblioteca, saberíamos que falaban da pel de reno.
5.- No mesmo libro poñía que esas grandes espadas chámanse “sarissas”.
6.- Efectivamente, é un escudo modestino.
7.- O líder irmandiño, como todos sabedes, foi Roi Xordo.
8.- E polo outro bando tivo que fuxir, entre outros, Nuño Freire de Andrade.
9.- Nesta ocasión, os xogos olímpicos, son en Río de Janeiro.
10.- A foto era da mascota dos xogos anteriormente citados.
11.- Consultando o libro de visitas da biblioteca, sabíamos que era Xabier P. Docampo o 20 – 3 – 2015.
12.- O músico do que falaba Modestina era Beethoven.
13.- A música era de jazz... e que ben o pasamos!!!
14.- A trompa dos Alpes a comezaron a usar os gandeiros suizos para chamar aos seus animais a gran distancia e para comunicarse.
15.- Efectivamente uns ósos acaban por unirse con outros co crecemento e por iso temos menos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.