mércores, 21 de xaneiro de 2015

CONTACONTOS MODESTINOS

Pola presente informamos ás familias da próxima actividade que propoñemos desde o equipo de biblioteca. Trátase dos “Contacontos en familia”, unha proposta mediante a cal pretendemos convidar as familias a que veñan ao centro a contar un conto aos nen@s, compartindo uns minutos do seu tempo cos pequenos nunha actividade que consideramos moi importante para os nenos, xa que a través da lectura e a escoita aprenderemos moitas cousas.
Os contos pódense traer da casa ou escoller un da biblioteca escolar. Podémolos ler ou simplemente contar algún que xa sabemos. Desde o centro se ofrecerá toda a axuda que precisedes para preparar a actividade (seleccionar os contos, adaptación de calquera tipo...).
Rogamos a máxima participación, xa que os nenos están moi motivados para aprender coas súas familias. Pode vir calquera familiar ou titor do nen@. Para anotarse habería que enviar unha nota ao titor/a e desde o centro xa xestionaríamos unha data que nos veña ben a tod@s.
Un saúdo.
O equipo da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.