sábado, 31 de xaneiro de 2015

OS SELFIES DE MODESTINA ROLDA 4!!!

Ola familias!!!

O nivel que estades a ofrecer no concurso é altísimo, polo que Modestina decidiu poñelo máis difícil...

Coma sempre hai que realizar os selfies e as preguntas, pero nesta ocasión se dará un punto extra á familia que realice o selfie máis multitudinario da rolda, quere dicir, quen consiga meter máis xente no selfie (que pode ser foto normal).

Vale que apareza quen queirades, aínda que non sexa participante no concurso. Tamén haberá outro punto extra á familia que realice o selfie máis adecuado ao Entroido, aproveitando as datas...

Tede en conta que os selfies gañadores dos puntos extras serán publicados neste blogue para que tod@s vexamos o resultado.

DATA LÍMITE: 23 FEBREIRO.

Velaí van...



1.- Onde se atopa a nosa mascota?
2.- Baixo ese tellado, que se realizaba antigamente?


1.- Para que se usaba esa construcción na que se atopa descansando Modestina?
2.- En cal das nosas parroquias está ubicada?



1.- Onde se atopa Modestina?
2.- Como se chama ese pequeno ser?

venres, 30 de xaneiro de 2015

ROLDA 4 MODESTINA QUERE SABER.. ESPECIAL ARTE!!!

Modestina xa volveu a facer das súas... non a podemos deixar soa!

Agora deulle por colarse en obras de arte moi coñecidas e históricas. Nesta rolda especial tedes que adiviñar en que obras de arte se colou Modestina e quen é o autor de cada unha delas.

DATA DE ENTREGA: LUNS 23 DE FEBREIRO

SORTE!









xoves, 29 de xaneiro de 2015

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN DE "OS SELFIES DE MODESTNA"

Ben familias!

Aquí temos unha nova clasificación do concurso dos selfies. Damos a noraboa a tod@s polo voso excelente traballo. As respostas da anterior rolda eran:

1.- Modestina está na feira e é imposible facer as fotos neste lugar sen xente os días 11 e 23 xa que son os días que hai feira en Moeche.

2.- Modestina atópase no foxo do Castelo de Moeche. Esa excavación usábase na antigüedade como cerco defensivo dos ataques inimigos.

3.- A igrexa que sae por detrás é a de San Xurxo, e a construcción do seu carón é un cruceiro.



FAMILIA
PUNTOS
1
CARLOS BOUZA
12 + 6 = 18
1
SERGIO LOUREIRO
12 + 6 = 18
1
LUCÍA
12 + 6 = 18
1
MARTA
12 + 6 = 18
1
PAULA SANJURJO
12 + 6 = 18
1
SANDRA
12 + 6 = 18
1
XAQUÍN
12 + 6 = 18
2
FRAN
11 + 6 = 17
2
JULIÁN
11 + 6 = 17
2
TOMÁS
11 + 6 = 17
2
NOEL
11 + 6 = 17
2
SERGIO E UXÍA
11 + 6 = 17
3
LUCA
11 + 5 = 16
4
NEREA
4 + 1 = 5

CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER DESPOIS DA ROLDA 3

EQUIPO
PUNTOS ROLDA 3
TOTAL PUNTOS
1
STARTS 13 + 2 44,5
2
LOS GOLEADORES 11 37,5
3
PLANETA DE LAS CHICAS 10,5 + 2 34
4
LAS MACHITAS9 + 2 33
5
BEST FRIENDS 9,5 32
6
BMW 0
12
7 LOS CRACKS 5,5 + 1 6,5




RESPOTAS FOLLA 3 MODESTINA QUERE SABER...

1.- O libro chamábase “Os Megatoxos e o dragón de Xadé” e Modestina recomenda a lectura da colección Megatoxos que está moi ben!
2.- A fotografía foi tomada na porta da vosa biblioteca!!! Á nosa tartaruga parécelle incrible que algún non o soubese!!!
3.- O nome do pequeno Nicolás vén dunha serie de libros de René Gosciny a cal narraba as falcatruadas dun neno que se chamaba así.
4.- Se consultaramos o libro que nos dicía Modestina, e que había na biblioteca, saberíamos que falaban da pel de reno.
5.- No mesmo libro poñía que esas grandes espadas chámanse “sarissas”.
6.- Efectivamente, é un escudo modestino.
7.- O líder irmandiño, como todos sabedes, foi Roi Xordo.
8.- E polo outro bando tivo que fuxir, entre outros, Nuño Freire de Andrade.
9.- Nesta ocasión, os xogos olímpicos, son en Río de Janeiro.
10.- A foto era da mascota dos xogos anteriormente citados.
11.- Consultando o libro de visitas da biblioteca, sabíamos que era Xabier P. Docampo o 20 – 3 – 2015.
12.- O músico do que falaba Modestina era Beethoven.
13.- A música era de jazz... e que ben o pasamos!!!
14.- A trompa dos Alpes a comezaron a usar os gandeiros suizos para chamar aos seus animais a gran distancia e para comunicarse.
15.- Efectivamente uns ósos acaban por unirse con outros co crecemento e por iso temos menos.


mércores, 28 de xaneiro de 2015

CONCUROS COPLAS AO MECO

 

Un ano máis chega o Entroido e xa estamos comezando a prepararnos. De momento imos comezar cun concurso de coplas ao Meco. Os nen@s deberán traer ao cole unha serie de coplas que se lerán ao Meco antes da súa tradicional queima. A máis orixinal recibirá un pequeno agasallo.      Pódese falar do tema que se queira, utilizar ironía ou sorna, sempre que sexa con respecto. Ás familias podedes axudar na elaboración das mesmas.     As coplas deberán ser entregadas aos titores/as antes do luns 9 de febreiro.

DANZA DE LAS HORAS 3º



Aquí tedes un corto do Disney no que se empregou a música de Ponchielli: "A danza das horas".
A ver se vos gusta.

martes, 27 de xaneiro de 2015

DETECTIVES MUSICAIS 5º E 6º

Aquí lles deixo a canción: "Satisfaction" dos Rolling Stones aos detectives musicais de 5º e 6º. Despois de escoitala, deben indagar e descubrir as respostas que se plantexan:







NEREA: Esta canción ten un "RIFF" de guitarra moi característico. Primeiro debes averiguar que é un Riff e a continuación poñer o riff desta canción en castelán e tamén en inglés.

PAULA: O Riff do que se lle pregunta a Nerea, xurdea durante un sono dun dos músicos. De cal?

FRAN: A canción da que estamos a falar estreouse primeiro como un  disco sinxelo nos EEUU pero a continuación formou parte dun álbum. Cal é o título deste álbum?

LUCIA: Cantas notas ten o riff desta canción?

LOUREIRO: Traduce o estribillo da canción

SERGIO: En que compás está escrita esta canción?      ¿É binario, ternario ou cuaternario?

AROA: Ademais do músico que debe investigar Paula, cal foi o outro que compuxo case a totalidade desta canción?

JULIÁN: Que intentaba criticar a canción?

IAGO: O riff desta canción non lle gustaba inicialmente a un dos músicos porque se lle parecía moito a outra canción de Martha an de Vadellas. Cal é o titulo desta canción?

Ti opinas o mesmo?


sábado, 24 de xaneiro de 2015

DEGUSTACIÓN DA 2ª RECEITA NO COMEDOR

Informamos de que o vindeiro xoves día 29 de xaneiro faremos outra modificación no menú para introducir unha nova receita dos nenos e nenas do colexio. Nesta ocasión presentaremos a receita "GUISO DE OVOS" de Paula Sanjurjo.

Esperamos que sexa do agrado de todos e todas!


Lembrade que a votación da receita anterior de Laura Rodríguez remata o mércores 28 de xaneiro.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

mércores, 21 de xaneiro de 2015

APRENDE INGLÉS CON... OS BOLECHAS!!!



Os Bolechas achéganse cada venres no recreo á biblioteca para ensinarnos unha lección de inglés. Non te vaias a perder estas fabulosas clases con eles!!!

Todos os venres no recreo, na biblio, proxección de vídeos dos Bolechas.

LET´S GO!!!

CONTACONTOS MODESTINOS

Pola presente informamos ás familias da próxima actividade que propoñemos desde o equipo de biblioteca. Trátase dos “Contacontos en familia”, unha proposta mediante a cal pretendemos convidar as familias a que veñan ao centro a contar un conto aos nen@s, compartindo uns minutos do seu tempo cos pequenos nunha actividade que consideramos moi importante para os nenos, xa que a través da lectura e a escoita aprenderemos moitas cousas.
Os contos pódense traer da casa ou escoller un da biblioteca escolar. Podémolos ler ou simplemente contar algún que xa sabemos. Desde o centro se ofrecerá toda a axuda que precisedes para preparar a actividade (seleccionar os contos, adaptación de calquera tipo...).
Rogamos a máxima participación, xa que os nenos están moi motivados para aprender coas súas familias. Pode vir calquera familiar ou titor do nen@. Para anotarse habería que enviar unha nota ao titor/a e desde o centro xa xestionaríamos unha data que nos veña ben a tod@s.
Un saúdo.
O equipo da biblioteca.

martes, 20 de xaneiro de 2015

AS NOSAS RECEITAS NO COMEDOR

O mércores día 21 de xaneiro comezamos no comedor coa elaboración das receitas entregadas polos alumnos e as súas familias.
A primeira receita será a de Laura Rodríguez: CALLOS. Seguro que a nosa cociñeira Sandra os fará moi ricos. PODES VOTAR A RECEITA DE LAURA NA PÁXINA PRINCIPAL DO BLOGUE DURANTE UNHA SEMANA. AXUDA A LAURA A OBTER UNHA BOA PUNTUACIÓN!
BO PROVEITO!





MAPAS INTERACTIVOS



Mapas interactivos de Galicia física... A ESTUDAR!!

RELEVO 1

RELEVO 2

RÍOS 1

RÍOS 2

COSTAS 1

COSTAS 2

En todos os xogos tedes a oportunidade de mirar primeiro para estudar e xogar despois.


sábado, 17 de xaneiro de 2015

Gañador do sorteo de nadal

Este ano, como sabedes, os nenos e nenas de 5° e 6° fixeron adornos do nadal destinados a ser sorteados no festival para sacar fondos para a excursión.
O GAÑADOR FOI ADRIÁN, un exalumno do colexio. NORABOA!! 😌
Tamén queremos agradecer a colaboración de todos e todas porque conseguimos recaudar a fantástica cifra de 332€.









martes, 13 de xaneiro de 2015

RECURSOS PARA 3º CICLO



Deixo uns links para traballar os contidos que estamos a dar estes días...

FRACCIONES BÁSICO

COMPARAR FRACCIONES

FRACCIONES EQUIVALENTES

FRACCIONES EQUIVALENTES 2

FRACCIONES DECIMALES

FRACCIÓN DE UNA CANTIDAD

FRACCIÓN DE UNA CANTIDAD 2

SUMA Y RESTA DE FRACCIONES BÁSICO

SUMA Y RESTA (ENTERO - FRACCIÓN)

SUMA Y RESTA DE FRACCIONES 2

MULTIPLICACIÓN DE FRACCIONES

DIVISIÓN DE FRACCIONES

MÚLTIPLOS DE UN NÚMERO

MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO

DIVISORES DE UN NÚMERO

¿PRIMO O COMPUESTO?

CRITERIOS DE DIVISIBILIDAD



MASA, VOLUME E DENSIDADE

SEPARANDO MESTURAS

CAMBIOS NA MATERIA

A REPRODUCIÓN NAS PLANTAS

CLIMOGRAMAS

CLIMAS DO MUNDO



VOCABULARIO LINGUA 6º

SUFIXOS DIMINUTIVOS, AUMENTATIVOS E DESPECTIVOS

PRONOMES

FAMILIA LÉXICA

FAMILIA LÉXICA 2

CLASIFICACIÓN SELFIES DE MODESTINA DESPOIS DA ROLDA 2

CLASIFICACIÓN “OS SELFIES DE MODESTINA”
Despois da segunda rolda
NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES, XA QUE NESTA ROLDA TODAS AS FAMILIAS QUE SAÍRON A FACER OS SELFIES FIXERON A MÁXIMA PUNTUACIÓN...
Efectivamente, Modestina atopábase no Pereiro, na Pista de Voo de Labacengos e as sinais indicaban un paso de peóns que hai a carón do centro de saúde.
 
Ao igual que na primeria rolda, Modestina da 1 punto por cada selfie e 1 punto polas preguntas que acompañan a dito selfie. O total de puntos que poderíades sumar nesta rolda é de 6.


FAMILIA
PUNTOS
1 CARLOS BOUZA 6 + 6 = 12
1 SERGIO LOUREIRO 6 + 6 =12
1 LUCÍA 6 + 6 = 12
1 MARTA 6 + 6 = 12
1 PAULA SANJURJO 6 + 6 = 12
1 SANDRA 6 + 6 = 12
1 XAQUÍN 6 + 6 = 12
2 FRAN 5 + 6 = 11
2 JULIÁN 5 + 6 = 11
2 LUCA 5 + 6 = 11
2 NOEL 5 + 6 = 11
2 SERGIO E UXÍA 5 + 6 = 11
2 TOMÁS 5 + 6 = 11
3 NEREA 4 + 1 = 5
4 AROA 4 + 0 = 4