mércores, 29 de outubro de 2014

HALLOWEEN VOCABULARY


OS SUPERHEROES DE 3º CICLO

A proposta de traballo era inventar un superheroe con poderes especiais. Aquí tedes algunha proposta interesante:

KATIWOMAN (heroína de Loureiro):



Katiwoman é miña heroína, ten superpoderes: vista extraordinaria, olfacto boísimo e ultravelocidade (velocidade da luz).
Katiwoman a simple vista parece unha gata normal, é dicir: ten catro patas de gata normais, bigotes longos (para cazar ratos), o corpo está cuberto de pelo suave de cor branca, non é nin moi grande nin moi pequena, como xa dixen, un gato normal (aínda que a min paréceme a máis bonita).
De cara pequena, nela chaman a atención os seus ollos porque un é de cor verde e outro azul. Da cabeza sobresaen as orellas de punta (non valen de moito porque está xorda). No medio e medio da cara destaca o nariz rosa.
Ten patas finas e fortes para poder correr é escalar, axudadas dun rabo longo para o equilibrio.
Como é unha gata superheroína, todas as mañás viste cun lazo rosa atado na cabeza para ser a gata máis guapa de Moeche e así pasar desapercibida (nadie debe saber que é unha super heroína, non necesita un traxe especial).
Ela ten un bo carácter, usa os seus poderes para facer o ben, defendendo a súa familia e tamén aos seus amigos.
Vouvos contar unha boa anécdota de Katiwoman para que vexades a boa heroína que é.
O ano pasado coñeceu a o Capitán Laski (que é outro superheroe). El atopou un neno disfrazado de ladrón e avisou por error á policía, meteuse nun bo lío porque se fiou das aparencias, entón Katiwoman axudoulle a aclarar o lío usando os poderes do olfacto e de supervelocidade. Está gatiña que sempre vixía a Capitán Laski, grazas ao seu olfacto deuse conta de que era un neno e foi correndo xunto aos policías, que estaban de camiño, para explicarlle o malentendido, (que era un neno, non un ladrón ).
Menos mal que Katiwoman é unha boa compañeira e desfixo o lío. Por iso creo que todos debemos aprender dela.



Aquí está Katiwoman atenta ante os perigos co seu lazo (o lazo nótase que é debuxado a PC).



SUPERCANS (heroe de Lucía):

 

O meu superheroe chámase Supercans. O poder que ten é convertir os cans en persoas.

È tan alto tan alto que que o seu brazo esquerdo se o estira pode chegar ao espazo; é débil, delgado e feo. A cara tena chupada, dura e longa, destácanlle as meixelas. Os seus ollos son azulados, despertos e rasgados, cunhas longas e negras pestanas. Ten las orellas pequenas que parecen as dun rato. A boca é fresca, grande e redonda, cando ri ladra coma un can e vénselle uns colmillos moi brancos. Aínda que todos pensaredes que é moi peludo, en realidade é barbilampiño e na cabeza ten o pelo curto e negro.

Os seus brazos son longos e delgados para chegar ata o espazo e poder ver se hai algún can en perigo e rescatalo para convertilo en persoa. As pernas son máis fortes que os brazos porque así se algún día está en perigo, pode brincar e correr a gran velocidade, pasando por enriba dos máis altos edificios. O corpo non é moi forte pero moi elástico e pódese dobrar e estirar coma un chicle porque de pequeno caeu nunha máquina que tiña os ingredientes de facer chicle.

Leva unha camiseta de manga curta para o verán de cor lila e outra para o inverno de manga longa de cor negra, porque así os policías saben que non é un ladrón senón que é Supercans. As dúas levan no peito a foto da súa mellor amiga "Lucía" e o seu mellor amigo, o can "Flecha".

Supercans vai a loitar para que a lei non saque a norma de que hai que rescatar os cans e coidalos. Ademais se un can queda atrapado el irá a axudalo convertíndoo en persoa se quere o can. Por exemplo, se hai un can abandonado e non ten que comer, así pode atopar traballo e sobrevivir.

Así que xa sabedes, tedes que coidar ben á vosa mascota, sexa un can, un gato, unha tartaruga, etc. Senón vai a pillarvos Supercans e para o día seguinte veredes unha persoa en vez de a vosa mascota.
 
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro, para celebrar o día das bibliotecas, fomos á biblioteca de Moeche. Alí, por cortesía do concello, desfrutamos dun gran contacontos. Nel puidemos facer unha viaxe a través do mundo de papel  onde construímos os nosos propios contos e pasámolo en grande.
Despois de moita risa volvimos para o cole dando un paseo pola vila.

PASÁMOLO XENIAL!




AS FROITAS DE OUTONO



O pasado martes 21 de outubro celebramos no cole unha festa das froitas do outono. En días anteriores, nas aulas, traballamos as mesmas e os nenos/as foron traendo da casa diferentes exemplares para unha exposición que se realizou na corredor. O martes en cuestión baixamos tod@s os grupos a ver a exposición e falar sobre os diferentes froitos que alí había, apredimos como se chamaban en galego, castelán e inglés! Despois, como non pode ser doutra maneira, fixemos unha comellada!!! E quedaron poucas froitas...

martes, 28 de outubro de 2014

Dias non lectivos

Informamos de que os días 30 de outubro(venres) e 3 de novembro(luns) non haberá clase.

domingo, 26 de outubro de 2014

Proba detectives de 5º e 6º

PROBA PARA OS DETECTIVES MUSICAIS

Detective Sergio 
  Cereijo: Quen era a nai de Pamina?
Detective Loureiro:
  Que instrumentos máxicos lle deron a Papageno e a Tamino para atopar a Pamina?
Detective Aroa: 
  Quen era o capitán das tropas de Sarastro?
Detective Paula:
  Que tipo de voz ten a Raiña da noite? E Tamino?
Detective Lucia:
  Por que as tres fadas se enfadaron con Papageno?
Detective Iago:
  Escribe o nome dunha personaxe que teña voz de baixo e outra que teña voz de Soprano?
Detective Fran:
  Por que tiña secuestrado Sarastro a Pamina?
Detective Julian: 
  Na época de Mozart non existía o piano, que instrumento tocaba este compositor?
Detective Nerea: 
  Como se chamaba a irmá de Mozart? A que se adicaba?

sábado, 25 de outubro de 2014

HALLOWEEN SONG FOR PRIMARY


HAVE FUN!!!

LISTEN 



AUTUMN SONG FOR PRIMARY 
( 1st and 2nd COURSE)


AUTUMN LEAVES ARE FALLING DOWN

HAVE FUN!!!
AUTUMN SONGS FOR PRE- PRIMARY
( 3, 4 and 5 years old)



Counting AUTUMN LEAVES


Revisa y practica la TILDE en los HIATOS.

¡SUERTE!



Revisa y practica la TILDE en los DIPTONGOS.

¡ SUERTE!


Juego del ahorcado para practicar Sinónimos y Antónimos.


JUEGO DEL AHORCADO

venres, 24 de outubro de 2014

OS SELFIES DE MODESTINA (1ª ROLDA), IMOS ALÁ!!!!!

O ansiado concurso da comezo no día de hoxe!!! Xa sabedes. Hai 3 fotografías abaixo, en cada unha delas hai pequenas cuestións. Ide ao lugar onde se fotografiou Modestina, facede un selfie todo o equipo no lugar e investigade para resolver as cuestións (sinxeliñas...). Tedes que presentar, mediante o correo ampineiro25@gmail.com ou ben mediante un USB no cole os 3 selfies familiares e a resolución das preguntas. PRAZO ATA O MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO. SORTE A TOD@S!!!

1.-

Que edificio modestino aparece na fotografía?
Que parte de dito edificio en concreto?


2.- 

En que importante lugar se fixo Modestina este selfie?
En que parroquia está?


3.-

Como se chama este lugar?
Que se pode facer dentro?
(o voso selfie non ten que ser taaaan arriba)


xoves, 23 de outubro de 2014

Eleccións consello escolar


Tras celebrar a 1ª reunión da Xunta Electoral o día 5 de novembro, publícase a convocatoria para a elección de representantes de nais/pais/titores legais do alumnado. Pódese ler no seguinte enlace.







Membros da Xunta Electoral:
Os membros integrantes da xunta electoral son os que figuran a continuación:
  • Dna. Ana Belén Bouza Pita, sector de nais/pais.
  • D. Abel Muíño Piñeiro no sector de mestres.
  • D. Almudena Yàñez Rodríguez directora.

Censo de responsables do alumnado do CEIP San Ramón.

Despois de revisalo, de atopar algún erro deben comunicalo en dirección para correxilo antes das eleccións ao consello escolar.























NOTA INFORMATIVA: procedemento de selección da Xunta Electoral.