1.- Modestina está recibindo estos días varias cartas de amor e amizade no seu buzón do Día de San Valentín, pero o que realmente quere saber é en que Imperio naceu esta tradición?
2.- Seguimos falando do tema, hai tres países que non celebran esta data, cales son?
3.- Onde se realizou esta fotografía?
4.- E esta?
5.- Modestina o está poñendo difícil... Que comprou na feira Valerio na novela "A decisión de Valerio?" (PISTA: preguntade a os nenos e nenas de Infantil).
6.- Está moi de moda o Whatsapp, e Modestina non se queda atrais...
Quere saber que película se representa con estes emoticonos:
7.- De toda a vida se dixo que Laika (unha cadela) foi o primeiro animal no espazo. Modestina afirma que é mentira. Investiga sobre o tema e di se ten ou non razón. Que cabezota é a nosa tartaruga...
8.- Quen foi o pequeno ser que nos ensinou moitas cousas sobre Oceanía nunha sesión de cine da biblio?
9.- Pat Kruse logrou facer un dos goles máis rápidos de toda a historia, pero creo que non se sinte moi satisfeito facelo, por que?
10.- En que coordenadas estaría o Concello de Moeche?
11.- En que parroquia de Moeche se atopan: Canosa, Casanova, Coto, Finlle, Fontepécora, Gangoabella, Gundiao, Leboreiro, Louridos-Estrada, Mil de Abaixo, Mil de Arriba, Monte, Peneiro, Seixo, Trieiro, Valdixe, Vilariño e Xanfero
13.- Que se celebra entre o 7 e o 23 de febreiro en Sochi?
14.- Onde é Sochi?
15.- Quen dixo "A educación é a arma máis poderosa coa que podes cambiar o mundo"?
EXTRA:
Xa que Modestina está modernizada no mundo das novas tecnoloxías, propón o xogo das películas con emoticos. Se os adiviñades TODOS tedes 3 puntos cos cales podedes sumar ou restar puntos a quen queirades. SORTE!
DATA DE ENTREGA: 7 de marzo.
As "Starts" (Paula e Lucía) puxeron o turbo e conseguen 3 puntos extra...
ResponderEliminarXa diredes que queredes facer con eles...
Noraboa chicas!