luns, 10 de febreiro de 2014

RESPOSTAS FOLLA 4

1.- Coa pista “Alecrín” saberiades que estabamos a falar de algo relacionado cos toxos. A colección de Anxo Fariña entón era, claramente, Os Megatoxos!
2.- YET ANOTHER HIERICHAL OFFICIOUS ORACLE é máis coñecido en todo o mundo coma YAHOO, un popular buscador en Internet.
3.- Se indagarades un pouco na rede descubririades que se trataba de Google Play Store.
4.- O neno chámse Rubén, xa que é o protagonista da novela “O armario de Rubén”.
5.- O reloxo de Eiranova daba trece badaladas, se queres saber porque nada máis que tes que ler “O misterio das badaladas” de Xabier P. Docampo. Tanto este coma o anterior son obras da mesma persoa, que teremos no centro neste curso!!!
6.- Modestina acababa de adiantar ao segundo, polo tanto se queda na posición do adiantado/a, de segunda.
7.- I'm 01100110 01100101 01100101 01101100 01101001 01101110 01100111 00100000 01101100 01110101 01100011 01101011 01111001 00001010 foi o primeiro tweet que madou Google, en código binario (onde soamente se poden usar o 1 e o 0). A tradución é I´m feeling lucky, que en galego, xa sabedes que é “Síntoma afortunado”.
8.- No Taj Mahal non se pode entrar en zapatos, como ben contestastedes.
9.- O invertebrado colosal da Antártida do que está a falar Modestina é un calamar.
10.- Atópase en Turquia! Fermosa cidade por outro lado...
11.- Unha araña gañou o balón de ouro??? Era unha pregunta un pouco trampa, xa que, “La araña negra” era o alcume que recibía Lev Yashin, un porteiro que debido á súa gran axilidade era chamado así.
12.- Xosé María Díaz Castro é a figura que traballaremos este ano nas Letras Galegas, ide tomando nota...
13.- Ese castelo é ben coñecido por tod@s vós, era o Castelo de Moeche! Data do século XIV.
14.- Moeche pertence á comarca de Ferrolterra.
15.- A reposta era 69 xa que, por unha banda había que sumar todas as cifras e pola outra simplemente contar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.