venres, 29 de novembro de 2013

Repasamos linguaxe musical

Neste enlace podedes repasar todos os contados traballados na clase de música. Se tedes alguhna dúbida, facede o comentario e recibiredes axuda.Linguaxe musical

mércores, 27 de novembro de 2013

Votación: "1ª Categoría de chistes"


GAÑADOR 1ª CATEGORÍA DE CHISTES: HUGO BUSTABAD PRIETO

FELICIDADES HUGO! Xa tes premio.




ATENCIÓN:A votación para seleccionar o chiste gañador desta primera categoría remata o vindeiro mércores día 4 de decembro. Se aínda non emitiche o teu voto, todavía estás a tempo de facelo.





Ola a todos todas: Chistín xa escolleu entre todos os chistes que lle mandáchedes os seus 4 favoritos. Agora precisa da vosa axuda para que os votedes. Cada un pode entrar e votar ao chiste que máis lle gusta destes catro que vos indica a continuación:

HUGO: Vai un galego conducindo por Londres e pon a radio,cando xusto emitian as noticias e escoita: -Ateción,atención,comunicase aos automovilistas que hai un loco manexando en sentido contrario o transito!¡Teñan coidado! E o galego di : -¿Como que un ? ¡Miles!

ELÍAS: Van un inglés un francés e un español a unha torre e di o inglés polo meu país e tírase vai o francés e di polas miñas bandeiras e tírase vai o español e di polo meu país e polas miñas bandeiras, eu baixo polas escaleiras. .

DIEGO: ¿Como se di 99 en chino? - Cachichien

PAULA: Como mueren los chinos en Lepe? delepente 

PARA VOTAR, TEDES QUE IR Á PÁXINA PRINCIPAL DO BLOGUE. COMEZA A VOTACIÓN!

luns, 25 de novembro de 2013

COÑECENDO AMÉRICA: OS INCAS

Pica aquí

DE NOVO, CINE!!!

O pasado venres na biblioteca Modestina convidou a todo o alumnado a unha nova sesión de cine.
Este día tocou un vídeo sobre uns personaxes que eran os Vikingos e no cal vimos como foron capaces de conquistar toda Europa!
Os nenos portáronse moi ben e como foi un día especial, deixáronnos merendar na biblioteca!
Velaí algunhas fotos da sesión de cine. Para a semana seguinte máis e mellor!






xoves, 21 de novembro de 2013

La zarzuela.

Aquí vos deixo unha tarefa para facer sobre a zarzuela. Cada un debe introducir a información buscada no seu cadro correpondente. Completade este Popplet

martes, 19 de novembro de 2013

DEGUSTACIÓN

 
Hoxe martes 19 de novembro os alumn@s de Infantil  DEGUSTARON FROITAS DE OUTONO, todo boíííísimo!!!!! A que da gusto velos?


 
 
 
 

Tonos e semitonos para 5º e 6º

Aquí vos deixo un enlace para que podades practicar as distancias entre as notas. Non esquezades facer algún comentario ao rematar que me indique que traballáchedes.Tons e semitons

luns, 18 de novembro de 2013

COÑECENDO AMÉRICA

¿Preparados para partir á América?

Antes de empreder a viaxe imos ver o que había alí e como vivían.
Aquí vos deixo un enlace para que vaiades coñecendo as civilizacións que exitían en América antes de que Colón a descubrira.

Comenzamos polos Mayas




domingo, 17 de novembro de 2013

Programa de actividades complementarias para o 1° trimestre.

Informamos do programa de actividades complementarias programadas para este trimestre:
  • Día 18 de novembro terá lugar una charla sobre os riscos en internet con especial tratamiento do blogue. Esta charla será para la alumnos/as de 4°, 5° e 6° en horario de mañá e pola tarde será para o profesorado. A actividade será impartida pola garda civil especializada neste tema.
  •  Día 25 de novembro celebraremos o día da non violencia de xénero. O concello oferta una xincana con xogos didácticos impartidos por un grupo de monitores que traballarán este tema. Así mesmo, participaremos nun concurso tamén patrocinado polo concello de Moeche sobre a elaboración de lemas para a non violencia. Haberá premios para os mellones lemas.
  • Día 13 de decembro: os alumnos de primaria irán á Capela para visitar a exposición do seu museo e tamén para participar nunha sesión de xogos populares.
  • Día 19 de decembro: todo o colexio fará unha visita ao Belén das Somozas
  • Día 18 de decembro terá lugar no centro un concerto didáctico patrocinado pola deputación a través do concello.
  • O día 20 de decembro celebraremos o festival de Nadal no comedor, como todos os anos.

venres, 15 de novembro de 2013

CINE NA BIBLIO

Modestina comezou esta mañá co ciclo de cine dos continentes. Cada venres haberá na biblioteca unha sesión de cine no recreo á cal estades tod@s convidados.

Hoxe tocou comezar por Asia e vimos un pequeno documental de debuxos animados sobre "As viaxes de Marco Polo".

Houbo bastante afluencia, sobre todo de pequenos, que incluso comentaban en baixiño "ese é o meu continente", e é que están o día!!!

Espero que vos gustase e ata o próximo venres que tocará unha peli de VIKINGOS!!!

Algunhas fotiños:










xoves, 14 de novembro de 2013

LOVE IS THE AIR...



Pois parece que conseguimos o tema...

Tras varios intentos de escribir poesía co alumnado de 6º, atopamos o tema (e que o amor é o amor). O exercicio era o seguinte:
"Realiza un poema coas palabras sorriso, calafrío, mirada e namorada". Deixo algunhas das obras de arte...

As veces dasme un sorriso
e outras un calafrío.
A túa linda mirada
dime que estás namorada.



Mirando o teu sorriso
sentín un gran calafrío.
Sentín a túa mirada
moi pouco namorada.



Cando te miro dame un sorriso
e a min un calafrío.
Ti dame unha mirada
que parece de namorada.



O teu belo sorriso
dame un calafrío.
Mira a miña mirada,
está moi namorada!


Cando vin o teu sorriso
sentín un gran calafrío.
Ó ver a túa mirada
eu síntome namorada.


Se tes un mal sorriso, 
se tes un bo calafrío.
Douche unha mirada
 se estás ben namorada.



**Pode ser que a métrica non sexa espectacular, pero creo que o fixeron bastante ben. O prometido é débeda e, por iso, ahí vos quedan!!!

Se queredes podemos subir máis poesía, soamente tedes que facela!!!

P.D. Son anónimas xa que, como tod@s sabedes, o amor da moita vergoña...


FORMACIÓN DE USUARIOS

Como todos os anos, na biblioteca de Modestina facemos formación de usuarios. Os nenos e nenas de 3º ciclo axudan á nosa tartaruga coas labores diarias da sala: préstamos, poñer orde, buscar información, axudar aos pequenos a atopar o seu libro...

Aquí tedes unhas fotos do día a día na biblio.



mércores, 13 de novembro de 2013

INDIACA

Como xa vos contei na clase a este deporte alternativo pódese xogar 1x1, dobles ou equipos. Velaí un vídeo da última modalidade.



Que vos parece o vídeo?

Credes que chegaremos a xogar así?

O CUCO de Camile Saint Saëns para 2º

Aquí tedes O CUCO de Camile Saint Saëns. Unha preguntiña para os máis traballadores: 1.- ¿Que instrumento é o que fai o cuco? clarinete, trompa ou guitarra.

martes, 12 de novembro de 2013

PRAXIAS BUCOFONATORIAS

As praxias bucofonatorias son movementos dos órganos que interveñen na fala ( lingua, beizos, padal...) que teñen como obxectivo preparar as estruturas para a correcta articulación de fonemas e palabras. Aquí vos deixo unha mostra dalgunhas praxias que levamos a cabo no P.E.L.O (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) na etapa de Educación Infantil.

NOVOS XOGOS PARA 6º



Deixo unha serie de enlaces con diferentes xogos para ir practicando os temas que estamos a traballar na clase dun xeito diferente e, seguro, que máis divertido!

MATE
  
Múltiplos de un número

Practica el m.c.m. 

Atrévete con los divisores 

¿Es primo? 

¡Para nota! 

LINGUA GALEGA

Vocabulario do tema para practicar

Un de palabriñas... 

Palabras compostas 

Pronomes

Máis pronomes 

Til diacrítico 
 

COÑECEMENTO DO MEDIO

Para comezar cos ecosistemas

Seguimos!

De animais

Espero que estos xogos vos axuden a practicar as actividades cotiás. Podedes deixar un comentario coa vosa opinión ou algunha suxerencia.

NOVOS XOGOS PARA 5º



Deixo varios enlaces de actividades coas que podes practicar diferentes temas de clase.

MATE

Para comenzar con fracciones

Comparación de fracciones

LINGUA GALEGA

Vocabulario do tema

Palabras polisémicas

Clasifica os nomes

Ditongo e hiato

Ditongo e hiato 2

COÑECEMENTO DO MEDIO

Vídeo sobre a circulación


Que che pareceron?Podes deixar un comentario coa túa opinión!



CONCURSO DE CHISTES

Ola de novo a todos e todas. Estou moi contento cos chistes que me mandáchedes. Quero agradecer a: Diego, Hugo, Sergio Loureiro, Tania, Elías, Marta, Julián, Nerea, Paula, Daniel Moreno e Tomás por participar tan activamente nesta 1ª categoría de chistes. Tamén aos mestres: Isa, Esther, Abel e Almudena. COMUNICAR QUE O LUNS DÍA 25 REMATA O PRAZO PARA MANDAR CHISTES DESTA 1ª CATEGORÍA. Apurade que aínda tedes tempo de engadir algún máis. Pronto vos comunicarei como será o proceso de elección do chiste gañador desta categoría. MOITAS RISAS PARA TODOS E TODAS! CHISTÍN.

 

Ola a todos e todas son Chistín, o dragón máis simpaticón e como sabedes encántanme os chistes así que quero que empecedes a mandarme todos os que poidades e canto máis diveritidos mellor. A 1ª categoría que vos poño é CHISTES DO MUNDO Podedes poñer chistes de países, de zonas,de idiomas... pero todos con moito respecto. COMEZA O CONCURSO CON: CHISTES DO MUNDO.

luns, 11 de novembro de 2013

Os nenos e nenas de 4/5 anos tivemos dúas celebracións de cumpleanos no mes de setembro e outubro. Estiveron de cumple Tomás (5 anos) e Carlos (4 anos) que celebramos por todo o alto cunha pequena festa. ¡FELICIDADES CHICOS!

Zapateado para 4º

Aquí tedes a audición do ZAPATEADO de Pablo Sarasate.

Contestada agora a estas preguntiñas:
¿Que instrumentos escoitades?
¿Que é o Pizzicato"?

xoves, 7 de novembro de 2013

CUMPLEANOS


No mes de OUTUBRO estivemos de celebracións: O Magosto, O Samaín e... FESTAS DE CUMPLEANOS. Mara e Katy son maiores!!! Xa teñen 3 anos.

Todos os nen@s da aula de 3-4 anos felicitámolas e compartimos momentos especiais. Mirade como o pasamos:

 

                                      FELICIDADES  KATY!!!!



                                        FELICIDADES   MARA!!!!

 

ROLDA 2

Boas de novo!!!
Aquí estamos coa nova rolda de preguntas despois desta apaixoante primeira rolda. Xa sabedes, podedes entregar ou ben en formato papel ou ben por correo, moito máis sinxelo, enviando as respostas a ampineiro25@gmail.com.

Pobre Modestina, que cantidade de preguntas sen resposta está a ter, queres axudala? Pois ahí vai:

1.- Comezamos con unha que vai para nota. Quen é o señor da foto? PISTA: ten que ver moito con Moeche.

2.- Seguimos falando de Moeche. Modestina, que é moi amiga de saber, escoitou un rumor sobre unha película rodada na nosa vila. Estaredes tod@s pensando o mesmo, cine na vila??? Que película ten a honra de poder ter rodado unhas escenas no Castelo?
3.- Existe unha panda na biblioteca, unha desas pandas "colegas" da tartaruga máis famosa do cole. Dígovos os nomes da panda e vos lle lembrades como se chaman en conxunto: Carlos, Loli, Pili, Braulio, Chispa, Sonia e Tatá. PISTA: os máis peques do centro seguro que vos poden botar unha man.
4.- Que foi o que viron a expedición dos 10.000 de Jenofonte cando dixeron: "Thalassa, thalassa"?
5.- Na anterior rolda estivemos a falar de deuses gregos, pero o que Modestina quere saber nesta ocasión é que deusa grega inspirou este famoso símbolo:







 6.- Percy Spencer unha vez tivo un erro, un despiste que deu lugar a un invento que habita en moitas casas do mundo agora mesmo. A nosa mascota sabe que foi algo relacionado con que unha chocolatina se lle derretiu nun peto, que cousa máis rara... Cal foi o invento que xurdiu diso?
7.- Este ano imos adicar moito tempo e esforzo aos continentes, e Modestina tamén esta a traballar para iso. Pero xa sabedes que ten moitas dúbidas. Unha delas é que quere saber cal é o estado dos EEUU que está situado máis ó Norte, ó Leste e ó Oeste Á VEZ!
8.- VAIA! Modestina está alucinada. Hai un municipio que ten o privilexio de ter o nome máis curto do mundo. Onde está? Quere saber país e continente...
9.-  taumatawhakatangihangakoauotamateturipukakapikimaungahoro-nukupokaiwhenua kitanatahu
Non chic@s, non tropecei co teclado. Iso que tedes arriba é o nomce dunha colina. Onde está situada e en que continente?
10.- Que é? Onde se atopa? (País e continente).

11.- Falemos de África. Nese continente existe un país que está totalmente rodeado por outros países. Cal é?
12.- Modestina ten un libro na biblioteca que fala de Exipto. Nese volume aparecen dous animais momificados. Cales son?
13.- Modestina deixou escrito por algún lugar de este blogue o nome do terceiro homenaxeado na historia das Letras Galegas. Tedes que buscar quen é e dicirlle á tartaruga en que sección se atopa agochado este personaxe.
14.- Onde foi tomada esta fotografía? Que representa?


15.- Seguro que algunha vez lle escoitáchedes á profe María (sempre e cando estades atentos) falar dos "false friends" en Inglés. A que se refire cando os nomes?

XOGO EXTRA: 2 puntos extra para quen os resolva.

MODESTINA ESTÁ SECUESTRADA!!! DESAPARECEU DA BIBLIOTECA!!!

A única maneira de atopala é resolver  seguinte enigma. Modestina atópase no lugar onde se atopa a letra OMEGA. A buscar...



mércores, 6 de novembro de 2013

CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER...

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA PRIMEIRA PROBA


POSICIÓN EQUIPO PUNTOS FOLLA 1 TOTAL DE PUNTOS
1
EL DÚO GANADOR
12 + 2
14
2
CLUB 3º
11,5 + 2
13,5
3
STARTS
10,5 + 2
12,5
4
MODESTINAS
9,5 + 2
11,5
5
LOS ARRASADORES
9 + 2
11
6
STARTS FINISH
7 + 2
9
7
MOECHE
8
8
8
MADRILEÑOS
S.C.
0
9
LOS GUERREROS
S.C.
0


Atendede a esta sección para seguir traballando en novas follas de preguntas nas que me tedes que axudar. Ademais seguirá habendo xogos extra para sumar máis puntos!!!