Estimadas familias, dende a ANPA CEIP San Ramón de Moeche vos damos a a benvida a este curso escolar (2022/2023) no que agardamos recuperar o contacto e a celebración de datas especiais, que se viron interrompidas polo Covid.
Grazas á colaboración e axuda que recibimos do noso cole, temos a posibilidade de compartir información e documentación de interese a través do blogue, esperamos que vos sexa de utilidade.
Queremos dar un saúdo especial de acollida a todas as FAMILIAS QUE EMPEZAN ESTE ANO, tanto ao alumado de infantil que inicia súa andaina escolar como ao alumnado que se incorpora doutros centros:
AGARDAMOS QUE TEÑADES UNA BOA ACOLLIDA, COMPROVAREDES EN BREVE QUE TOMASTEDES A MELLOR DECISIÓN AO CONFIAR NO CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE PARA MATRICULAR @S VOS@S FILL@S.
Aquí atoparedes un cole rural marabilloso:
¾ cun alumnado que SEMPRE está a altura (aínda que a veces, sexan moi pequen@s). Ofrecendo APOIO INCONDICIONAL a nov@s compañeir@s,
¾ un equipo directivo e docente implicado e disposto SEMPRE a buscar a mellor solución,
¾ e unhas familias que facilitarán o voso proceso de adaptación,
Aproveitamos tamén para dar a BENVIDA AO NOVO PROFESORADO QUE SE INCORPORA ESTE ANO, simplemente desexarvos un bo curso e que saibades, que ao igual que coas familias, a ANPA do CEIP San Ramón de Moeche está aquí para colaborar e buscar solucións ante calquera situación/ necesidade que vai xurdindo.
A continuación, vos explicamos a documentación e procedementos que temos para o inicio de curso.
1. Por unha banda, atoparedes a FICHA DE INSCRICIÓN para aquelas familias que desexen asociarse durante o curso 2022 e 2023.
2. Por outra banda, atoparedes o documento que explica as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES que vos ofrecemos dende ANPA para ver se podemos organizar un grupo que cumpra as condicións que nos esixen.
En todo caso, xa se explica en cada caso, todo o que precisades saber en cada documento.
Para achegar a documentación/información que vos interesa, tedes 3 opcións:
OPCIÓN 1. VÍA TELEMÁTICA
A través de formulario de google, que vos permitirá cubrir directamente os datos e envialos premendo un botón:
Este é o enlace da FICHA DE INSCRICIÓN:
https://forms.gle/rZPUR516UM1xRDBE7
Este é o enlace de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
https://forms.gle/1vN8k7BEUAkw5CaX9
Nota aclaratoria: dende o móbil abrirá o enlace directamente, pero se o fas dende un ordenador e o enlace non che abre directamente, solicitando actualizar o navegador, proba a copia e pegar directamente o enlace na barra de dirección.
OPCIÓN 2. CORREO ELECTRÓNICO:
Descargando a FICHA DE INSCRICIÓN ou documento ATIVIDADES EXTRAESCOLARES en formato editable (word), cubrides os datos solicitados e achegades por correo electrónico anpamoeche@hotmail.com.
OPCIÓN 3. EN FORMATO PAPEL
Imprimindo o TRIPTICO en formato pdf, cubrides os datos solicitados e entregades o documento no BUZÓN DA ANPA QUE TEMOS NA PORTA EXTERIOR.
Se non tedes impresora na casa, no vos preocupedes, que calquera das que estamos na ANPA vos faremos unha impresión e vola entregamos.
Podedes contactar no móbil 696495349 (preguntade por Raquel) e xa coordinamos no momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.