domingo, 27 de maio de 2018


   Durante o mes de Maio e Xuño varias familias acudiron ao cole para lernos contos moi divertidos!!

A nai e o pai de Alex ( (6ºEducación Infantil) na biblioteca, leron e representaron o conto 
"Os Avós". 
Foi un rato moi agradable e divertido. Grazas pola vosa colaboración!!




OUTRA ACTIVIDADE MOI BONITA, QUE O ALUMNADO DE 1º E 2º QUEREN COMPARTIR
É:

"O Conto de Carlota" inventado por Carla (alumna en practicas e futura mestra). Un conto sobre a igualdade e no que os ilustradores e ilustradoras foron os propios nenos e nenas.
Compartiron co resto do colexio, na biblioteca, este conto e utilizaron o Kamishibai.
Aquí deixamos unha imaxes desa historia.









ACTIVIDADES  INTERESANTES:

Fai uns días, tivemos a oportunidade de disfrutar da exposición, dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, sobre Ángeles Alvariño; continuando na linea que levamos este curso sobre as mulleres,
e aproveitando o libro "Pioneiras". Aquí van unhas imaxes desa exposición tan bonita.
Cabe indicar que este traballo foi guiado por Carla (alumna en practicas e futura mestra).







 COMO EN OCASIÓNS ANTERIORES...

                              EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE A ESTACIÓN PRIMAVERAL

Lembrade que os libros son escollidos e seleccionados polo alumnado voluntario, colaborador coa biblioteca.

xoves, 17 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2018

O pasado mércores tivemos unha xornada moi especial no cole. Celebramos o Día das Nosas Letras e tamén os maios. Para dita xornada preparamos todo con moito mimo, xa que días antes as familias colaboraron traendo moitas flores para decorar todo, os peques tinguiron todo o serrín de diversas cores, preparando unhas estupendas danzas e traballaron moito sobre a autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno.

A xornada festivatranscorreu con moita ledicia e actividades cheas de cor e diversión, comezando por unha división en grupos para facer catro actividades: xogos populares, obradoiro de poesía na biblioteca, alfombra floral e construción dun maio.

FOTOS DAS ACTIVIDADES

Despois de ditas tarefas, a fame comezaba a asomar, así que paramos para tomar un pouco de larpeirada e continuar con forzas para as danzas tradicionais, as cales podedes visualizar ou descargar no seguinte enlace:

DANZAS


- Os peques da casa fixeron "Camiño de Viseu".
- Os medianos "A danza de paus"
- Os maiores "Danza de arcos de Cariño", "Entrelazado de Allariz"
- Profes e alumnado "Global Muiñeira"


Quremos agradecer a toda a comunidade educativa pola súa colaboración: alumnos/as, mestras, familais, concello e grupo "No Cómbaro" que nos acompañou amenizando a festa...

GRAZAS E ATA A PRÓXIMA!!!

sábado, 12 de maio de 2018



DÍA   DO  LIBRO   NO  COLE  SAN  RAMÓN,  MOECHE

     Este curso celebramos o Día do libro con actividades varias. E como toda celebración, durante uns días estivemos cos preparativos, principalmente para levar a cabo o "Apadriñamento Lector", polo que uns días antes, cada padriño, cada madriña ía en busca dos seus afillad@s para elexir o libro que querían compartir.
Aquí vai unha foto desa selección:




Asemade, podedes acceder ao seguinte link que ten varias fotografías de todas as actividades: apadriñamento lector, contacontos con Iago López, lecturas do alumnado...





venres, 11 de maio de 2018

CHISTES FINALISTAS 3ª CATEGORIA

 CHISTE 1: SANDRA 6º
 Ábrese o telón e vese a una gorda. Cérrase o telón. Ábrese o telón e vese á gorda armada.
Qué película é?

"Se armó la gorda"

                                                                                                        

SERGIO 3 ANOS
Ábrese o telón, aparece un home moi gordo e outro moi fraco. Cerra o telón. Abre o telón, aparece só o gordo. Como se chama a película?
"LO QUE EL VIENTO SE LLEVÓ".




HÉCTOR 4 ANOS
Ábrese o telón e aparece un can mordendo a un señor.Báixase o telón... Volve a subir, e vese o mesmo can mordendo outra vez ao mesmo señor.
Baiza o telón. Como se chama a película?
"REMORDIMENTO".



OIHANE 4 ANOS

Ábrese o telón e aparece un coche que pon encima "TASI". Como se chama a película?
MAL ... CON X.

mércores, 9 de maio de 2018