mércores, 9 de decembro de 2015

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN "MODESTINA QUERE SABER..."

Boas amigos/as!!!

Modestina agradécevos que lle axudarades a resolver as súas dúbidas sobre a bandeira olímpica. Ela deixa as respostas aquí por se quedase algunha cuestión pendente:

1.- A fotografía respresenta a bandeira olímpica compostas polos 5 aros.
2.- Son 5 aros porque representa os 5 continentes habitados.
3.- A elección das cores ten unha versión bastante difundida por Internet que di que eran así porque tiñan algunha relación con cada un dos continentes: por exemplo, as cores poderían representarse así polas peles dos habitantes de cada continente. Pero a carta olímpica, sendo documento oficial dos xogos non acepta esta teoría. A teoría válida para a mesma é que todas as cores representadas na bandeira, xunto co branco de fondo, aparecen nas bandeiras oficiais de tódolos países do mundo, combinadas dunha ou outra maneira.
4.- Simboliza a unión ou amizade dos pobos participantes.
5.- Aínda que a bandeira foi adoptada en 1914, non se pode ver a mesma ata os xogos de Amberes 1920, xa que os anteriores terían que suspenderse debido á 1ª Guerra Mundial.

Con isto, a clasificación queda da seguinte maneira:

1.- OS FERROJANCHOS         5 PUNTOS
1.- LOS VENGADORES           5 PUNTOS
3.- STARTS INSUPERABLES   4,5 PUNTOS
4.- LAS ROCKERAS                 3,5 PUNTOS
5.- STARTS                                 3,5 PUNTOS

GRAZAS E ATA Á PRÓXIMA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.