LENCIO
Este curso puxéronse en marcha dende o comedor escolar
dúas novidades relevantes, a instalación dun semáforo de control de volume e ruídos (ao que chamamos “Lencio”) e
o concurso “Super Chef” de Moeche.
“Lencio” é o encargado de premiar os
niveis aceptables de son durante o servizo de comedor (cor verde), aínda que
tamén penaliza (cor vermella) cando se supera o nivel. Tense establecido un
mínimo de verdes para poder obtar a un premio por semana, consistente nunhas
larpeiradas, motivando aos rapaces a comer sen alborotar e barullar.
Por outra banda, as familias foron convidadas a
participar no concurso “Super Chef” de Moeche enviando receitas dun primeiro ou
segundo prato, así como dunha sobremesa.
Moitas receitas foron
preparadas e servidas no comedor ao longo do curso, pero especialmente no 2º e
3º trimestre escolar. O alumnado tivo ocasión de amosar a súa opinión sobre as
distintas receitas, por medio de votacións no blogue do centro.
O xurado elexiu (pero aínda
non se desvela) aqueles pratos máis destacados polos rapaces nas votacións, así
como polo profesorado do centro, e todas as familias participantes terán un
agasallo culinario, especialmente as seleccionadas.
Deste xeito pretendemos que
o comedor sexa máis voso, enriquecido polas vosas aportacións. Estamos
contentos coa resposta obtida, xa que foron moitas as familias partipantes.
O vindeiro 23 de maio, na
feira de Moeche, haberá un posto de venda dun libro no que se recopilan todas
as receitas recibidas, incluso algunhas que non deu tempo de preparalas ou era
algo complicadas para poder realizar na cociña do cole, polo tempo ou
dificultade de elaboración. Os cartos recaudados serán para a excursión de fin
de curso dos rapaces/as.
Moitas grazas a todas as familias participantes e, especialmente, polo seu
traballo e ilusión neste concurso, a
Ana, Sandra e Pilar, por cociñar de maravilla e dar todas as facilidades
para poder levalo adiante.
Sen familias e cociñeiras
que colaborasen non poderíamos realizar o concurso, nen veríamos o seu éxito.
Esperámosvos a todos e todas para que veñades mercarnos un libro ou incluso
un precioso mandil co Castelo de Moeche.
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.