Informamos ás familias
de que este ano volveremos a facer o “Mercado de libros de segunda man”, no cal
o alumnado poderá comprar libros cedidos por outr@s compañeir@s. Para iso os
nenos/as traerán ao colexio todos aqueles libros que queiran vender. Tamén se
poderán traer outros materiais como xoguetes, complementos ou calquera material
sempre que se atope en bo estado.
Podedes
traer materiais desde mañá, comezando as ventas a partires do luns 23 en
horario de recreo e polas tardes de 15:00 a 16:30. Poden comprar tanto os
alumnos/as coma calquera persoa que queira colaborar, nos horarios
establecidos.
Todo
o recadado será para a excursión de fin de curso de todo o centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.