xoves, 26 de febreiro de 2015

MODESTINA QUERE SABER... 5ª ROLDA

Ola chic@s!!!

Aquí está de novo a nosa tartaruga para ofrecervos unha rolda especial, unha rolda que se resolverá TODA na biblioteca do cole...
E é que Modestina está un pouco agobiada, xa que non sabe onde meteu varios dos seus libros e materiais... QUEN LLE AXUDA?

TEDES QUE ESCRIBIR (todas as preguntas se refiren a libros DA NOSA BIBLIOTECA)...

1.- O título dun libro escrito por unha muller.
2.- O título dunha colección de contos para nenos/as.
3.- Algún conto escrito por un autor/a da comarca de Ferrol.
4.- O nome de todos os Bolechas.
5.- O nome do crocodilo condutor do autobús da biblioteca.
6.- O título dun libro que teña que ver con Moeche.
7.- As cores das etiquetas dos contos para nenos de 2º e 3º ciclo.
8.- O título dalgún cómic.
9.- A cor adicada aos libros do fondo local.
10.- O número de mesas existentes na sala de lectura.
11.- O nome dun ilustrador que o seu apelido comece por "C".
12.- Os nomes dos nenos/as de Megatoxos.
13.- Un conto que teña dous adxectivos no seu título.
14.- O título dalgunha fábula.
15.- Un libro que teña dous nomes propios no seu título.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.