mércores, 16 de decembro de 2015

GUÍA DE NADAL 2015

Coma todos os anos Modestina quere recomendar unhas lecturas para o Nadal. Para iso podedes consultar a seguinte guía por niveis:






sábado, 12 de decembro de 2015

TRAILER OBRA DE TEATRO 5º E 6º

Boas!!!

Os nenos/as de 5º e 6º teñen prepada unha pedazo actuación que non podedes perder...

Non faltedes o venres! Mentres tanto, aquí tedes un pequeno adianto da nosa obra de teatro...


venres, 11 de decembro de 2015

RUDOLPH THE RED NOSED REINDEERSONG

LEARN AND ENJOY IT!!!



mércores, 9 de decembro de 2015

OS SELFIES DE MODESTINA ROLDA 2

Boas familias!

Como sabemos que estades tolos/as por seguir cos selfies velaquí vai unha segunda rolda...

Unha cousiña importante, como vemos que sodes uns artistas daremos un punto extra a familia que realice o "Selfie máis navideño" (sendo nun dos lugares que pide a nosa tartaruga).

Xa sabedes, 3 fotos e respostas as preguntas...

SORTE!




1.- En que parroquia do noso concello se atopa Modestina? Que construcción hai á súa esquerda?
2.- Por que pon iso esa señal?


1.- Que importante local hai nese lugar no que se atopa a nosa tartaruga?
2.- Antigamente, dentro do local, deuse algunha actividade para nenos, pon algún exemplo.




1.- Onde se atopa Modestina? Que é ese local que se ve?
2.- Que deporte se podía practicar antigamente nese lugar?





DATA DE ENTREGA: 18 DE XANEIRO

2ª ROLDA DE MODESTINA QUERE SABER...

Nesta ocasión Modestina quere que lle axudedes a adiviñar que representan unha serie de fotografías. Tedes que miralas e dicir quen é ou que é...
(O tedes tamén pegado no taboleiro da biblioteca)
SORTE


DATA DE ENTREGA: 

18 DE XANEIRO

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN "MODESTINA QUERE SABER..."

Boas amigos/as!!!

Modestina agradécevos que lle axudarades a resolver as súas dúbidas sobre a bandeira olímpica. Ela deixa as respostas aquí por se quedase algunha cuestión pendente:

1.- A fotografía respresenta a bandeira olímpica compostas polos 5 aros.
2.- Son 5 aros porque representa os 5 continentes habitados.
3.- A elección das cores ten unha versión bastante difundida por Internet que di que eran así porque tiñan algunha relación con cada un dos continentes: por exemplo, as cores poderían representarse así polas peles dos habitantes de cada continente. Pero a carta olímpica, sendo documento oficial dos xogos non acepta esta teoría. A teoría válida para a mesma é que todas as cores representadas na bandeira, xunto co branco de fondo, aparecen nas bandeiras oficiais de tódolos países do mundo, combinadas dunha ou outra maneira.
4.- Simboliza a unión ou amizade dos pobos participantes.
5.- Aínda que a bandeira foi adoptada en 1914, non se pode ver a mesma ata os xogos de Amberes 1920, xa que os anteriores terían que suspenderse debido á 1ª Guerra Mundial.

Con isto, a clasificación queda da seguinte maneira:

1.- OS FERROJANCHOS         5 PUNTOS
1.- LOS VENGADORES           5 PUNTOS
3.- STARTS INSUPERABLES   4,5 PUNTOS
4.- LAS ROCKERAS                 3,5 PUNTOS
5.- STARTS                                 3,5 PUNTOS

GRAZAS E ATA Á PRÓXIMA!!!

sábado, 28 de novembro de 2015

25 -N E CONCERTO DE ROCK

A semana pasada celebramos o Día en contra da violencia de xénero, onde participamos nun concurso de lemas organizado polo Concello de Moeche (podédelos ver nunha exposición no centro) e puidemos disfrutar dunhas actividades para tódolos cursos.





Por outra banda tamén participamos nun concertazo de Rock no cal bailamos moito e o pasamos en grande: Desde o centro agradecemos ao Concello por ofrecer ditas actividades.

venres, 20 de novembro de 2015

FOTOS DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Deixamos unha serie de fotografías das actividades complementarias das pasadas semanas:


O clube de Kick Boxing Sansa realizou unha sesión onde ensionou aos nos@s nen@s unha serie de movementos básicos desta disciplina. Moitas grazas a eles e ao Concello de Moeche por ofertar a actividade. Día do Peón celebrado no CPI San Sadurniño con outros centros da comarca: Simulacro de incendio:



martes, 17 de novembro de 2015

PLASTICA NO MAGOSTO E SAMAÍN

Marcapáxinas de araña vampiresca.


Chaveiros monstruosos elaborados con corchos e adornos varios.









Caixiñas moucho para gominolas e caramelos.



 Mural de outono para o corredor do colexio.


  Poesías do outono



venres, 13 de novembro de 2015

Palestrina 5º y 6º

Mirad y escuchad este video. A continuación, cada uno debe escribir dos características de esta obra(recordad todo lo aprendido en clase sobre el canto gregoriano)
A ver quién sabe como se llama ese aparatito que tiene el director del coro y que muestra antes de empezar la actuación. ¿Para qué sirve?

martes, 10 de novembro de 2015

RECURSOS MATEMÁTICAS 5º E 6º


Deixo unha serie de enlaces para traballar os números decimais, espero que sexan de axuda...










MODESTINA QUERE SABER... ROLDA 1


XA ESTÁ AQUÍ UN ANO MÁIS A NOSA MODESTINA CON NOVAS DÚBIDAS QUE ESPERA QUE LLE AXUDEDES A RESOLVER...


  1. Que é?
  2. Cal é a razón de que haxa cinco aros?
  3. Por que son esas cores e non outras?
  4. Que significado ten que os aros se atopen enlazados uns con outros?
  5. Cando foi a primeira vez na historia que se puido ver unha bandeira con ese símbolo?

luns, 9 de novembro de 2015

OS SELFIES DE MODESTINA 2ª EDICIÓN

Boas familias!!!

Por fin chegou o día, Modestina, a tartaruga máis famosa de toda a volta xa está outra vez a facer das súas. Coma sempre estivo a facerse uns selfies por Moeche adiante e, agora, quere que sexades vós quen realicedes o mesmo.

Xa sabedes, en cada un dos selfies da nosa mascota debedes buscar o lugar, realizar o voso selfie familiar e responder ás preguntas.

Para entregar podedes enviar un correo electrónico a ampineiro25@gmail.com ou ben traelo á biblioteca nun pen drive.

PRAZO DE ENTREGA : 30 DE NOVEMBRO

SORTE!!!


1.- Onde se atopa Modestina?
2.- Xusto nese lugar, hai moito tempo, celebrábase algo... o que?


1.- En que construcción local quere colarse a nosa tartaruga?
2.- Como se chama ese burato por onde esta a intentalo?



1.- Xa que estamos con deportes este ano... que deporte podería estar vendo Modestina unha fin de semana xusto aí?
2.- Como se chama o equipo que disputa os seus partidos nese campo?

xoves, 5 de novembro de 2015

Partitura de canto gregoriano 5º y 6º

Aquí os dejo una partitura de canto gregoriano para que después de leerla y revisarla, contestéis a las preguntas del cuestionario entregado en clase.


mércores, 4 de novembro de 2015

COMEZAMOS CONCURSOS!!!


Modestina comeza xa cos seus concursos anuais!!! SE TODAVÍA NON ESTÁS INSCRITO AÍNDA PODES FACELO. NON O PENSES MÁIS E PASA A BOLA!!! SOMOS POUCOS E QUEREMOS SER MÁIS!

MODESTINA QUERE SABER...5ª EDICIÓN (para tod@s os nen@s de Primaria)

OS SELFIES DE MODESTINA 2ª EDICIÓN (para tódalas familias que o desexen)

O vindeiro martes 10 publicaremos no blogue as primeiras roldas dos mesmos e... A BUSCAR!!!

xoves, 29 de outubro de 2015





Henry Mancini para 4º

Aquí os dejo "el paseo del pequeño elefante" de la película Hatari. Como ya sabéis la música de esta película fue compuesta por Henry Mancini.
A trabajar!!!

Música de Henry Mancini para 4º

Aquí tenéis un video con una de las bandas sonoras de este compositor. Averigua de cúal se trata y en para qué película la compuso.

domingo, 25 de outubro de 2015

CONCURSO TERRORÍFICO



Con motivo da celebración do Samaín esta semana no cole, propoñemos un terrorífico concurso de fotos de medo!
Soamente tedes que coller a vosa cámara e realizar unha foto de algo que sexa realmente escalofriante, a deixar voar a vosa imaxinación!
Non vale descargar unha da rede, non sexades vag@s...

O PRAZO REMATA O MÉRCORES 29. ESE DÍA, NA FESTA QUE CELEBRAMOS COAS FAMILIAS SE VOTARÁ AO GAÑADOR, QUE TERÁ UN PEQUENO AGASALLO...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

xoves, 22 de outubro de 2015

RUGBY NA ESCOLA

O pasado martes tivemos a sorte de poder contar co Clube de Rugby Ferrol no cole. Dous xogadores profesionais, Toni e Max, ensináronnos moitas cousas sobre este deporte. Pasámolo moi ben e esperamos repetir!!!


PROXECTO OS XOGOS OLÍMPICOS

Durante este curso, o proxecto central do noso cole xirará en torno á temática dos Xogos Olímpicos.
A través de moitas actividades, traballos e visitas confiamos en que aprendamos moitas cousas sobre os deportes e os seus valores.
Claro está, o primeiro que fixemos foi a cerimonia inaugural con desfile e antorchas incluídas. Velaquí un pequeno vídeo resumo da celebración. Esperemos que vos guste!


mércores, 21 de outubro de 2015

Para Elisa de Beethoven para 2º

Aquí os dejo un video con la música de la obra "Para Elisa" de Beethoven. Espero que os guste

martes, 20 de outubro de 2015

venres, 9 de outubro de 2015

CONCURSOS BIBLIOTECA

Como xa sabedes a biblioteca abre a apertura de inscrición aos seus concursos anuais. Son:
MODESTINA QUERE SABER... 5ª EDICIÓN onde os nenos/as deberán solucionar as dúbidas que a nosa mascota ten en relación a diversos temas. Para elo deberán investigar por internet, libros etc

OS SELFIES DE MODESTINA no cal se concursa por familias. A nosa tartaruga se realiza uns selfies por todo Moeche para que os nenos/as, súas familias, vaian ao mesmo sitio, realicen o seu selfie e respondan a unhas preguntas sobre o lugar.

PODEDES INSCRIBIRVOS ATA O LUNS 20 DE OUTUBRO

ANIMÁDEVOS!!!


sábado, 26 de setembro de 2015

VOLEIBOL NO COLE

O pasado xoves, o grupo dos maiores, tiveron a gran sorte de recibir a visita do Clube de voleibol Aldebarán de San Sadurniño. Manolo, todo un clásico do deporte, visitounos con tres grandes xogadores como son Pablo Prada, Fran e Uxío. Todos eles nos ensinaron moito sobre o deporte, aprendemos a facer diferentes toques, a sacar e incluso fixemos un partido. Aínda que o que máis nos chamou a atención foi a pedazo exhibición de remates na rede que nos ofreceron!!!

Moitísimas grazas pola visita! Esperamos que outro día poidamos xogar outra vez!

Deixo un vídeo resumo da actividade, ademais dunha galería de fotos. Confío que vos guste!!!




martes, 30 de xuño de 2015

APERTURA PRAZO COLABORADORES COMEDOR

Apertura de prazo de prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios no comedor para o curos 2015-2016.
Para anotarse poderán pasar polo centro en horario de 9:30 horas a 11:30 horas ata o día 3 de xullo ou en setembro a partir do día 1.


STORY TELLING

Deixamos os enlaces para ver os vídeos íntegros dos Story Telling en inglés. Os nen@s practicaron moito para facelo así de ben. Unha experiencia moi enriquecedora para eles/as na cal aprenderon moitísimo mediante contos en lingua inglesa.

MIRÁDEO, SON FANTÁSTICOS!!!

STORY TELLING LETI E NAYARA


STORY TELLING DANI E ADRIÁN


STORY TELLING NEREA, SERGIO E AROA



STORY TELLING NOEL, DAVID E FABIÁN



STORY TELLING PAULA E LETI



STORY TELLING 1º CICLO





venres, 26 de xuño de 2015

ACTIVIDADES MES DE XUÑO

Boas!

A continuación deixaremos unha galería fotográfica das actividades realizadas no último mes:

EXPOSICIÓN FINAL DO PROXECTO "A NOSA CONTORNA" onde o alumnado puxo en común todo o aprendido no Proxecto Documental do curso 2014 - 2015 sobre Moeche.




CONTACONTOS FAMILIARES: última sesión desta iniciativa onde as familias podíades vir á escola a contar un conto cos nen@s. Moitas grazas a Andrés (papá de Emilly) por ler a historia de Caillou!!!




FOTOS DO STORY TELLING DO 1º CICLO: o grupo de 1º ciclo nos contou e escenificou "The enourmous turnip" en inglés. Proximamente subiremos vídeo da actividade...




REPOSTEIROS MODESTINOS: para a merenda do penúltimo día convertémonos en cociñeiros/as. En primeiro lugar facíamos a receita e despois... ÑAM!!!




DÍA DO MEDIO AMBIENTE: un ano máis o concello agasallounos cunha planta e lemos unhas lecturas sobre o tema.



EXCURSIÓN A CORUÑA: podedes ver en fotografías o ben que o pasamos na saída de final de curso (Domus, Casa das Ciencias, Planetario, Parque Santa Margarida e Monte de San Pedro).


ENTREGA DE PREMIOS "MASTECHEF MOECHE", "OS SELFIES DE MODESTINA" E "MODESTINA QUERE SABER..."



II XOGOS OLÍMPICOS SAN RAMÓN 2015: para rematar o curso pasamos unha mañá de deportes. Fixémolo moi ben!!!

mércores, 24 de xuño de 2015

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN



A nosa tartaruga quere desexarvos unhas felices vacacións de verán e recomendar unhas lecturas que seguro que vos gustaran. A aventura de ler continúa!!!




sábado, 13 de xuño de 2015

CLASIFICACIÓNS FINAIS CONCURSOS BIBLIOTECA

OS SELFIES DE MODESTINA


FAMILIA
PUNTOS ÚLTIMA ROLDA
PUNTOS FINAIS
1
LUCÍA
7,5
45,5
2
CARLOS BOUZA
8
45
3
PAULA SANJURJO
7,5
44,5
4
NOEL
8
44
5
MARTA
8
43
6
SANDRA
7,5
42,5
7
SERGIO E UXÍA
6
42
8
XAQUÍN
7,5
41,5
9
LOUREIRO
6
40
Tamén participaron Aroa, Nerea, Fran, Julián, Luca, e Tomás

MODESTINA QUERE SABER...


EQUIPO
PTS ROLDA FINAL
PTS TOTAIS
1
STARTS (Paula S., Nerea e Lucía)
5
92
2
PLANETA DE LAS CHICAS (Noel, Paula G. e Nayara)
6
78,5
3
GOLEADORES (Adrián, Daniel e Freire)
3
72,5
4
BEST FRIENDS (Marta, Sandra e Saray)
6
70,5
5
MANCHITAS (Uxía, Antía e Leticia)
2
69
6
LOS CRACKS (Fabián e David)
6
22

xoves, 11 de xuño de 2015

SAÍDA A SANTIAGO

O alumnado de 2º e 3º ciclo foi, o pasado luns, a realizar unha visita pola capital da nosa comunidade. Na mesma aprendemos moitas cousas:
- No Parlamento de Galicia nos ensinaron cales son as súas funcións, como traballan...
- Visitamos a Cidade da Cultura e, por suposto, a súa enorme biblioteca.
- Comimos e paseamos pola Alameda de Santiago.
- Despois dun paseo pola zona vella visitamos a catedral, tanto o seu interior como os tellados.

Saída complementaria das asignaturas de COÑECEMENTO DO MEDIO e CIENCIAS SOCIAIS.

Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos...


mércores, 10 de xuño de 2015

ENTREGAS DE PREMIOS

No recreo do venres na biblioteca terán lugar as entregas de premios dos concursos:

- MODESTINA QUERE SABER...
- OS SELFIES DE MODESTINA
- MASTERCHEF MOECHE

Non faltedes!

RESPOSTAS "OS SELFIES DE MODESTINA" ÚLTIMA ROLDA

Aquí deixamos as respostas...

1.- O lugar coñecido no que descansaba a nosa tartaruga, como ben resolvístedes, era o antigo palco das festas de Santa Cruz. Se estamos nese lugar a Casa do Concello máis próxima é a de As Somozas (desde ese lugar chégase antes).

2.- Nesta segunda fotografía Modestina estaba colgada dunha árbore que hai ao pé da antiga Casa do Concello de Moeche, na parroquia de San Xurxo.

3.- Estabamos diante do colexio, e se pode ver o pavillón de deportes. Xusto detrás de Modestina temos unha estación meteorolóxica coa cal os nenos e nenas do cole miran as temperaturas, precipitacións etc
Tamén se pode ver a pista de fútbol sala do centro que se usa, cando nos portamos ben, para xogar...

4.- No último selfie do concurso Modestina foi ao aparcamento do pavillón polideportivo municipal, que é amplo para acoller os grandes eventos.


MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO. NON DUBIDEDES EN APUNTARVOS PARA O ANO PRÓXIMO!!!

FAREMOS A ENTREGA DE PREMIOS DESTE CONCURSO O VENRES NO RECREO. SORTE E QUE GANE O MELLOR!!!

BICOS MODESTINOS!!!

luns, 1 de xuño de 2015

AXUDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2015/2016

Informamos de que hoxe luns día 1 de xuño saíron publicadas as bases para a solicitude de axuda de libros curso 2015-2016 para alumnos que cursen 1°, 2°, 4° e 6°.
Tamén saiu publicado o fondo solidario de libros para os alumnos de 3° e 5°
Toda a información necesaria poden consultala no portal educativo da Xunta de Galicia ou tamén premendo neste enlace. Tamén poderán descargar os impresos de solicitude.
axuda de libros
fondo solidario de libros

Modelo solicitude fondo solidario

Modelo axuda de libros

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

Xa hai moito tempo que dúas alumnas de 5º curso, Paula Sanjurjo e Lucía Amor, levan maquinando unha historia...
Unha historia nada doada: facer un contacontos en inglés!!!

En primeiro lugar comezaron por coñecer o conto, practicar oralmente o que decía (coa axuda da mestra), memorizar etc
Pero non soamente era iso, senón que tamén crearon o conto nun formato máis grande para que se puidera ver!
En resumo, un traballo de moitas horas e esforzo, pero non hai mellor maneira de explicalo que vendo o que fixeron.

Aquí está: "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR"




Todos esos nervios iniciais valeron a pena porque VAIA ACTUACIÓN!

NORABOA LUCÍA E PAULA!

GRAZAS!!!

mércores, 27 de maio de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2015

O pasado 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas conxuntamente cos maios. Como xa é tradicional nesta data convidamos as familias para que pasaran unha mañá con nós.
Comezamos o día facendo dous grupos, un dos cales xogaban a xogos populares e o outro facía unhas fermosas alfombras florais e un bonito maio. Todo elo amenizado polo grupo "No cómbaro" e en colaboración de mestres e a monitora de deportes do Concello de Moeche.
Despois de tal esforzo tiñamos que repoñer forzas, polo que tomamos uns churros (cortesía do Concello) con chocolate.
Cos bandullos cheos e as pilas cargadas de novo retomamos a celebración, comezando por unhas danzas típicas galegas feitas polos nen@s do cole coa axuda da profe Ana.
Como non podía ser doutra maneira nesta data cantamos todos xuntos o himno galego e fixemos unha lectura sobre Filgueira Valverde (homenaxeado no presente ano).
Para rematar, como non podía ser doutra maneira, FESTA RACHADA: muiñeiras, xogos musicais e moito máis!!!

Moitísimas grazas a tod@s os que participastedes neste fermoso acto.

Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de dito día: