mércores, 17 de decembro de 2014

ROLDA 3 MODESTINA QUERE SABER...

Unha nova rolda de preguntas, nos vos demoredes na entrega...
ENTREGA: VENRES 23 DE XANEIRO

1.- Xa chegou á biblio o último libro dos Megatoxos!!! Pero o que Modestina quere saber é como se chama?
2.- Onde foi tomada a fotografía?


3.- Ultimamente fálase moito do pequeno Nicolás, e vemos habitualmente a esa persoa na televisión. Pero a nosa tartaruga sabe que el non é o auténtico pequeno Nicolás, e non se refire a que, de novo, lle collese a identidade a outra persoa. O que Modestina quere saber é en que novela se basaron os medios de comunicación para poñerlle ese nome?
4.- "El gran libro de los guerreros" é unha das novidades que está a ter éxito na biblioteca do cole, nel podedes atopar moitas cousas interesantes sobre os vikingos, por exemplo. Queremos saber que usaban os vikingos que non eran ricos para vestirse en lugar de cota de malla?
5.- No mesmo libro podemos atopar cousas sobre Alejandro Magno. Na súa época había grandes batallas de numerosos soldados que se dispoñían en filas para atacar. Os primeiros da cada fila, para defenderse, blandían unha picas enormes de sete metros de lonxitude. Como se chamaban esas armas?
6.- Que representa o escudo da imaxe?





7.- Quen lideraba aos Irmandiños cando fixeron o asalto ao castelo?
8.- Quen tivo que fuxir debido a dito asalto?
9.- Xa sabedes que a Modestina gústanlle moito os deportes, por iso, nesta ocasión quere saber onde se realizarán os seguintes Xogos Olímpicos?
10.- Que representa a imaxe?









           

11.- Na biblioteca do cole temos un libro de visitas, cal foi a útlima firma? Que día?
12.- Ser músico é moi difícil, necesítase un bo oído. Con isto, a Modestina estrañoulle moito que un músico puidese ser xordo...
Que famoso músico foi xordo gran parte da súa vida?
13.- Hai pouco tivemos no centro un gran concerto musical, que ben o pasamos!!! Pero o que a tartaruga quere saber é de que estilo de música se trataba?
14.- Quen comezou a usar isto?

 
15.- Una dúbida que lle asalta a Modestina é: se nacemos con 300 ósos, por que ao morrer temos 206?

EXTRA: xogo de palillos. Preguntade na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.