mércores, 26 de novembro de 2014

RESPOSTAS ROLDA 1 MODESTINA QUERE SABER...

Antes de nada, graciñas por resolver as dúbidas que tiña Modestina esta rolda...
Aquí deixa as respostas correctas.

1.- O primeiro selfie da historia foi feito en 1839 por Robert Cornelius:
Robert Cornelius (el si que era un avanzado na súa época...).
2.- Deixamos o selfie de Ellen NA CEREMONIA DOS ÓSCAR 2014:






3.- Marcopola é unha illa remeira (tedes o libro na biblioteca se o queredes ler).
4.- Segundo Jocobo Fernández Serrano poden pasar mil cousas, xa que ten un libro titulado "Mil cousas poden pasar".
5.- A ilustración do raposo estaba no libro do autor arriba descrito "O raposo e a mestra".












6.- A torre de homenaxe do noso castelo mide 18 metros. Que alta!!!
7.- A disciplina deportiva que se requería era o Spinning.
8.- Rutas de sendeirismo ofrecidas en outubro:
Ruta das fragas das Reigadas (Pontenova).
Ruta Camelle - Laxe.
9.- Esa tradición de conservar e secar a cabaza é de Quiroga (Lugo).
10.- O Samaín é orixinario dos celtas. Por iso decimos que Samaín é galego.
11.- O zoncho ten varias acepcións relacionadas co magosto e valía calquera delas.
"Colar de castañas"
"Castaña cocida con cáscara"
12.- "Este niño va camino del fracaso" foi o que lle dixeron a John Lennon, creo que se equivocaron un pouco con el...
13.- Os Beatles entretíñanse co scalextric!


14.- O erro da fotografía non ten nada que ver cos números, senón coa ortografía!
COMPARTE (m antes de p ou b).
15.- Os tres eran cubos xeométricos moi interesantes para facer se tedes a oportunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.