xoves, 27 de novembro de 2014

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN ROLDA 1 SELFIES DE MODESTINA

Ola familias!

En primeiro lugar Modestina quere agradecer a todas as familias a vosa participación no concurso, xa que está a resultar unha actividade moi didáctica e divertida.
Na primeria rolda Modestina, como todo o mundo acertou, fixo o seus selfies no castelo, no concello e na área recreativa.

SELFIE 1: era na torre de homenaxe do castelo.

SELFIE 2: Modestina se atopaba diante do concello, na parroquia de San Xoan de Moeche (ollo que aquí houbo erros, non era San Ramón).

SELFIE 3: o último selfie foi diante da piscina, na Área Recreativa Souto Grande, onde podemos nadar, xogar polo campo, merendar...

O sistema de puntuación é o seguinte. Cada selfie vale 1 punto, e acertar as preguntas de dito selfie outro máis. Polo que, nesta rolda, a puntuación máxima era de 6 puntos.


CLASIFICACIÓN “OS SELFIES DE MODESTINA”
Despois da primeira rolda


FAMILIA
PUNTOS
1
CARLOS BOUZA
6
1
SERGIO LOUREIRO
6
1
LUCÍA
6
1
MARTA
6
1
PAULA SANJURJO
6
1
SANDRA
6
1
XAQUÍN
6
2
FRAN
5
2
JULIÁN
5
2
LUCA
5
2
NOEL
5
2
SERGIO E UXÍA
5
2
TOMÁS
5
3
AROA
4
3
NEREA
4

Lembrade tamén que xa podedes participar na segunda rolda de "Os selfies de Modestina entrando no post:


mércores, 26 de novembro de 2014

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS CONSELLO ESCOLAR

Os resultados das votacións ao Consello Escolar foron os seguintes:
  • Sector nais/pais e titores legais do alumnado:
    • Mª Maura Martínez Otero: 16 votos
    • Tomás González Bouza: 10 votos.
  • Sector profesorado:
    • Abel Muíño Piñeiro: 4 votos
    • Esther Otero Fraga: 3 votos
    • Ana Carballido Villares: 1 voto
    • Milagros Formoso Vila: 1 voto.
Tras ser celebrada a 3ª reunión da Xunta Electoral, quedan proclamados os seguintes membros que constituirán o Consello Escolar:
  • Sector pais/nais/titores:
    • Mª Maura Martínez Otero
    • Elena Carballo Rey (Representación do ANPA)
  • Sector profesorado:
    •  Abel Muíño Piñeiro
    •  Esther Otero Fraga.

CASCANUECES TCHAIKOVSKY

Debedes averiguar as seguintes cuestións:
 MARTA:
  1. Quen inventou a armónica de cristal?
SANDRA:
  1. ¿Con que se toca a armónica de cristal?
JOEL:

3. ¿De qué familia de instrumentos é a celesta?

ANTÍA:
 4. ¿Quen inventou a celesta?

 SARAY:
5. ¿Que leva por dentro a celesta?

ADRIÁN:
  1. Ponlle o nome a cada instrumento

        A                                                             



                   
b

    ROLDA 2 MODESTINA QUERE SABER...

    A continuación Modestina deixa as súas novas dúbidas que debedes solucionar.

    1.- Na outra rolda falabamos de Marcopola, pero seguro que non sabiades que ela ten 3 libros.
    Marcopola 1, 2 e 3. Como se chama o terceiro?
    2.- Jacobo Fernández Serrano tamén escribiu "A pedra e as formigas". En dito conto, que animal viron as formigas no medio do bosque?
    3.- Parece que se está a estrear no cine unha película con sabor galego: "A esmorga". Pero o que Modestina quere saber é en que novela se basou o director e quen escribiu dita novela.



    4.- Na película de arriba falan de Auria, unha cidade ficticia que usan para nomear a unha cidade existente en Galicia, cal?
    5.- Modestina quere saber como se chama o personaxe mitolóxico galego que aparece na imaxe:


    6.- Esta imaxe corresponde a tres pedras que hai en Quiroga (lugar do cal falabamos na anterior rolda). As pedras teñen asociada unha lenda tradicional galega. Nela din que representa a tres persoas, quenes?


    7.- Seguindo a lenda de Quiroga da pregunta anterior, que río é o Xarés en realidade?
    8.- Modestina estaba o outro día na biblioteca e escoitou discutir a dous alumn@s. O tema sobre o que debatían era "que pesa máis, un Kg de palla ou un Kg de ferro?" Un deles afirmaba que pesaba máis o de ferro, o outro que pesaba máis o de palla. Cal dos dous tiña razón?
    9.- Xa sabedes que hai un concurso por familias na nosa escola, "Os selfies de Modestina". Cales foron as súas tres primeiras propostas de selfie?
    10.- Hai un lugar en Moeche que se pode ler a seguinte inscripción "Con mi sonoroso son serviré por que aproveche a los vecinos de Moeche y a San Jorge su patrón". A nosa tartaruga quere saber onde é exactamente? PISTA: preguntádelle a Modestina.
    11.- Onde se atopan, en Moeche, as antigas casetas da feira?
    12.- A nosa mascota está comezando a tolear con tanta pregunta. O outro día Abel lle escoitou decir unhas palabras sen xeito: "Pinche, cornixa, cinta, balagustos, trabe, capa, cubrición". Nesta ocasión, axudádelle a Abel a entender de que fala a súa amiga.
    13.- Este ano, nos premios do público do Broadway world Spain 2014 temos unha referencia galega. Modestina quere saber que musical (DA NOSA COMARCA) tivo a honra de obter o premio ao mellor musical para nenos.
    14.- En Italia, a noite do 5 de xaneiro non soamente deixan regalos os Reis Magos. Quen deixa tamén algún presente?
    15.- Por último, a nosa mascota quere saber cantos meses do ano teñen 28 días?

    EXTRA: se resolves que número habería que poñer debaixo das seguintes filas de números poderás sumar no marcador do teu equipo 2 puntos extra. Hai que saber explicalo.

    1
    11
    21
    1211

    CLASIFICACIÓN DESPOIS DA ROLDA 1



    CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER... 4ª EDICIÓN
    DESPOIS DA ROLDA 1


    EQUIPO
    PUNTOS ROLDA 1
    TOTAL PUNTOS
    1
    PLANETA DE LAS CHICAS
    13,5
    13,5
    2
    LOS GOLEADORES
    13
    13
    3
    BEST FRIENDS
    12,5
    12,5
    4
    STARTS
    10,5 + 2
    12,5
    5
    LAS MACHITAS
    11
    11
    6
    EQUIPO BMW
    9 + 1
    10
    7
    THE POWERS
    8
    8
    8
    LOS CRACKS
    0 + 1
    1