venres, 30 de maio de 2014

FINAL MODESTINA QUERE SABER...



Boas!

Modestina xa sabe a derradeira clasificación do concurso, na cal saberemos que equipo é o flamante vencedor desta terceira edición do concurso. Celebraremos unha entrega de premios na cal convidaremos a todos os nenos e nenas do centro (participantes ou non do concurso) para que vexan os resultados que tanto estades esperando.

MODESTINAS
EL DÚO GANADOR
START FINISH
MADRILEÑOS
CLUB 3º
STARTS
LOS ARRASADORES

Un deles xa ten o gran premio, queredes saber quen?

NON VOS PERDADES A CEREMONIA DE CLAUSURA DO CONCURSO A VINDEIRA SEMANA NA BILBIOTECA!!!

(Estará posta a data e hora exacta no taboleiro de anuncios de Modestina)

De todas maneiras, deixaremos aberta unha enquisa na sección principal do blogue para que votes ao teu equipo favorito para alzarse co título da edición máis igualada da historia do concurso...

Axudas libros texto curso 2014-2015

Informamos de que hoxe venres día 30 de maio saíron publicadas as bases para a solicitude de axuda de libros curso 2014-2015.
Toda a información necesaria poden consultala no portal educativo da Xunta de Galicia ou tamén premendo neste enlace. Tamén poderán descargar os impresos de solicitude.
axuda de libros

mércores, 28 de maio de 2014

El carnaval de los animales 2º ciclo

Aquí tedes unha parte da obra"El carnaval de los animales". Concretamente é a música de galos e galiñas.
Escoitade a música e contestade as preguntiñas.
1.- Quen é o compositor desta obra? ...................................................
2.-Que instrumentos recoñeces nesta obra? ...................................
3.- Cal che parace que fai o son dos galos e galiñas? ............................



Investigadores musicais 3º ciclo

Despois de escoitar estas músicas, responde a estas cuestións:
1.- Quen é o compositor de todas elas?...................................
2.- Como se chama o actor do 1º video? ....................... De que película espeñola é esta escena? ............
3.- En que compás están escritos os tangos?.......... Clasifícao.................................................
4.- Cal é o título? e ¿por que cres que lle puxeron ese título ao 3º video? ................................



venres, 23 de maio de 2014

DEPORTE NOS RECREOS

O vídeo -  resumo da liga de xogos populares dos recreos do presente ano. Ante todo, o fotógrafo pide perdón por adiantado pola pésima calidade das fotos...




martes, 20 de maio de 2014

Manulidades dia da nai

Con motivo do día da nai, os nenos e nenas do colexio elaboraron na clase de plástica detalliños con moito amor para as nais.
Aquí tedes uns bolsos nada menos que a ganchillo feitos polos rapaces e rapazas do 3º ciclo.



Os nenos/as do 1º ciclo tampouco o fixeron mal pois elaboraron unhas cestiñas con goma eva para poder gardar nelas calquera obxecto delicado.







E, por suposto, no 2º ciclo tamén fixemos un agasallo para o día da nai: uns broches para lucir onde se queira.














CLASIFICACIÓN ANTES DA ROLDA FINAL NA BIBLIOTECA

POSICIÓNEQUIPOPUNTOS FOLLA 7TOTAL DE PUNTOS
1
STARTS1995
1
CLUB1995
3
ARRASADORES2094,5
4
EL DÚO GANADOR13,587
5
MODESTINAS12,585
6
MADRILEÑOS1775
7
START FINISH5,563,5





A ÚLTIMA ROLDA SERÁ NA BIBLIOTECA O VINDEIRO MARTES 27 DE MAIO NO RECREO. SORTE!

RESPOSTAS ROLDA 7

Ante todo, noraboa a tod@s os participantes xa que, despois da última rolda que vai para casa, estades máis igualados que nunca neste concurso.
con Shazam e sen Shazam, as respostas serían as seguintes:

1.- Piratas del Caribe. Hans Zimmer.
2.- El rey león. Elton John.
3.- 2001: Odisea en el espacio. Richard Strauss.
4.- Apocalypse now. Richard Wagner.
5.- El bueno, el feo y el malo. Ennio Morricone.
6.- La pantera rosa. Henry Mancini.
7.- Rocky. Bill Conti.
8.- La guerra de las galaxias. John Williams.
9.- La vida es bella. Nicola Piovani.
10.- Superman. John Williams.
11.- Aladdin. Alan Menken.
12.- Braveheart. James Horner.
13.- El padrino. Nino Rota.
14.- La bella y la bestia. Alan Menken y Howard Ashman.
15.- Tiburón. John Williams.
16.- El libro de la selva. Robert Sherman y George Burns.
17.- La misión.
18.- Indiana Jones. John Williams.
19.- Jurassic Park. John Williams.
20.- Forrest Gump. Alan Silvestri.

sábado, 17 de maio de 2014

Excursión fin de curso

Dende o centro queremos agradecer a colaboración de todos e todas nas actividades organizadas para recaudar fondos para a excursión de fin de curso: venda de rifas do boneco de nadal, mercadillo de libros no centro, venda na feira de libros de receitas e de maquetas de monumentos dos 5 continentes.
Graciñas tamén a Carlos do Concello que nos facilitou un lugar xenail na feira para vender.
Recaudamos un total de 920 € que non está nada mal.

Alex e Cristina para 2º ciclo

Aquí vos deixo un video deste fabuloso grupo de música que xa escoitamos na clase. Despois de volver escoitalo, contestade a estas preguntiñas que vos poño.



CONTESTA:

  1. ¿Como se chamaba este grupo? .....................................
  2. ¿De que década foi? ...........................
  3. ¿Que tipo de música facían? ...................
  4. Busca outro tema deste grupo e escribe o seu título: .................................
  5. ¿En que festival participaron en 1988? .................... ¿Con que tema? ..............
  6. Foron os precursores do estilo "Tonti Pop" ou "Twee Pop". ¿Que é? ................

martes, 13 de maio de 2014

domingo, 4 de maio de 2014

ADIVIÑA AS PROFESIÓNS

O pasado xoves 1 de maio celebramos o día do traballor/a. Nenos e nenas xa sabedes que queredes ser de maiores?, este vídeo daravos unha idea...

venres, 2 de maio de 2014

ALGÚN VÍDEO

Deixamos algún vídeo que había pendente.

Visita ao Museo do Humor e Parque Víal de Barallobre e "Xornadas de Xogando ao atletismo" no cole.