http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
martes, 29 de abril de 2014
UNIDADES DE MEDIDA
Para completar o tema traballado na aula, deixo unha serie de enlaces que seguro que vos axudarán a praticar e afianzar os coñecementos:
LONGITUD
CAPACIDAD Y PESO
SUPERFICIE
MÁS DE LONGITUD Y SUPERFICIE
luns, 28 de abril de 2014
CONTACONTOS MOI ESPECIAIS
A quen non lle gusta un bo conto, eh? Pois claro, a todos. Pero especialmente aos nen@s de infantil e principalmente cando son contados por uns contacontos con TALENTO, ENTUSIASMO E MOTIVACIÓN, os compañeir@s de 1º de Primaria. QUE BEN O FIXERON!!! Grazas.
domingo, 27 de abril de 2014
EXCURSIÓN A ALCAMPO
Hai unhas semanas saimos de Moeche para facerlle unha visita ao hipermercado ALCAMPO. Alí os de infantil percorrimos o establecemento coa inestimable axuda dunha empleada e aprendimos unha morea de cousas (nomes de alimentos pouco comúns, etiquetados, almacenaxe, envasados da carne e pan, ... entre outras cousas). Tamén enchimos as nosas barrigas cunha gran merendola e voltamos a Moeche cargadiños de agasallos, unha foto de grupo de recordo e agradecidos por todo o que nos amosaron.
Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas cantas fotos.
Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas cantas fotos.
XENIAL!!!!!!!
A PRIMAVERA TÉMOLA AQUÍ XA!!!!
Aínda que a Primavera xa está aquí e faise de rogar, os de infantil temos moitas ganas de vivila, así que nós xa decoramos o noso recuncho especial. Traballamos nel moito, tomando de exemplo as laboriosas formiguiñas.
Mirade que bonitiño quedou...
Mirade que bonitiño quedou...
sábado, 26 de abril de 2014
mércores, 23 de abril de 2014
UNIDADE ESPAÑA FÍSICA E POLÍTICA
Deixo os enlaces que traballamos na aula para practicar na casa.
En primeiro lugar, o LIM.
XOGO DE PROVINCIAS
XOGO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
XOGO DO RELEVO DE ESPAÑA
En primeiro lugar, o LIM.
XOGO DE PROVINCIAS
XOGO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
XOGO DO RELEVO DE ESPAÑA
sábado, 12 de abril de 2014
Vacacións de Semana Santa
O venres día 11 de abril comezan as vacacións de Semana Santa que durarán ata o martes día 22 de abril.
Vémonos o martes día 22 de abril.
Boas vacacións a todos e todas!!
venres, 11 de abril de 2014
ROLDA 7: ESPECIAL BANDAS SONORAS
Boas! Aquí está Modestina de novo, e tedes que ver a que acaba de liar...
Ela é unha gran coleccionista de bandas sonoras de coñecidas películas, pero xa sabedes tamén que é moi argalleira. E claro, argallando e argallando perdeu todos os títulos da súa colección!!!
Para que a axudedes, vos propón que vexades este vídeo, onde ten todas as canción de BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS pero están sen nome. Axúdalle a saber cal é cada unha das 20 cancións, ademais de dicirlle quen foi o seu compositor. Mentres soa a música aparece un número que corresponde co número de resposta que tedes que facer.
PEDIDE AXUDA na casa xa que ten a súa complicación...
SORTE!!!!!!!!!!!

mércores, 9 de abril de 2014
RESPOSTAS DA ROLDA DE FOTOGRAFÍAS
1.- Chichen Itza, México.
2.- Blue Hole, Belice.
3.- O gran canón, Colorado EEUU.
4.- Salto do Anxo, Venezuela.
5.- A torre Eiffel, Paris FRANCIA.
6.- Parque Güebb, Barcelona.
7.- O palacio da Magdalena, Santander.
8.- Ciudadela, Menorca.
9.- Anfiteatro romano de Mérida.
10.- Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
11.-Monasterio de Oseira, Ourense.
12.- Monumento a Julio Verne, o home polbo. Vigo.
13.- Praia das catedrales, Galicia.
14.- Ponte do milenio de Ourense.
15.- Cambados, Galicia.

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA SEXTA ROLDA
Ante todo, dar a noraboa a todos os equipos pola gran labor de investigación que estades a facer, sen dúbida o concurso máis igualado de tódalas edicións. Velaí a clasificación:
POSICIÓN | EQUIPO | PUNTOS FOLLA6 | TOTAL DE PUNTOS |
1
| STARTS | 14 - 3 | 76 |
1
| CLUB | 7 + 3 - 3 | 76 |
3
| ARRASADORES | 15 + 3 | 74,5 |
4
| EL DÚO GANADOR | 12 + 3 | 73,5 |
5
| MODESTINAS | 15 | 72,5 |
6
| MADRILEÑOS | 15 + 3 | 58 |
7
| START FINISH | 2 | 58 |
8
| MOECHE | 14 + 3 | 52,5 |
martes, 1 de abril de 2014
RASTRO SEGUNDA MAN
De novo este ano volvemos a facer un mercado de libros de segunda man, aínda que desta vez ampliamos a diferentes obxectos como son produtos de bisutería, xoguetes, material audiovisual...
A partires do día de hoxe poderedes efectuar as compras (a moi bo prezo) dos diferentes materiais expostos nos corredores do centro ata o día 25 de abril. Os horarios de venta son nas horas dos recreos e os luns e martes en horario de 15:00 a 17:00.
Tamén queremos agradecer desde aquí a todas aquelas persoas que aportástedes material para a súa venta, así como animarvos a que compredes durante os prazos asginados, xa que os cartos recaudados serán destinados á realización dunha excursión a final de curso de todo o alumnado do centro.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)