Benvidas de novo familias!
Este curso 24/25 voltamos ás boas costumes e seguimos traballando en torno ós hábitos de vida saudables. Por iso, queremos pedir de novo a vosa colaboración no que respecta ás merendas dos nosos pequenos, tendo en conta o listado de merendas saudables. Na fotografía podedes observar o reparto semanal, fixádevos que hai días que teñen varias opcións. As opcións son para elixir entre unha e outra, non é para traelas todas.
Na segunda fotografía veñen explicados os alimentos de cada sección con exemplos. As de cor verde (as máis saudables) e as amarelas serían as permitidas. As vermellas indicarían aquelas merendas que non aconsellamos traer á rapazada.
Cando se trate de días especiais como aniversarios etc falade antes co titor/a para facer un axuste do calendario de merendas. Asemade, nos casos de alumnos/as que, por causas médicas xustificadas, non poidan tomar algún alimento concreto, deberán falar co titor/a para ver como se faría nese caso.
BO PROVEITO!