luns, 26 de setembro de 2022

MODIFICACIÓN DO MENÚ: MARTES 27 E MÉRCORES 28

 Debido a un imprevisto, informamos de que o menú do martes 27 mes será o do mércores 28, e viceversa. 

Desculpade as molestias.


xoves, 22 de setembro de 2022

MISIÓN PARA OS DETECTIVES MUSICAIS

 Bo inicio de curso, novamente volvemos a iniciar os traballos dos DETECTIVES MUSICAIS" para 5º e 6º de primaria.

Neste ocasión vai un traballiño para 6º. Espero que o fagades con discreción e exactitude.

ÁNIMO CHICOS!!!

INVESTIGAMOS QUEEN



 

Estimadas familias, dende a ANPA CEIP San Ramón de Moeche vos damos a a benvida a este curso escolar (2022/2023) no que agardamos recuperar o contacto e a celebración de datas especiais, que se viron interrompidas polo Covid.

Grazas á colaboración e axuda que recibimos do noso cole, temos a posibilidade de compartir información e documentación de interese a través do blogue, esperamos que vos sexa de utilidade.

Queremos dar un saúdo especial de acollida a todas as FAMILIAS QUE EMPEZAN ESTE ANO, tanto ao alumado de infantil que inicia súa andaina escolar como ao alumnado que se incorpora doutros centros:

AGARDAMOS QUE TEÑADES UNA BOA ACOLLIDA, COMPROVAREDES EN BREVE QUE TOMASTEDES A MELLOR DECISIÓN AO CONFIAR NO CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE PARA MATRICULAR @S VOS@S FILL@S.

Aquí atoparedes un cole rural marabilloso:

¾    cun alumnado que SEMPRE está a altura (aínda que a veces, sexan moi pequen@s). Ofrecendo APOIO INCONDICIONAL a nov@s compañeir@s,

¾    un equipo directivo e docente implicado e disposto SEMPRE a buscar a mellor solución,

¾    e unhas familias que facilitarán o voso proceso de adaptación,

Aproveitamos tamén para dar a BENVIDA AO NOVO PROFESORADO QUE SE INCORPORA ESTE ANO, simplemente desexarvos un bo curso e que saibades, que ao igual que coas familias, a ANPA do CEIP San Ramón de Moeche está aquí para colaborar e buscar solucións ante calquera situación/ necesidade que vai xurdindo.

A continuación, vos explicamos a documentación e procedementos que temos para o inicio de curso.

1.      Por unha banda, atoparedes a FICHA DE INSCRICIÓN para aquelas familias que desexen asociarse durante o curso 2022 e 2023.

2.      Por outra banda, atoparedes o documento que explica as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES que vos ofrecemos dende ANPA para ver se podemos organizar un grupo que cumpra as condicións que nos esixen.

En todo caso, xa se explica en cada caso, todo o que precisades saber en cada documento.

Para achegar a documentación/información que vos interesa, tedes 3 opcións:

OPCIÓN 1.  VÍA TELEMÁTICA

A través de formulario de google, que vos permitirá cubrir directamente os datos e envialos premendo un botón:

Este é o enlace da FICHA DE INSCRICIÓN:

https://forms.gle/rZPUR516UM1xRDBE7

Este é o enlace de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

https://forms.gle/1vN8k7BEUAkw5CaX9

Nota aclaratoria: dende o móbil abrirá o enlace directamente, pero se o fas dende un ordenador e o enlace non che abre directamente, solicitando actualizar o navegador, proba a copia e pegar directamente o enlace na barra de dirección.

OPCIÓN 2. CORREO ELECTRÓNICO:

Descargando a FICHA DE INSCRICIÓN ou documento ATIVIDADES EXTRAESCOLARES en formato editable (word), cubrides os datos solicitados e achegades por correo electrónico anpamoeche@hotmail.com.

OPCIÓN 3. EN FORMATO PAPEL

Imprimindo o TRIPTICO en formato pdf, cubrides os datos solicitados e entregades o documento no BUZÓN DA ANPA QUE TEMOS NA PORTA EXTERIOR.

Se non tedes impresora na casa, no vos preocupedes, que calquera das que estamos na ANPA vos faremos unha impresión e vola entregamos.

Podedes contactar no móbil 696495349 (preguntade por Raquel) e xa coordinamos no momento.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

FICHA INSCRICIÓN 

TRÍPTICO  

 

 

venres, 16 de setembro de 2022

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

 Hoxe, venres 16 de setembro, o menú do comedor escolar verase modificado debido á ausencia da cociñeira.

1º PLATO: Ensalada de pasta.

2ª PLATO: Pizza

POSTRE: Natillas

Desculpade as molestias.