venres, 12 de xullo de 2019



Iniciaremos o curso 2019-2020  coa implantación da aplicación ABALAR MÓBIL, que pretende servir de canle para que as familias consulten a información dos seus fillos/as a través do móbil.
Recomendamos aos pais/nais/titores legais que se sumen a este proxecto subcribíndose co seu móbil para que cando comece o curso podamos iniciar o seu funcionamento.
Os enlaces que aparecen a continuación ofrecen toda a información necesaria sobre dita aplicación.

Carta ás familias

Guía rápida para as familias

Descarga, rexistro e acceso

mércores, 10 de xullo de 2019

PUBLICACIÓN LIXTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

Podedes consultar no enlace a resolución definitivas do fondo libros para o vindeiro curso 2019-2020.

LISTAXES DEFINITIVAS

Os libros serán entregados no mes de setembro na 1ª reunión de titoría.

xoves, 4 de xullo de 2019

PREMIOS EDUCACIÓN VIARIA

Despois de meternos na final do concurso nacional de vídeos de Educación Viaria non fomos seleccionados como un dos dous mellores vídeos que obtiveron premio...

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do San Ramón, xa que, cos seus votos, conseguiron que estivésemos dentro dos dez mellores vídeos, xunto a centros de grandes cidades como Barcelona, Madrid...

Por outra banda felicitar tamén ao centro gañador da categoría na que participábamos, o colexio Viálitas, de Valencia. Neste enlaces podedes ver o seu vídeo. Parabéns!!!

Movilidad responsable

mércores, 3 de xullo de 2019

21 de xuño 2019...

Durante o último día de cole tiveron lugar na nosa Biblioteca varias actividades. Unha delas, "lecturas entre irmáns que marchan", e outras entrega de agasallos por colaborar coa biblioteca e outras actividades do colexio.

Desexar a tod@s FELIZ VERÁN!!


 
 Entrega de diplomas e camisetas aos voluntari@s "Plan LIA" 



 En colaboración co equipo de dinamización da Lingua Galega, fixéronse entrega 
dos premios do concurso "Chistín".


Tamén entregamos un cariño ao alumnado colaborador nas artes da biblioteca (actividade  
da mochila viaxeira, e na que participa todo o alumnado do colexio dende o curso
5º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).



Lecturas... irmáns que marchan



Actividade na biblioteca!! 
Este é xa o segundo ano que levamos a cabo a actividade "lecturas entre irmáns que marchan"...
Que marchan a unha nova etapa da súa vida escolar, e que desexamos moita sorte!! Son, ademáis, alumnos voluntarios da biblioteca e que imos estrañar!!

Moitas gracias pola colaboración!!



 



20 de xuño...

ACTIVIDADES...

Neste día, e casi último do curso, realizáronse varias obras teatrais na biblioteca. Mirade, mirade...!!

Os máis pequenos do cole presentáronnos á familia dos Bolechas, e leron un conto relacionado coas vacacións de verán!!                      
O alumnado de 3º e 4º de primaria leron o conto "A cebra Camila"; e os de 1º e 2º de primaria a obra "Que ven o lobo!!".
(os vídeos son orixinais, non hai modificacións... "puro directo"!!).

 

 

martes, 2 de xullo de 2019

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS

No enlace podedes consultar a listaxe provisional de admitidos no fondo libros de texto e o nº de libros que se asignan a cada alumno/a. Tedes dous días( xoves 4 e venres 5 de xullo para reclamar calquera irregularidade no proceso).
Lembrade que só afecta aos alumnos de 3º e 4º de primaria dado que 1º e 2º teñen axudas de libros de texto e 5º e 6º están dentro do proxecto E- dixgal.

LISTAXE PROVISIONAL

Por outra banda, informar de que o alumnado de 1º e 2º que solicitou axudas de libros e todos os alumnos/as do centro que solicitaron axuda de material, pode pasar polo centro a recollar os vales. 

RECOLLIDAD E VALES :

XOVES DÍA 4 DE XULLO E VENRES DÍA 5 DE XULLO 

EN HORARIO DE 11:30 A 13:00 HORAS

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES COMEDOR


 Nos enlaces podedes consultar como anotarse para colaborar o vindeiro curso no comedor.



APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES COMEDOR

IMPRESO SOLICITUDE