Esperemos que vos guste e... non faltedes!!!
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 15 de decembro de 2017
TRÁILER DE "O GHALIÑEIRO"
Como xa sabedes, o vindeiro xoves é o festival de Nadal da escola. Os nenos/as de 5º e 6º, queren deixarvos un pequeno avance do que veredes sobre o escenario...
xoves, 7 de decembro de 2017
ÚLTIMAS ACTIVIDADES DA ESCOLA
Nas últimas semana seguimos a ter novas experiencias que seguro serán moi útiles para o alumnado do centro.
AVESPA VELUTINA
Non hai mellor maneira de aprender que ver as cousas "in situ". Nesta ocasión, grazas á nosa compañeira Bea (4º curso de primaria), puidemos observar como era un niño de avespa velutina por dentro. En primeiro lugar conxelou o niño na súa casa, posteriormente xa na escola cortámolo ao medio para observar a evolución de larva a avespa, os ovos, paneis...
CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR
Tema de moita importancia hoxe en día, sen lugar a dúbidas. Dentro do Plan Director no cal participamos, recibimos a visita de Jose, un traballador da Garda Civil que ofreceunos unha interesante charla sobre os perigos e comportamentos que debemos ter ante situacións de acoso escolar.
Foi unha actividade dirixida a 5º, 6º e profesorado.
Para conmemorar esta data fixemos o xa tradicional concurso de lemas proposto polo Concello de Moeche. Participaron o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º e, aínda que todos/as o fixeron moi ben, houbo tres que destacaron por enriba do resto...
Parabéns a Nuria, Dani e Saray polo premio acadado.
Asemade, Pilar e Bea, do concello, viñeron ata o centro para agasallar a todo o alumnado cunha camiseta de "Moeche en negro", facendo partícipe aos máis pequenos desta campaña de rexeitamento da violencia de xénero.
CONTACONTOS DE CRISTIAN E JOEL
Dous dos nosos compañeiros, Cristian e Joel, fixeron disfrutar ao alumnado de Infantil e 1º dun fermoso contacontos da obra "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Vilán. Os máis peques gozaron moito e Cristian e Joel debérono facer moi ben xa que a primeira frase que se escoitou ao rematar foi "para cando o próximo?"
AVESPA VELUTINA
Non hai mellor maneira de aprender que ver as cousas "in situ". Nesta ocasión, grazas á nosa compañeira Bea (4º curso de primaria), puidemos observar como era un niño de avespa velutina por dentro. En primeiro lugar conxelou o niño na súa casa, posteriormente xa na escola cortámolo ao medio para observar a evolución de larva a avespa, os ovos, paneis...
CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR
Tema de moita importancia hoxe en día, sen lugar a dúbidas. Dentro do Plan Director no cal participamos, recibimos a visita de Jose, un traballador da Garda Civil que ofreceunos unha interesante charla sobre os perigos e comportamentos que debemos ter ante situacións de acoso escolar.
Foi unha actividade dirixida a 5º, 6º e profesorado.
25 -N. DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Parabéns a Nuria, Dani e Saray polo premio acadado.
Asemade, Pilar e Bea, do concello, viñeron ata o centro para agasallar a todo o alumnado cunha camiseta de "Moeche en negro", facendo partícipe aos máis pequenos desta campaña de rexeitamento da violencia de xénero.
CONTACONTOS DE CRISTIAN E JOEL
Dous dos nosos compañeiros, Cristian e Joel, fixeron disfrutar ao alumnado de Infantil e 1º dun fermoso contacontos da obra "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Vilán. Os máis peques gozaron moito e Cristian e Joel debérono facer moi ben xa que a primeira frase que se escoitou ao rematar foi "para cando o próximo?"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)