Un ano máis volvemos a traballar coa canle de Youtube. Nesta ocasión, "Os Históricos 2.0" volvemos á carga con máis ganas de aprender e tamén de ensinar.
Na nosa canle iremos subindo vídeos con contido educativo que seguro que axudarán a máis de un/unha (e tamén a nós).
Facede clic no vídeo para ver a nosa presentación. E tamén podedes compartilo e subscribirte á nosa canle para ver máis vídeos...
Esta semana tivemos a oportunidad de probar un deporte menos popular pero moi interesante, trátase do rugby. O clube Fendetestas de As Pontes acudiu á escola para ensinarlles aos nosos/as rapaces/zas aspectos básicos do rugby.
Aprendemos moito xogando con Xose e Asier, aos que lles queremos agradecer a dedicación nesta semana. Quedamos moi contentos e pretendemos repetir!!!
Deixamos un vídeo resumo da actividade, esperemos que vos guste:
A semana pasada acudiron ao centro dúas bailarinas do centro de danza "Fushion Dance" de Fene para promocionar a actividade de Hip-hop ofertada pola ANPA do noso centro para o presente curso escolar.
Ensináronnos uns pasos básicos e incluso bailamos unha coreografía. Pasámolo moi ben!
Moitas grazas tanto a Fushion Dance como a ANPA do CEIP San Ramón por deixarnos disfrutar desta actividade.
Aquí os dejo un fragmento de la zarzuela "La Tempranica" de Gerónimo Jiménez. Es el fragmento que trabajamos en clase para que podáis escucharlo nuevamente.
Comunicamos que o vindeiro día 6 de outubro, haberá un cambio no menú do comedor por ausencia da cociñeira. No lugar do indicado para ese día, darase o segunte menú aos comensais:
1º PLATO: ENSALDA DE PASTA
2º PLATO: PIZZA DE XAMÓN E QUEIXO
POSTRE: IOGUR