luns, 29 de febreiro de 2016

CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER... (DESPOIS DA ROLDA 3)

Trala rolda 3, a cousa queda así:

POSTO
EQUIPO
PUNTOS ROLDA 3
TOTAL PUNTOS
1
LOS VENGADORES
8
21
2
STARTS INSUPERABLES
8
19,5
3
LAS ROCKERAS
7
18,5
4
OS FERROJANCHOS
7
18
5
STARTS
5
13,5

MODESTINA QUERE SABER.... ROLDA 4

MODESTINA QUERE SABER...

QUEN FOI???

1.- Oro olímpico dos 1500 metros en Barcelona '92.

2.- É capaz de correr así...
Marca 100 m 9,58 s (WR)
Marca 200 m 19,19 s (WR)

3.- Con catorce anos fixo un 10 olímpico...

4.- Bicampeón do mundo español nun deporte no
 que hai unha barra, de apelido igual a unha árbore...

5.- Sam, unha aguia con sombreiro...

6.- Pentacampeón ferrolano.

7.- Compositor do "Himno olímpico".

8.- Grazas a él existen os Xogos Olímpicos modernos.

PUNTOS EXTR A: podes gañar un punto extra facendo calquera das dúas opcións a seguir...

XOGO DO AFORCADO: un aforcado un tanto olímpico ao cal terás que enfrentarte en calquera recreo da biblioteca.

BUSCA A CHAPA: no patio de recreo hai escondidas 3 chapas. O equipo que as atope recibirá un punto por cada unha delas (soamente vale buscar nos tempos de lecer).


sábado, 27 de febreiro de 2016

RUGBY PARA INFANTIL E 1º CICLO

Esta semana, na escola, tivemos a gran sorte de poder recibir unha clase de rugby para os máis peques do cole. A mesma foi levada a cabo polo Clube de Rugby Ferrol, aos cales agradecemos unha vez máis que visitasen de novo o centro. Catro xogadores do primeiro equipo ferrolán ensinaron aos nosos nenos/as un novo deporte cuns divertidos xogos.
GRAZAS TONI, JOSH, PEDRO E MAX!!!

GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE:


mércores, 24 de febreiro de 2016

ROLDA 4 "OS SELFIES DE MODESTINA"

Boas familias!!!

Como sabemos que botades de menos recorrer Moeche en busca dos lugares nos que se retrata a mascota máis viaxeira da comarca... AQUÍ ESTÁN OS NOVOS SELFIES!!!
Xa sabedes, 3 selfies e as respostas...

A cousa avanza e o nivel complícase, SORTE!!!


1.- Modestina está moi cansada de practicar un deporte... cal é? Podería practicar algún outro deporte moi pretiño de onde está? Cal?
2.- En que lugar se atopa este recinto deportivo?


 1.- Parece que a nosa tartaruga quere ver pasar o tren. En que lugar de Moeche o está intentando?
2.- A nosa mascota está nese momento sentadiña nunha construcción moi característica. Cal?


1.- Será por cruceiros no concello... cal é este?
2.- Xusto ao ladiño do mesmo hai algo importante para esa parroquia na que se atopa. Que é?


Nesta ocasión daremos un punto extra a quen consiga facer o selfie máis multitudinario. Quen mais xente retrate nun dos lugares arriba expostos, gaña un puntiño.

DATA DE ENTREGA O DÍA 28 DE MARZO

SORTE!!!

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN "OS SELFIES DE MODESTINA" TRALA ROLDA 2

En primeiro lugar queremos pedir disculpas polo retraso na publicación desta clasificación, estaba feita, pero como borrador e sen publicar...
A continuación, a nosa tartaruga deixará as respostas da SEGUNDA E TERCEIRA ROLDAS e a clasificación resultante:

SELFIE 1:

1.- A parroquia na que se atopa Modestina é San Xoán de Moeche (San Ramón non é parroquia). Á súa esquerda atópase a Capela de San Ramón.
2.- O cartel indica que alí poden coller auga os bombeiros se o precisasen

SELFIE 2:

1.- O lugar onde se atopa Modestina correspondía coa antiga biblioteca municipal.
2.- Na mesma, se celebraban contacontos, clases de xadrez...

SELFIE 3:

1.- Modestina atópase na parte traseira do local de Pereiro, antiga Escola Obradoiro.
2.- Na pista polideportiva podíase xogar ao tenis, fútbol sala, baloncesto...



PUNTO EXTRA SELFIE NAVIDEÑO.... FAMILIA DE UXÍA!!!








RESPOSTAS ROLDA 3:

SELFIE 1:

1.- Modestina volve a estar na parroquia de San Xoán.
2.- Os escudos que está a tocar coas súas mans son o do Concello de Moeche e do Real Clube Deportivo de A Coruña

SELFIE 2:

1.- A estrutura serve para a desinfección e limpeza de transportes do gando.
2.- A carón de dita estrutura podemos ver as naves da feira, o consistorio médico, edificio co concello...

SELFIE 3:

1.- A nosa mascota atópase no campo onde se celebra o Festival Irmandiño, na parroquia de San Xurxo.
2.- Se continuamos a estrada chegamos ao Castelo de Moeche.

PUNTO EXTRA SELFIE MÁIS "DE ENTROIDO" ...... FAMILIA DE CARLOS!!!






AGORA DEIXAMOS A CLASIFICACIÓN DESPOIS DA TERCEIRA ROLDA:


POSTO
FAMILIA
PUNTOS ROLDA 2
PUNTOS ROLDA 3
TOTAL PUNTOS
1
CARLOS
6
6 + 1
19
1
UXÍA
6 + 1
6
19
2
XAQUÍN
6
6
18
2
MARTA
6
6
18
2
SANDRA
6
6
18
2
JULIÁN
6
6
18
3
NOEL
6
5
17
4
ÁLEX
4
6
16
4
LUCÍA E PAULA
5
5
16




luns, 22 de febreiro de 2016

RESULTADO ENQUISAS DA CONSELLERÍA

Como lembraredes, hai unhas semanas pideuse ás familias, aos mestres/as e aos alumnos de 5º e 6º a realización dunha enquisa por parte da Consellería de educacion co obxecto de facer un estudio sobre o grado de convivencia  nos distintos centros de Galicia e tamén de España.
Co fin de que todos poidades observar os resultados, aquí vos deixo o enlace.

Enquisa

martes, 16 de febreiro de 2016

INVESTIGACION MUSICAL:INSTRUMENTOS MUY CURIOSOS

Aquì os dejo estas fotografìas de instrumentos musicales que seguro nunca visteis. Averiguad como se llaman y quien los creò.
A LOS PRIMEROS QUE CONTESTEN CADA INSTRUMENTO TENDRÁN 1 PUNTO MÀS EN EL EXAMEN..A INVESTIGAR!!!!!!

1

2

3

4

5

6

7

8

9

venres, 12 de febreiro de 2016

NOVIDADES NA BIBLIOTECA



Modestina xa ten novos libros para préstamos. Anímate a coller algún e pasar un tempo divertido lendo!!!

xoves, 11 de febreiro de 2016

PRACTICE SHOPS, PLACES IN TOWN AND THERE IS / THERE ARE.


luns, 8 de febreiro de 2016

mércores, 3 de febreiro de 2016

FOTOS DA ANDAINA SOLIDARIA

Como xa sabedes o pasado venres celebramos o Día da Paz cunha andaina solidaria na que, en colaboración coas familias, veciños/as e o Concello de Moeche puidemos donar 127 Kg de comida que será donada á Cociña Económica de Ferrol.

Deixamos unhas fotos do evento...


martes, 2 de febreiro de 2016

NOVO OBXECTO NUTRITIVO

Temos un novo obxecto esquecido no centro, vese que como xa ía cheo esqueceuse del.
A ver se aparece o dono.