mércores, 27 de maio de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2015

O pasado 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas conxuntamente cos maios. Como xa é tradicional nesta data convidamos as familias para que pasaran unha mañá con nós.
Comezamos o día facendo dous grupos, un dos cales xogaban a xogos populares e o outro facía unhas fermosas alfombras florais e un bonito maio. Todo elo amenizado polo grupo "No cómbaro" e en colaboración de mestres e a monitora de deportes do Concello de Moeche.
Despois de tal esforzo tiñamos que repoñer forzas, polo que tomamos uns churros (cortesía do Concello) con chocolate.
Cos bandullos cheos e as pilas cargadas de novo retomamos a celebración, comezando por unhas danzas típicas galegas feitas polos nen@s do cole coa axuda da profe Ana.
Como non podía ser doutra maneira nesta data cantamos todos xuntos o himno galego e fixemos unha lectura sobre Filgueira Valverde (homenaxeado no presente ano).
Para rematar, como non podía ser doutra maneira, FESTA RACHADA: muiñeiras, xogos musicais e moito máis!!!

Moitísimas grazas a tod@s os que participastedes neste fermoso acto.

Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de dito día:



JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O escritor e ilustrador vigués visitou o noso centro o pasado 26 de maio. Durante o presente curso o alumnado estivo a traballar a súa obra: "Marcopola", "A pedra e as formigas", "O raposo e a mestra", "Mil cousas poden pasar"...

Non había mellor maneira de cerrar este traballo que invitar ao autor ao cole, e así o fixemos!


Con el pasamos un anaco moi agradable, xa que, contounos moitas cousas sobre a súa vida e, como non, mostrou as súas grandes dotes de pintura. Facía debuxos en 2 minutos!!!
Deixo moitos agasallos para o centro e fixo firmas personalizadas en tódolos nosos libros!

TAMÉN DEIXAMOS UN VÍDEO RESUMO DA SÚA VISITA:




VOLVEMOS A SAÍR NA PRENSA!!!

Novamente volvemos saír na prensa. Nesta ocasión foi polo traballo realizado na feira do pasado 23 de maio. Queremos recalcar de novo a noso agradecemento a tod@s os que colaborastedes nesta actividade, dunha ou doutra maneira.


Deixamos o enlace á noticia:

LA VOZ DE GALICIA

martes, 26 de maio de 2015

ALGUNHAS ACTIVIDADES DO ÚLTIMO MES...

Galería de fotos de actividades do alumnado...

VISITA AO CASTELO

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL:

O concello convidounos a un contacontos na biblioteca municipal. Á volta viñemos andando e paramos na feria!!!


VISITA SORPRESA DO GRUPO "OS SUPLENTES", que nos tocaron unhas pezas o día que teñimos o serrín para os maios. Inlcuso nos deixaron tocar con eles con instrumentos...

FOTOS DA VENTA NA FEIRA

MATEMÁTICAS PARA 3º CICLO

Resultado de imagen de figuras planas divertidos

Novos xogos para practicar o tema de figuras planas e superficies...

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3

XOGO 4

XOGO 5

XOGO 6

XOGO 7

XOGO 8

XOGO 9

XOGO 10

XOGO 11

venres, 22 de maio de 2015

IMOS Á FEIRA!!!



O sábado 23 de maio estaremos na feira de Moeche vendendo materiais para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o alumnado do centro.
VENDEREMOS:

- O noso segundo libro de receitas elaboradas polas familias dos nen@s do cole (grazas de novo). Nesta ocasión temos primeiro prato, segundo e postre!!!
- Uns fermosos mandiles para poñernos cando elaboremos as suculentas receitas. Dito mandil leva o logo do concurso "Masterchef Moeche" onde se probaban os menús no comedor do colexio e unha foto do castelo feita por un alumno.
- Os resto do mercadiño de segunda man que se fixo no centro (libros, xoguetes...).

XA SABES, ESTE SÁBADO NA FEIRA ESPERÁMOSTE!!!

DIFUNDIDE POR FAVOR!



xoves, 14 de maio de 2015

NOVIDADES NO COMEDOR: LENCIO E LIBROS DE RECEITAS DAS FAMILIAS DOS ALUMNOS/AS





LENCIO

Este curso puxéronse en marcha dende o comedor escolar dúas novidades relevantes, a instalación dun semáforo de control de volume e ruídos (ao que chamamos “Lencio”) e o concurso “Super Chef” de Moeche.
“Lencio” é o encargado de premiar os niveis aceptables de son durante o servizo de comedor (cor verde), aínda que tamén penaliza (cor vermella) cando se supera o nivel. Tense establecido un mínimo de verdes para poder obtar a un premio por semana, consistente nunhas larpeiradas, motivando aos rapaces a comer sen alborotar e barullar.

Por outra banda, as familias foron convidadas a participar no concurso “Super Chef” de Moeche enviando receitas dun primeiro ou segundo prato, así como dunha sobremesa. Moitas receitas foron preparadas e servidas no comedor ao longo do curso, pero especialmente no 2º e 3º trimestre escolar. O alumnado tivo ocasión de amosar a súa opinión sobre as distintas receitas, por medio de votacións no blogue do centro. 

O xurado elexiu (pero aínda non se desvela) aqueles pratos máis destacados polos rapaces nas votacións, así como polo profesorado do centro, e todas as familias participantes terán un agasallo culinario, especialmente as seleccionadas.
Deste xeito pretendemos que o comedor sexa máis voso, enriquecido polas vosas aportacións. Estamos contentos coa resposta obtida, xa que foron moitas as familias partipantes.
O vindeiro 23 de maio, na feira de Moeche, haberá un posto de venda dun libro no que se recopilan todas as receitas recibidas, incluso algunhas que non deu tempo de preparalas ou era algo complicadas para poder realizar na cociña do cole, polo tempo ou dificultade de elaboración. Os cartos recaudados serán para a excursión de fin de curso dos rapaces/as.
Moitas grazas a todas as familias participantes e, especialmente, polo seu traballo e ilusión neste concurso, a Ana, Sandra e Pilar, por cociñar de maravilla e dar todas as facilidades para poder levalo adiante.
Sen familias e cociñeiras que colaborasen non poderíamos realizar o concurso, nen veríamos o seu éxito.
Esperámosvos a todos e todas para que veñades mercarnos un libro ou incluso un precioso mandil co Castelo de Moeche.

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!