xoves, 30 de abril de 2015

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ



O mércores 29 de abril recibimos na biblioteca a Iago López, un artista que nos ensinou que soamente cun libro, unha caixa e a nosa imaxinación somos capaces de adentrarnos nunha historia á par fermosa e divertida.
Coñecemos a Augusta e aprendimos que non lle temos que ter medo as cousas.
Deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!




luns, 27 de abril de 2015

XOGOS PARA PRACTICAR 3º CICLO

Como vexo que costan un pouquiño as medidas do tempo e os ángulos...



Deixo uns enlaces para practicar xogando, lembra repasar ben antes de comezar e, se hai algún problema, non dúbides en preguntar!

FORMAS SIMPLES Y COMPLEJAS

SUMAS Y RESTAS CON UNIDADES DE TIEMPO

PROBLEMAS

Para o último enlace, colle papel e lapis...

DETECTIVES MUSICAIS 3º CICLO. INVESTIGACIÓN SOBRE O HIMNO GALEGO

 Estase achegando a data das Letras Galegas. É de crucial importancia indagar e averiguar certas curiosidades sobre o noso Himno Galego.
Cada detective debe traballar sobre a cuestión que se lle plantexa.
ÁNIMO E CON EXACTIVIDE E RAPIDEZ A RESOLVER!!!

NEREA: Xa sabemos que Pondal estudiou medicina, pero precisamos saber que liceo frecuentaba de estudiante donde tiñan lugar tertulias literarias.    

SERGIO: En 1856 tivo lugar un banquete de grande interés histórico para Galicia donde os estudiantes liberales  defendían o "3º estado" no que confraternizaban os estudiantes cos obreiros. Como se chamou a este banquete?

LOUREIRO: Pondal é coñecido con un sobrenome. Debes averiguar cal é.


PAULA: Cal é o heroe histórico que emprega Pondal no Himno Galego?

LUCÍA: Debes averiguar cando se estreou o Himno Galego

JULIÁN: As dúas obras máis celebres de Pascual Veiga foron o Himno Galego e a Alborada galega. Que grupo español gravou na década dos sesenta unha nova versión da Alborada galega de Pascual Veiga?

FRAN: Que réxime político prohíbeu en 1923 o Himno Galego?

AROA: Que instrumento tocaba fenomenalmente Pascual Veiga?

IAGO: Que orfeóns dirixiu Pacual Veiga en Madrid?



xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO + CONTACONTOS

Durante os pasados días no centro estivemos a realizar diferentes actividades. O pasado mércores 15 tivemos a sorte de poder contar no centro con Luis Vallecillo, un músico que coa súa guitarra e, sobre todo, coa súa imaxinación, nos levou a facer un percorrido musical a través dos contos populares. Este espectáculo correu a cargo do Concello de Moeche.
Pasámolo moi ben e aquí tedes unha proba:


Da mesma maneira o día 22 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO (é o 23, pero en Moeche xa se sabe que ese día é feira!). Para celebralo fixemos o V APADRIÑAMENTO LECTOR do noso cole, onde cada un dos nen@s maiores lle leu un conto a un dos pequenos e lle regalou un marcapáxinas personalizado. Acto seguido tivemos dúas actividades simultáneos onde Silvia e Alicia (mamás de Luca e Dani Moreno) nos fixeron un gran contacontos!!!

DESDE AQUÍ DÁMOSLLES AS GRAZAS AS DÚAS!

Preme abaixo para ver as fotografías:


Por último queremos compartir con tod@s vós un vídeo editado sobre ambas actividades, esperemos que vos guste!


xoves, 16 de abril de 2015

mércores, 15 de abril de 2015

RESPOSTAS ROLDA 5 E CLASIFICACIÓN (OS SELFIES DE MODESTINA)

Ola familias!

Modestina vai deixar a continuación as respostas da rolda 5, prestade atención porque houbo erros...

Na primeira foto a nosa tartaruga se atopaba descansando enriba dunha cruz que hai ao pé da Igrexa de Santa Cruz. Ao seu lado había camelias.

O cruceiro que había na segunda fotografía era o Cruceiro da Hermida, tamén na mesma parroquia que a anterior. Nesta ocasión, se Modestina tivese fame, pode comer algo no forno que hai cruzando a estrada.

Por último, a nosa mascota estaba nas escaleiras que suben para a biblioteca. Antigamente, esa casa foi o consultorio médico local.

O selfie extra, e ollo ao dato, nos pedía unha placa que explicase a segunda pregunta da terceira fotografía, ou sexa, que Modestina quería saber onde estaba a placa que nos dicía que esa casa antigamente fora un consultorio médico (non a placa que pon "Biblioteca municipal" como moitos grupos pensaban).

Dita placa se atopaba baixo a verxa da entrada da casa. Aquí unha foto:



CLASIFICACIÓN:


FAMILIA
PUNTOS


1
LUCÍA
25 + 7 = 32

2
CARLOS BOUZA
24 + 7 = 31

2
PAULA SANJURJO
24 + 7 = 31

4
MARTA
24 + 6 = 30

4
SERGIO E UXÍA
24 + 6 = 30

4
SANDRA
24 + 6 = 30

4
XAQUÍN
24 + 6 = 30

4
NOEL
23 + 7 = 30

9
SERGIO LOUREIRO
23 + 6 = 29

10
JULIÁN
22

10
TOMÁS
22

12
FRAN
17

13
LUCA
16

14
NEREA
7

luns, 13 de abril de 2015

NOVA RECEITA NO COLEXIO

Hoxe probamos as "Lentellas" coa receita que nos trouxo Antía.
QUE BOAS ESTABAN!
Non vos esquezades de votar.

xoves, 9 de abril de 2015

Agradecemento de GLORR Campaña de recollida de roupa

Carta recibida no correo do centro:

Estimados padres, alumnos y profesores.
Una vez más, todo el personal de GLORR Fundación quiere agradeceros 
la colaboración recibida en esta campaña de primavera, en la recogida de
 ropa y calzado efectuada en vuestro centro educativo.
Nos habéis facilitado la difusión de la campaña, el reparto de las bolsas y
 la recogida de la misma situando las bolsas en un lugar de fácil acceso.
Este curso 2014-2015 hemos podido entregar ayudas a través de los 
Centros Educativos y Servicios Sociales a los más necesitados, que son 
nuestros menores.
Seguimos recibiendo muchas peticiones de ayudas, desearíamos  seguir
 contando con vuestra colaboración en las próximas campañas para poder 
cumplir con los objetivos que nos hemos marcado  y así ayudar a los niñ@s
 y familias que lo están pasando realmente mal en nuestro país.
Asimismo, os invitamos a visitar nuestra página www.glorr.org, para conocer 
otros proyectos y facilitar la labor de los centros educativos, alumnos,
 profesores y docentes.

Reciban un cordial saludo,
Tel. 938 04 45 12 - 938 03 94 67 - 622 13 40 40
  

mércores, 8 de abril de 2015

Xa temos gañadores do concurso de Chistín.


GAÑANDORA FINALISTA  CONCURSO DE CHISTES: PAULA GARCÍA SANJURJO DE 5º

CHISTE 5: PAULA SANJURJO 5º

Chega Pepito á escola chorando e pregúntalle a mestra:
- Que che pasou Pepito?
- Roubáronme mestra !
- Ai Deus meuu... e que che roubaron ??
- Os deberes.


GAÑADORA FINALISTA CONCURSO DE ADIVIÑAS: LIDIA RICO GOTTI DE INFANTIL

Mi mamá fue mariposa,
yo soy su hijo pequeño,
como hojas de morera
y hago un capullo de seda.



FELICIDADES

OS SELFIES DE MODESTINA (ROLDA 6)

Boas familias!!!

Aquí está de novo Modestina para continuar co gran reto dos selfies. As clasificacións e respostas da anterior rolda serán subidas ao blogue en días próximos (a pobriña de Modestina non da mirado tanta fotografía...) pero para que vaiades investigando un pouco aquí está unha nova rolda!

Tamén queremos informar de que está é a penúltima rolda do concurso así que... A POR TODAS!!!

Xa sabedes, 3 selfies e as respostas...

DATA DE ENTREGA: 4 MAIO

A BUSCAR...


1.- En que parroquia do noso concello está situado o banco no que descansa Modestina?
2.- Que hai detrás da parede que se ve na foto? Que se pode facer nese lugar?



1.- En que parroquia se atopa agora Modestina?
2.- Que é o que Modestina estaría a facer nese lugar? (o uso máis habitual do lugar)



1.- Que construcción se ve detrás da nosa tartaruga?
2.- Baixo que árbore descansa?




CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER...

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA ROLDA 5



EQUIPO
PUNTOS ROLDA5
TOTAL PUNTOS
1
STARTS
13,5 73
2
LOS GOLEADORES
10 61,5
3
PLANETA DE LAS CHICAS
12 59,5
4
BEST FRIENDS
10,5 56,5
5
LAS MACHITAS
10 56
6
LOS CRACKS
0 14


As respostas desta rolda eran moi variadas e con moitas distintas acepcións, xa que se trataba de buscar libros na biblioteca. Por ese motivo Modestina non vai subir as respostas ao blogue, pero podedes consultarlle os vosos erros.

Saúdos e a pola seguinte!

martes, 7 de abril de 2015

MODESTINA QUERE SABER... ROLDA 6


MODESTINA ESTÁ ENCANTADA DE QUE ESTIVERADES POLA BIBLIOTECA BUSCANDO E BUSCANDO, POLO QUE PROPÓN UNHA NOVA ROLDA PARA FACER DENTRO DA BIBLIO...

DATA DE ENTREGA: 4  DE MAIO

TEDES QUE BUSCAR UN LIBRO QUE.... (un libro en cada resposta, anotando o título que se pide)

1.- O seu autor/a estivese no noso cole algunha vez.

2.- Teña como protagonista a Carmela (preguntade aos máis peques...).

3.- O seu título teña dous verbos polo menos.

4.- Conteña a palabra "Moeche" na súa portada.

5.- Teña como protagonista un obxecto.

6.- Obtivese o premio "Merlín".

7.- Que sexa dunha editorial galega.

8.- Que o tema principal sexan os deportes.

9.- O seu autor/a sexa galego.

10.- O autor/a e ilustrador sexan a mesma persoa.

11.- Escrito por dous irmáns.

12.- Sexa dunha antigüedade maior que 50 anos (a súa primeira edición).

13.- O seu autor/a sexa, ou fose, mestre/a tamén.

14.- Se comprara no presente curso na biblioteca de Modestina.

15.- Que leran na clase de infantil de Esther ou Begoña este ano.

AGASALLO PARA O DÍA DO PAI:

Cada ciclo de primaria fixo unha manualidade artesán para regalarlle so seu pai ou persoa máis querida.
Os nenos e nenas de 1º e 2º mandaron un certificado de mellor pai por vía aérea como podedes ver nestas fotos.

Os de 3º e 4º elaboraron un portarretratos cunha foto deles e seu pai.


Por último os maiores de 5º e 6º fixeron unhas pulseras de coiro moi orixinais. Tamén fixeron eles mesmos unhas caixiñas xoieiro para metelas dentro. A ver se vos gustan.