martes, 30 de decembro de 2014

O nadal

Este ano fixemos postais con botóns, papeis, cintas batonciños dos oídos... Aquí tedes as fotos.



Tamén montamos no corredor da planta baixa o Belén.


E véu Papa Noel que non podía faltar para recoller as nosas peticións e darnos algunha larpeirada








mércores, 17 de decembro de 2014

OS SELFIES DE MODESTINA, ROLDA 3!!!

Boas de novo familias!!! Espero que o esteades pasando ben de excursión buscando os selfies que propón Modestina. Como seguro que é así, seguimos cunha nova rolda. Non demoredes na entrega por favor.
Lembrade que a nosa tartaruga segue a buscar o selfie do ano! Que xa lle van gustando os primeiros: perrucas, xoguetes, mascotas... 
DATA LÍMITE DE ENTREGA O VENRES 23 DE XANEIRO.


1.- Onde está Modestina?
2.- Que días é imposible facer esta foto sen xente paseando polo lugar?


1.- Onde está Modestina?
2.- Para que se usaba esa excavación?


1.- Cal é a igrexa que sae por detrás?
2.- Como se chama a alta construcción que está a esquerda de Modestina?


SORTE!!!

ROLDA 3 MODESTINA QUERE SABER...

Unha nova rolda de preguntas, nos vos demoredes na entrega...
ENTREGA: VENRES 23 DE XANEIRO

1.- Xa chegou á biblio o último libro dos Megatoxos!!! Pero o que Modestina quere saber é como se chama?
2.- Onde foi tomada a fotografía?


3.- Ultimamente fálase moito do pequeno Nicolás, e vemos habitualmente a esa persoa na televisión. Pero a nosa tartaruga sabe que el non é o auténtico pequeno Nicolás, e non se refire a que, de novo, lle collese a identidade a outra persoa. O que Modestina quere saber é en que novela se basaron os medios de comunicación para poñerlle ese nome?
4.- "El gran libro de los guerreros" é unha das novidades que está a ter éxito na biblioteca do cole, nel podedes atopar moitas cousas interesantes sobre os vikingos, por exemplo. Queremos saber que usaban os vikingos que non eran ricos para vestirse en lugar de cota de malla?
5.- No mesmo libro podemos atopar cousas sobre Alejandro Magno. Na súa época había grandes batallas de numerosos soldados que se dispoñían en filas para atacar. Os primeiros da cada fila, para defenderse, blandían unha picas enormes de sete metros de lonxitude. Como se chamaban esas armas?
6.- Que representa o escudo da imaxe?





7.- Quen lideraba aos Irmandiños cando fixeron o asalto ao castelo?
8.- Quen tivo que fuxir debido a dito asalto?
9.- Xa sabedes que a Modestina gústanlle moito os deportes, por iso, nesta ocasión quere saber onde se realizarán os seguintes Xogos Olímpicos?
10.- Que representa a imaxe?









           

11.- Na biblioteca do cole temos un libro de visitas, cal foi a útlima firma? Que día?
12.- Ser músico é moi difícil, necesítase un bo oído. Con isto, a Modestina estrañoulle moito que un músico puidese ser xordo...
Que famoso músico foi xordo gran parte da súa vida?
13.- Hai pouco tivemos no centro un gran concerto musical, que ben o pasamos!!! Pero o que a tartaruga quere saber é de que estilo de música se trataba?
14.- Quen comezou a usar isto?

 
15.- Una dúbida que lle asalta a Modestina é: se nacemos con 300 ósos, por que ao morrer temos 206?

EXTRA: xogo de palillos. Preguntade na biblioteca.

venres, 12 de decembro de 2014

TRAILER OBRA DE TEATRO 3º CICLO

Xa está aquí. Un pequeno avance da obra de teatro que representaran o venres o nenos/as de 3º ciclo...
"O que non pasa en Moeche non pasa en ninghún sitio"


GUÍA DE NADAL

Xa podedes descargar a guía de recomendacións lectoras de Modestina para o Nadal:



martes, 9 de decembro de 2014

mércores, 3 de decembro de 2014

3rd and 4th courses

THE BEATLES with the song ALL TOGETHER NOW.


martes, 2 de decembro de 2014