martes, 28 de xaneiro de 2014

PRESENTACIÓN FEITA POLOS NEN@S

O outro o profe prantexaba unha actividade extra que consistía en facer un powerpoint sobre algo que nós quixeramos compartir cos compañeiros. Algún valente atreveuse con iso, vexamos os resultados:

Elías ofreceunos unha lección explicativa de máximo común divisor e mínimo común múltiplo:

PRESENTACIÓN ELIAS

Loureiro quixo que coñeceramos un pouco máis do noso castelo...

PRESENTACIÓN LOUREIRO

Tania fixo un resumo de tódolos temas que demos en Lingua Galega:

PRESENTACIÓN TANIA

Diego tentou sorprendernos cunha explicación de Lingua Galega:

PRESENTACIÓN DIEGO

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

 

Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo estivemos a traballar catro personaxes no Día da Paz. Por parellas elaboramos unha investigación sobre os mesmos. Despois fixemos unha "Caza do tesouro" de cada un deles para que poidades facela o resto do cole.
Clicade nos enlaces para ver a actividade de cada un dos personaxes. Esperemos que vos gusten!

TERESA DE CALCUTA

GANDHI

MARTIN LUTHER KING

NELSON MANDELA

luns, 27 de xaneiro de 2014

CARREIRA CEDEIRA 2014

Como tódolos anos, fomos correr a Cedeira. Pasámolo moi ben, estamos feitos uns/unhas atletas, xa que corrimos moita distancia e tod@s completamos a carreira. Deixamos algunhas fotos do día!


CLICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS


sábado, 18 de xaneiro de 2014

3ª Categoría do concurso de chistes:Chistes curtos.

ATENCIÓN:ULTIMOS DÍAS DA 3º CATEGORÍA DE CHISTES Esta fase remata o venres día 31 de xaneiro. Aproveitada para meter chistes e concursar. CHISTÍN. Ábrese un novo prazo para a presentación de chistes. Comenzamos coa 3ª categoría de chistes: "chistes curtos". 

Chistín:

Nunha familia de caníbales, a nena di:
- Mamá, mamá, non me gusta o meu imán.
- Pois apártao e segue comendo.

Gañador da 2ª categoría de chistes.

Xa temos gañador da 2° categoría do concurso de chistes.
O gañador é Tomas de 5anos de educación infantil. Noraboa!!!!

venres, 17 de xaneiro de 2014

CINE EXIPCIOS

Como non podía ser de outra maneira VOLVEN OS VENRES DE CINE!!!

Esta semana tocaba a quenda do continente dos nenos e nenas do segundo ciclo de Primaria: África. Polo que Modesitna decidiu escoller un vídeo sobre a cultura exipcia, nel puidemos aprender moitas cousas sobre como facían as pirámides, os faraóns...

Modestina quedou moi contenta, xa que os nen@s quixeron collela en brazos incluso para ver a peli.

Para o venres seguinte veremos unha peli de Oceanía, convidamos a que todo o alumnado asista!!!

Deixo unhas fotos da sesión:






xoves, 16 de xaneiro de 2014

LIGAS DE XOGOS POPULARES



Como xa sabedes para a semana seguinte temos previsto comezar coa liga de xogos populares no recreo. Apúntate. O lunes comunico os equipos!


ACTIVIDADES PARA 6º

Deixo unha serie de enlaces que espero que vos sirvan de axuda para traballar os temas.

COÑECEMENTO DO MEDIO

Masa, volume e densidade

Separar mesturas

Cambios na materia

MATE

Sumas y restas con fracciones

Más de sumas y restas

Multiplicación de fracciones

División de fracciones

LINGUA GALEGA

Vocabulario de xogos

Sobre substantivos

Verbos regulares e irregulares



ACTIVIDADES 5º

Deixo as actividades do tema 6 para facer. Espero que sexan de axuda:

COÑECEMENTO DO MEDIO

Para aprender un pouco máis sobre os planetas

Clica na imaxe de abaixo para saber máis sobre os planetas.



MATE

Los números decimales

Representación de números decimales

Comparación de números decimales

LINGUA GALEGA

Vocabulario

Morfemas e lexemas

Os artigos

Puntuación

Ortografía


Juego de geografía en plástica

Mapa de Europa

Mapa de Asia

Mapa de Africa

Mapa de América

Aquí vos deixo uns xogos para que practiques os mapa dos continentes. Cada nivel pode practicar o que lle corresponde. Intentádeo e contade o que vos pareceu.

CLASIFICACIÓN

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA TERCEIRA PROBA
POSICIÓN EQUIPO PUNTOS FOLLA 3 TOTAL DE PUNTOS
1
STARTS 13,5 + 2 40,5
2
CLUB 3º 12,5 39,5
3
MODESTINAS 14 36,5
4
EL DÚO GANADOR 11,5 34,5
5
LOS ARRASADORES 12,5 34,5
6
STARTS FINISH 10 32,5
7
MOECHE 10 18
8
MADRILEÑOS 0 13,5




RESPOSTAS ROLDA 3

Velaí van:

1.- O libro que podíades ver na portada era “Mitoloxía de Galicia” que está nunha estantería da biblioteca.
2.- Claro está, que o cartel tiña un grave erro de ortografía: “bienvenidos” sería a opción correcta.
3.- O volcán máis grande do mundo xa non é o Mauna Loa, ollade:


Se mirades nesta web comprobaredes que non sempre a Wikipedia está de todo actualizada...
4.- A persoa que leu o último pregón no Festival Irmandiño foi Javier Gutiérrez, popular actor galego que protagonizou series coñecidas como Águila Roja ou Los Serrano.
5.- Harrison cometeu un gran erro, vaia se o cometeu! Vendeu un gran tesouro por soamente 10 libras, puidendo vendelo por millóns e facerse millonario!
6.- Victor Lustig e Daniel Collins non soamente conseguiron vender a Torre Eiffel, senón que o fixeron en dúas ocasións!!!
7.- Trátase da bandeira de Tanzania.
8.- Jack Sparrow é moi trapalleiro, mira que colarse na Gioconda...
9.- Estamos a traballar no centro 5 dos continentes, deixando un pouco olvidado a Antártida. Quen nos vería disfrazados de pengüíns no Entroido...
10.- Modestina está moi contenta de que moitas das parellas conseguirades adiviñar que no foto se representaba un pedazo de monumento que hai na Plaza Roja de Moscú (Rusia).
11.- A parroquia menos poboada do noso Concello, se mirarades nos libros de fondo local era Santa Cruz.
12.- Na zona de Trives tamén teñen Apalpador, só que eles chámanlle O Pandigueiro.
13.- Todas e cada unha das cidades nomeadas na lista eran atravesadas polo Camiño Francés de Santiago.
14.- Martiño tiña ganas de mexar na noite de Reis. Que sorte os alumnos/as da profe Sonia que levastedes unha gran pista na aula...
15.- Era un acertixo moi complicado, pero finalmente dúas parellas conseguiron resolvelo. Noraboa a Tania, Sameira, Irene, Lucía e Paula Sanjurjo que foron as que máis se comeron o “coco” e resolveron que era 4. Fixádevos en que ao lado de cada número existe outro que representa o número de letras da cifra que ten ao lado.

mércores, 15 de xaneiro de 2014

ROLDA 4

Boas amig@s!!!
Aquí está Modestina de novo con moitos retos para todos e todas. Estades preparados???
1.- Cal é a colección máis exitosa de Anxo Fariña que temos na biblio? PISTA: alecrín.
2.- YET ANOTHER HIERICHAL OFFICIOUS ORACLE. Pero nos o coñecemos con outro nome, cal?
3.- Modestina está sorprendida con este símbolo, disque se utiliza moito, pero non sabe a que corresponde, podes axudala?

4.- Hai pouquiño que un neno entrou na biblioteca e trouxo un armario novo!!! De que neno estamos a falar?
5.- Modestina quere saber cantas badaladas dá o reloxo de Eiranova?
6.- O outro día a nosa tartaruga participou nunha carreira. Abel animábaa desde a grada e iso provocou que Modestina fixera un último gran esforzo para adiantar na recta final ao 2º clasificado, de que quedou Modestina?
7.- Imos a traducir, saberías decirme, en galego, que quere dicir, exactamente, isto?
I'm 01100110 01100101 01100101 01101100 01101001 01101110 01100111 00100000 01101100 01110101 01100011 01101011 01111001 00001010
8.- Que monumento sae na foto? Poderías entrar con zapatos?

9.- A rolda pasada falamos do continente da Antártida, e a verdade e que ten un montón de cousas interesantes. Por exemplo, sabedes que hai un invertebrado de tamaño colosal nas súas augas? Cal será?
10.- Saray, ademais de ser unha compañeira da clase de 2º, tamén é unha importante cidade que se encontra en ____________. Dito país se atopa no continente de  _______________.
11.- Esta semana tocou a entrega do balón de ouro, e tod@s vimos a Cristiano Ronaldo recolléndoo entre lágrimas. Falando de balón de ouro, Abel lle dixo a Modestina que unha vez este galardón o gañou unha araña, é certo? (Este Abel as veces ten unhas cousas... ou non?).
12.- A quen lle adican este ano as Letras Galegas?
13.- A que século pertence este castelo?

14.- Modestina quere saber... A que comarca pertence Moeche?
15.- Di que soamente é para xenios, así que a ver quen o fai...


EXTRA:  Consegue facer 9 acertos no seguinte xogo e sumarás dous puntos.

XOGO

martes, 14 de xaneiro de 2014

Cumpreanos Aitor

Os nen@s de 3-4 anos celebraron onte 13 de Xaneiro o CUMPREANOS do compañeiro Aitor. Agora xa ten 4, é maior. Así o celebramos e o pasamos:


 

luns, 13 de xaneiro de 2014

CHISTE GAÑADOR DA SEGUNDA CATEGORÍA

Os chistes seleccionados son os seguintes:

DIEGO:
Conversación entre Papa Noel e un reno:
E os outros renos?
Estan de folga.
E ti?
Servicios minimos.

NEREA:
¿Que tipo de coche lleva Papa Noel?
Un renol.

TOMÁS:
Na noiteboa,están dous nenos na cama.
De sùpeto oen un ruido. Un dos nenos di:
-Papá noe?
O outro neno di:
-Mamà tampouco.

HUGO:
 Un neno pregúntalle a seu pai:
-Papá, que me vas regalar este ano?
E o pai contesta:
-Que che regalei o ano pasado fillo?
E o neno di.
-Un globo.
E o pai ben ilusionado dille:
-Pois este ano inflocho.


PODES VOTAR NA ENQUISA QUE HAI NA PÁXINA PRINCIPAL!

mércores, 8 de xaneiro de 2014

luns, 6 de xaneiro de 2014

TOMAS FALSAS



Como xa sabedes, as cousas do teatro levan consigo moito ensaio detrás, e así o fixeron os nenos e nenas do 3º ciclo, pero... o que tamén houbo foron moitos erros mentres ensaiaban a obra. Velaquí vos deixo un remix das mellores tomas falsas de "Amigos por sorpresa".

Clica no enlaces para acceder ao vídeo.

Tomas falsas

sábado, 4 de xaneiro de 2014

Postais de nadal

Aquí deixo as postais de nadal elaboradas na clase de plástica por se alguén se anima a facelas na casa. Se precisades axuda, sabedes que podedes pedirma. Intentádeo cos vosos pais e nais.
Postais 3º ciclo
Postais 2º ciclo

venres, 3 de xaneiro de 2014

Concerto "Zarzuela"

Este ano tivemos novamente un concerto dídáctico no colexio gracias á colaboración do Concello coa Deputación da Coruña. O concerto foi sobre a "Zarzuela". Previamente os nenos e nenas de 3º ciclo dende a clase de música, elaboraron no programa de software libre "Popplet" un traballo sobre este xénero musical e os compositores máis coñecidos: Tomás Bretón, Federico Chueca, Moreno, etc...
Este traballo todavía aparece nun enlace desta páxina de música por si alguén desexa consultalo.
Foi un concerto moi divertido e especialmente interesante ao tratarse dun xénero eminentemente español e de compositores do noso país.


Comezo das clases

Como se establece no calendario escolar deste curso, as clases reanudaranse o vindeiro xoves día 9 de xaneiro.

mércores, 1 de xaneiro de 2014

Visita de Papa Noel

O xoves día 19 de decembro véu ao colexio Papa Noel para visitar aos rapaces e aos Mestres. Recolleu as cartas que lle fixemos e agasallounos cuns carameliños e unhas larpeiradas.
Como non podía ser menos, despois de que os nenos e a as mestras de infantil fixeran un recuncho de nadal precioso cunha cheminea e todo, Papa Noel escolleu este lugar para esperar aos distintos cursos, que foron pasando polo seu lado para velo e falar con el.



Gañador do boneco de neve

Este ano no festival de nadal sorteamos un "boneco de neve" elaborado na clase de plástica polo nenos e nenas do 3º ciclo para sacar fondos para a excursión de fin de curso do colexio.
Aquí podedes ver a gañadora , a nai de Dani. Felicidades!!!