Seguindo cos actos sobre o mes da muller, colaborando co Concello de Moeche, o pasado mércores tivemos unha xornada moi especial. Convidamos as avoas do alumnado a pasar con nós unha divertida e enriquecedora mañá, onde elas trouxéronnos moita sabiduría e experiencia. Así foi que aprendemos a fiar, a cociñar unha deliciosa tarta, calcetamos e un grupo de avoas contáronnos como era a vida cando elas eran novas.
Queremos das as grazas a todas as participantes, e tamén ao Concello de Moeche.
Deixamos unha galería de fotografías para que vexades un resumo deste fermoso día.
FOTOS DÍA DAS AVOAS