sábado, 24 de febreiro de 2018

QUEIMA DA MECA

Debido as malas condicións climatolóxicas vímonos na obriga de aprazar para esta semana a tradicional Queima da Meca. A pobre Anacleta Turuleta pasou a mellor vida, non sen antes escoitar a lectura do testamento por parte do alumnado de 3º e 4º. Deixamos algunha foto:







venres, 23 de febreiro de 2018

1ª CATEGORÍA DE CHISTES: CHISTES DE TRÁFICO







CHISTE 1: ADRIÁN 3 ANOS

Vai un do Lepe conducindo por unha estrada sescundaria, cando ve un cartel que dicía:
"Curva perigosa á esquerda". Sen dubidalo... VIROU Á DEREITA!

CHISTE 2: OIHANE 4 ANOS

Falando de cousdas de tráfico; ¿Sabedes como se di "garda civil" en Holandés?
¡¡¡ VAN DE VERDE!!!

CHISTE 3: SERGIO 3 ANOS

Nun control de carretera, un axente pon unha multa a unha señora por levar o can sen cinturón de seguridade. A señora replícalle ao axente:¡Pero se é un peluche!
Contesta o axente: ¡ SEÑORA, A RAZA NON IMPORTA, SON 100 €!

CHISTE 4: HECTOR 4 ANOS

Un policía para a un borracho que vai ao volante
- Oiga, pero non véu vostede a frecha?
- Si home, NON VIN AOS INDIOS E VOU VER A FRECHA.

CHISTE 5: CANDELA 4 ANOS

Un home sáltase un semáforo a toda velocidade e párao un axente de tráfico:
- Non viu vostede que saltou un semáforo en vermello?
- Perdón, é que son daltónico
- E logo, NON HAI SEMÁFOROS EN "DALTONIA"?

CHISTE 6: JULIA 3 ANOS

Nun contro de tráfico están dous gardas e chega un paisano no seu coche.
- Bos  días, papeis.
- Bos días, tesoiras. GAÑO EU QUE AS TESOIRAS CORTAN OS PAPEIS.

CHISTE 7: NOA 5 ANOS

Chega un señor e dille ao taxista:
- Por favor, déixeme no semáforo.
E o taxista dille:
- EU DÉIXOO NA ESQUINA E VOSTEDE XA VERÁ COMO SUBE.

CHISTE 8 : ITZIAR 5 ANOS

Que lle di un semáforo a outro?NON TE POÑAS COLORADO!

CHISTE 9: MARÍA 5 ANOS

Que lle di un semáforo a outro? NON ME MIRES QUE ME ESTOU CAMBIANDO.

CHISTE 10: IRIA 5 ANOS

Que lle di un inodoro a un policía? NA CIDADE ERES MOI VALENTE PERO CANDO CHEGAS A MIN, CÁGASTE

CHISTE 11: NOA CANEIRO 5 ANOS

Ía un home conducindo, encende a radio e escoita:
"Hoxe un maníaco ía en sentido contrario pola autoestrada e non o puideron atrapar".
E despois di o home:
- QUE? UN? SON MILES.

CHISTE 12 : ANDRÉ 5 ANOS

Vai un señor conducindo o seu coche e párao a garda civil:
- Señor, acaba vostede de pasar un semáforo en vermello.
- Síntoo axente, é que eu son daltónico.
- E LOGO, EN DALTONIA NON HAI SEMAFOROS?

CHISTE 13: TOMÁS 4º

Que fai un policía de Lepe cunha serra na estrada?
CORTAR O TRÁFICO.

CHISTE 14: ITZIAR 5 ANOS

Que lle di un semáforo a outro?
NON ME MIRES QUE ME POÑO COLORADO

CHISTE 15: OSCAR 5 ANOS

Durante o exame do permiso de conducir.
- Señorita, dígame que é iso e para que serve?- pregúntalle o oficial sinalando o parabrisas.
- Iso é o limpaparabrisas e serve... PARA QUE CHE DEIXEN AS MULTAS.

CHISTE 16: JOSUÉ 3 ANOS

 Unha rapaza regresa á casa tras o exame de conducir:
- Como che foi? pregúntalle súa nai.
- Ben, eu diría que moi ben
- E que che dixo o examinador?
-HUMM.. ESTÁ NO HOSPITAL EN ESTADO DE SHOCK.

CHISTE 17: JOSUÉ 3 ANOS

- ALTO! Saltouse o semáforo en roxo. Teño que poñerlle unha multa. Dígame o seu nome
- JOSETXU DE URRUTSOMEGASALEÑA Y MOGORZLLU DE GURRUCHA.
- Bueno por esta vez, pase pero que non se repita.

CHISTE 18: CAROLINA 5 ANOS

Pasa un coche a 100km/h e dille un policía ao outro:
-Ese non é ao que lle quitamos o carné?
- Si, é ese, imos a por el!
Paran ao home do coche e pregúntanlle:
- E o carné?
- NON ME FASTIDIEN, XA MO PERDERON!

CHISTE 19: ALEX 5 ANOS

- É ahí a garda civil?
- Sí, dígame
- É que hai dúas mulleres pelexando por min.
- E que ten iso de malo?
- POIS QUE VAI GAÑANDO A FEA.
- ENSEGUIDA IMOS!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018-2019


A Solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos: 
DO 1 ao 20 de MARZO de 2018, ambos incluídos.
ORDE DO 25 XANEIRO DE 2017(DOG) 
Podedes descargar aquí o impreso de solicitude. De todos xeitos se alguén non poidera facel, dende o centro facilitarase o mesmo.
ANEXO II


A documentación que se debe presentar: 
 
·     Anexo II(da orde anterior)
·     DNI pai/nai e alumno/a(se o ten)
·     Cartilla sanidade do neno e pai/nai(do proxenitor co que esté)
·     2 fotos tamaño carné
·     Certificado médico de vacinación
·     Fotocopia cartilla de vacinas
·     Documento de minusvalía, se é o caso.

 

mércores, 21 de febreiro de 2018

XA TEMOS O 1º FINALISTA DE CHISTÍN


O gañador desta categoría "Chistes de tráfico" é DANI MORENO CABRERA de 5º.
Noraboa!!!





DO 21 DE FEBREIRO ATA O 2 DE MARZO PODEDES TRAER CHISTES DESTA CATEGORÍA



luns, 19 de febreiro de 2018

CONCURSO DE CHISTES:"CHISTÍN"

Xa está aquí de novo o noso CHISTÏN.
A partires do día 21 deste mes, xa  podedes mirar no corcho do colexio ou ben aquí no blogue a 1ª categoría de chistes. Debedes coller unha ou máis nubes no taboleiro e escribir cantos máis chistes mellor. Lembrade que un chiste en cada nube.
O gañador/a de cada categoría terá premio.
¡ VEÑA, A PARTICIPAR TODOS E TODAS!.

sábado, 10 de febreiro de 2018

domingo, 4 de febreiro de 2018

ACTIVIDADES SOBRE A PAZ


        Outra actividade  sobre a PAZ,  a lectura do libro: 

 





Sandra (6º curso de primaria) foi a encargada de ler este precioso conto a todos os nenos e nenas
do cole. Pero, antes de ler, os nenos e nenas de 5 anos (Educación Infantil)
fixeron un xogo, onde amosaron a historia do libro.
Se pinchades no vídeo, poderedes ver esta preciosa historia, que 
de seguro nos fai reflexionar a tod@s!!






 Algunhas actividades realizadas sobre a Paz dende a biblioteca do cole son as que seguen:

TODAS  AS  LETRAS  FALAN  DE  PAZ

Os alumnos do colexio buscaron palabras para as letras do alfabeto que falan sobre a PAZ.








Na semana adicada á Paz, os encargados da biblioteca, seleccionaron libros relacionados con diversos contidos sobre a Paz.






Nova exposición na Biblioteca do Cole.
Os encargados da biblioteca elexiron títulos de libros sobre a estación invernal!!

venres, 2 de febreiro de 2018

FOTOS DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Nesta semana, ademais de quentar motores para o Entroido realizamos moitas actividades no noso centro, deixamos algunhas fotografías das mesmas:

ANDAINA SOLIDARIA

Por terceiro ano consecutivo realizamos unha camiñada que rematou no concello. O fin da andaina era solidario xa que conseguimos 91 quilos de alimentos que o Concello de Moeche fará chegar á Cociña Económica de Ferrol...

FOTOS ANDAINA

CONVIVENCIA CO CEIP A BARQUEIRA

O pasado martes convidamos aos nosos veciñ@s e amig@s de Cerdido para compartir unha mañá de xogos, manualidades e teatro. Pasámolo xenial!

FOTOS CONVIVENCIA

SAÍDA A FERROL

O xoves collimos o autobús para visitar a cidade departamental, onde tivemos a oportunidade de realizar unha actividade na Fundación Abanca os máis peques e ver un espectáculo teatral da compañía Baobab no Jofre o resto...

FOTOS FERROL

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

Un ano máis, o alumnado de primaria participou nas xornadas de Campo a través organizadas pola plataforma de XOGADE. Nesta ocasión tocou queimar zapatilla nas terras de Valdoviño. Velaí unhas fotos do gran esforzo realizado polos nosos pequenos atletas!

FOTOS CARREIRA