venres, 30 de xuño de 2017

GALERÍAS DE FOTOS XUÑO

Neste enlace podedes ver as fotografías das últimas actividades que realizamos en xuño no centro. Tivemos varias que detallaremos a continuación:

VISITA DE ÁLVARO ILLOBRE


O Concello de Moeche ofreceunos a oportunidade de coñecer a Álvaro Illobre, deportista paralímpico cun palmarés envexable para calquera deportista. Un exemplo de esforzo e superación que, como el mesmo nos dixo: "Nunca deixes que che digan que non podes facer algo, esfórzate para conseguilo e chegará".

FOTOS ÁLVARO ILLOBRE



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Celebrado no centro coa colaboración do Concello, que regalou a cada alumno/a unha planta e os nenos leron un manifesto sobre o día.

GALERÍA DE FOTOS


EDUCACIÓN VIARIA

Dous membros de corporación municipais do Concello de Narón viñeron ao colexio, grazas a colaboración do noso concello, para explicar aos nenos e nenas a importancia de respetar a normas viarias, tanto desde o punto de vista dos peóns coma dos condutores.

FOTOS EDUCACIÓN VIARIA

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Comunícase a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2017-2018.
Os que desexen anotarse poderán pasar polo centro na vindeira semana de 11:00 a 12:00 horas ou a partir do día 1 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

mércores, 21 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE VERÁN





" SE QUEREDES AVENTURAS


 LANZÁDEVOS Á LECTURA" .




DISFRUTADE DO VERÁN,

SEN ESQUENCER

 QUE UN LIBRO

 É A MELLOR NAVE PARA VIAXAR.

BOAS  VACACIÓNS !!!



martes, 13 de xuño de 2017

CAMBIO MENÚ COMEDOR

Como xa sabedes, a excursión a Lugo estaba programada para o día 20 de xuño pero debido á folga autonómica do transporte, vímonos na obriga de adiantala ao día 13 deste mesmo mes. Polo tanto, o día 13 non haberá comedor e o menú que ía indicado para este día, servirase o día 20.

venres, 9 de xuño de 2017

AUTODECLARACIÓN COMEDORES ESCOLARES

Saiu publicada a Instrucción 4/2017 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de educación, do 30 de maio sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso 2017-2018.
As familias que desexen que os seus fillos sexan usuarios de comedor para o vindeiro curso, deberán entregar no centro educativo o modelo- impreso de autodeclaración de prezos públicos recollidos no anexo II desta instrucción, debidamente cumprimentado..
Este impreso fai referencia ao exercicio fiscal 2016.
MODELO ANEXO II

luns, 5 de xuño de 2017

IMOS Á FEIRA!!!



O vindeiro día 11 de xuño estaremos na feira de Moeche cos nenos/as vendendo materiais elaborados por eles mesmos/as para a recadación de fondos da excursión de fin de curso de todo o colexio.

Teremos diversas manualidades feitas polo alumnado e unhas camisetas (tódalas tallas) co debuxo e eslogan gañador do concurso para tal fin.

ANIMÁDEVOS A VIR E COMPARTIDE A NOTICIA PARA QUE TODO O MUNDO ASISTA!!!