Aquí tedes os chistes FINALISTAS da modalidade CHISTES CURTOS
XA PODEDES ESCOLLER O VOSO FAVORITO NA ENQUSA DO BLOG NA PÁXINA PRINCIPAL.
CHISTE DE UXÍA:
Nun enterro o señor que estaba dentro do ataúd empeza a gritar .
-Toc ,toc,toc !María María abre , abre que estou vivo !
Di María :
-Cala Manolo , non vas saber ti mais que o médico .
CHISTE DE XAQUÍN:
O alcalde dille ao secretario:
- Secretaria, secretaria o venres temos esa reunión tan importante.
O secretario responde:
- E venres escríbese con b ou v?.
- Eu que sei, mellor cambialo para o martes.
CHISTE DE ALBA:
Isto é unha granxa de porcos e di o granxeiro:
- Se vos portades ben, mañá lévovos ao cine.
E din os porcos: "HOY, HOY, HOY..."
-Non, hoxe non, mañá!!
CHISTE DE CAROLINA:
O profesor pregúntalle a un alumno:
- dime unha palabra que empece por "D"
e o alumno responde:
- Onte
- onte non empeza por D
- Como que non- responde o alumno, onte foi domingo.
Boas amig@s!
Un ano máis aquí estou para facer rir a todo o mundo. Iso si, tedes que axudarme! Nesta primeira semana tedes que contar chistes curtos. Animádevos e deixade o chiste coma un comentario neste mesmo post.
☺☺☺☺☺☺