mércores, 21 de decembro de 2016












  O EQUIPO DE   BIBLIOTECA  DESÉXAVOS  

UN BO NADAL  E UN FELIZ ANO NOVO 2017.

Aquí vos deixamos  as recomendacións de lectura para este NADAL. Esperamos que sexa do voso agrado.







sábado, 17 de decembro de 2016

TRAILER DA OBRA DE TEATRO (5º e 6º)

Un ano máis, o festival de Nadal está a caer e, como xa é unha costume, aquí tedes o trailer da obra de teatro do máis maiores...

Algo está a ocorrer na TV de Saray, e ela volo quere contar. Presentamos "TELEBURRADAS"

No trailer falta un alumno, xa que non asistiu ese día ao cole, pero tamén participa na obra...




Da mesma maneira subimos un pequeno "Mannequin Challenge" que xurdiu dun ensaio (no cal faltaban dous alumnos/as).




martes, 13 de decembro de 2016

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL...

O Nadal xa está á volta da esquina e no cole xa estamos cambiando o noso aspecto para a ocasión. Deixamos unhas fotografías para que vexades que bonito o temos coas obras de arte dos nen@s, familias e mestres/as...


NA ENTRADA DO CENTRO TEMOS ESTA PRECIOSA MESA DECORADA CON MOTIVOS DE NADAL. COIDADO, OS RENOS VIXIAN MOI ATENTOS...


FERMOSA ÁRBORE DE NADAL CON ANXELIÑOS VOANDO AO SEU REDOR, FEITO NA AULA DE PLÁSTICA POLO ALUMNADO DO CENTRO, XUNTO COA SÚA MESTRA.


A ÁRBORE DAS FAMILIAS, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS MESMAS, TEN ESTE ESTUPENDO ASPECTO


MODESTINA FOI "RODEADA" DESTAS BÓLAS FEITAS POLOS PEQUES...


UN "SNOWMAN" VIXIA A NOSA BIBLIOTECA NESTAS DATAS


AQUÍ TEMOS A DÚAS VOLUNTARIAS TRABALLANDO NUNHA ZONA DE EXPOSICIÓN DE CONTOS DE NADAL. NOS VINDEIROS DÍAS SUBIREMOS AO BLOGUE AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS.


POR SUPOSTO, MODESTINA SEGUE "GOBERNANDO" O TEMA DOS MELLORES CONTOS


ZONA DE EXPOSICIÓN EXTERIOR Á BIBLIOTECA


ESTA ÁRBORE FOI ELABORADA POR TODOS/AS OS NENOS/AS DO COLE QUE, POÑENDO MOITO ESFORZO, CONSEGUIRON QUE AS PERSONALIZADAS BÓLAS LUCISEN UNHA FERMOSA MENSAXE POSITIVA. SE PASADES POLO CENTRO NESTES DÍAS, NON DUBIDEDES EN IR OLLAR ESTA GRAN OBRA DE ARTE...


POR ÚLTIMO PODEMOS VER COMO TEÑEN A SÚA ENTRADA OS MÁIS PEQUENOS (DE ALTURA) DO CENTRO. NO SAN RAMÓN COMEZAMOS RÁPIDO A SER ARTISTAS