xoves, 28 de abril de 2016

ACTIVIDADES MES DO LIBRO

Na semana da celebración do Día do Libro fixemos moitas actividades: veu Iago López a contarnos o conto de "Feliz Feroz", no cal pasamos un rato moi divertido, Elena e Maura (mamás de Xaquín , Noa e Antía) tamén quixeron colaborar contando un conto aos máis peques da casa, fixemos un apadriñamento lector de maiores a pequenos e unha gran xincana lecto-deportiva.

Pasámolo xenial!!!


martes, 12 de abril de 2016

luns, 11 de abril de 2016

A CIRCULACIÓN DO SANGUE:  A circulación pulmonar e a circulación xeral.


SISTEMA CIRCULARIO.

Escoita, observa e aprende.


VÍDEO SOBRE AS ETAPAS DA HISTORIA.

APRENDE

VIAXE A TRAVÉS DA HISTORIA.



xoves, 7 de abril de 2016

ROLDA 5 MODESTINA QUERE SABER...




XOGO DOS LOGOS!!!

Nesta rolda tedes que investigar sobre logo moi olímpicos. Nunha primeira parte deberedes adiviñar a que deporte corresponde cada figura e no segundo axudar a Modestina cun erro que tivo: e é que puxo os números enriba dos logos dalgúns Xogos Olímpicos, cales?

PUNTOS EXTRA:

- A primeira das entregas terá un punto extra.
- De novo, xogo do aforcado. Se queres un punto extra anímate a xogar con nós á biblioteca. Abel dárache un misterio a resolver....
- Tamén recibirá un punto extra o primeiro equipo que consiga traerlle a Modestina un autógrafo da ACTUAL campiona de 50 metros lisos na CATEGORÍA FEMENINA ABSOLUTA, de Galicia.


DATA ENTREGA: 2 DE MAIO (LÍMITE)

mércores, 6 de abril de 2016

RESPOSTAS E CLASIFICACIÓN DE MODESTINA QUERE SABER... TRALA ROLDA 4

As respostas eran...

1.- Fermín Cacho.
2.- Usain Bolt.
3.- Nadia Comaneci.
4.- Jesús Carballo.
5.- Mascota olímpica de Los Ángeles 1984.
6.- Javier Gómez Noya.
7.- Spyridon Samaras.
8.- Pierre de Cobertain.


CLASIFICACIÓN:


POSTO
EQUIPO
PUNTOS ROLDA 4
TOTAL PUNTOS
1 LOS VENGADORES 8 + 3 32
2 STARTS INSUPERABLES 7 + 1 27,5
3 OS FERROJANCHOS 8 26
4            LAS ROCKERAS  7 25,5
5 STARTS 6 19,5

venres, 1 de abril de 2016

RESPOSTAS E CLAFISICACIÓN "OS SELFIES DE MODESTINA" TRALA ROLDA 4

Deixamos as repostas dos selfies despois da cuarta rolda e tamén a clasificación:

SELFIE 1:

Modestina atópase no Centro Cultural e Recreativo de Abade e está cansada de xogar ao tenis. Xusto ao lado pode practicar tamén o padel, xa que hai unha pista.

SELFIE 2:

A nosa mascota está esperando ao tren no lugar dos Castros, en Labacengos. A construccións sobre a que espera é unha ponte romana.

SELFIE 3:

OLLO  AO DATO, xa que houbo variedade de respostas aquí...

Modestina está no Cruceiro de Santa Cruz, na parroquia co mesmo nome. Ao seu lado está a igrexa de dita parroquia.
A pista clave para diferenciar entre cruceiros era o tendido eléctrico que se ve na fotografía. Asemade tamén nos podíamos axudar da árbore ou das múltiples marcas que ten dito cruceiro.


PUNTO EXTRA DESTA ROLDA (SELFIE MÁIS NUMEROSO) É PARA....


FAMILIA DE LUCÍA + PAULA!!! Retratando nada máis nin nada menos que a 20 persoas!!!



QUEREMOS DAR TAMÉN A NORABOA AS FAMILIAS DE CARLOS E UXÍA QUE TAMÉN CONSEGUIRON RETRATAR A MOITAS PERSOAS NOS SEUS SELFIES.


CLASIFICACIÓN DESPOIS DA ROLDA 4:

POSTO
FAMILIA
PUNTOS ROLDA4
EXTRA
TOTAL PUNTOS
1 CARLOS 6
25
1 UXÍA 6
25
3 LUCÍA + PAULA 6 + 1 23
3 NOEL 6
23
5 MARTA 4
22
5 SANDRA 4
22
5 XAQUÍN 4
22
8 ALEX 4
20
9 JULIÁN 0
18