Nos días pasados houbo moito movemento no cole, xa que fixemos moitas actividades:
EXCURSIÓN A FERROL
Na cal visitamos o Tercio do Norte para escoitar un gran concerto dos músicos da súa banda que nos ofreceron moitas cancións e ademais puidemos coñecer os seus instrumentos, tocar algún deles e incluso dirixir esa orquesta.
Despois deste evento musical fomos a Exponav, onde visitamos o museo e fixemos unha gran busca do tesouro polas súas instalacións coñecendo a historia dos seus barcos, as súas partes e, por suposto, disfrutar do apreciado tesouro da pirata Alba.
CARREIRA EN MAÑÓN
Seguindo co noso proxecto deportista do presente curso decidímonos a marchar (os cursos de 2º a 6º de Primaria) para Mañón a participar nunha carreira de "campo a través" con nenos/as doutros centros. Foi unha boa experiencia na cal o pasamos xenial, aínda que chegamos algo cansos de tanto correr...
DÍA DE ROSALÍA
Esta actividade estaba prevista facela no Concello pero, debido ao mal tempo, en lugar de ir nós cara o edificio municipal, viñeron Beatriz e Pilar a pasar un rato con nós, desfrutar das poesías que os nenos/as leron ante todo o público asistente e falar sobre Rosalía, conmerando o seu día.
A actividade rematou cun agasallo que realizou o Concello de Moeche aos nenos/as da nosa escola, consistente nunha bonita flor e un marcapáxinas da homenaxeada.
FESTA
O grupo de 5º e 6º elaborou unha serie de contos, os cales decidiron contar aos seus amigos/as máis pequenos do cole, os de Infantil. Xa que ían vir a clase dos maiores aproveitamos para ensinarlles a facer unha casita de chocolate que logo merendaron e a xogar e bailar tod@s xunt@s.